Comprei unhas botas negras de tacón, estilo nai carca. E un radiador. E unha cama. E un reproductor de MP3. E Tokio Blues. Non sei se me gusta verme reflectida en Naoko, pero non atopo argumentos para negar o parecido. Asústame que alguén que non me coñecía descubrise en min trazos que nin eu misma vira. E asústame aínda máis intuir o futuro da personaxe.
Fun ao concerto de aninovo que celebraba a embaixada rusa en Mdd. Romanzas rusas en ruso... fermosísimas. Gustaríame mandarvos unha foto da mau do cantante acariñando o pé de micro. E outra da man esquerda do guitarrista (que terei eu coas maus esquerdas dos guitarristas). E outra máis das pinturas que hai nas paredes da embaixada. Invitoume E., unha curmá á que sempre dixeron que me parecía muito e á que non vira máis de tres veces na miña vida. Pode que nos parezamos. Encataríame que nos pareceramos.
Xa me mudei ao meu pisiño de 30 metros cadrados. Botaba (muito) en falta a intimidade. Agora boto (algo) en falta a familia. Nunca pasara tanto tempo seguido co meu abuelo (o materno, o paterno non o coñecín). Nin el comigo. Pónme algo triste pensar niso, no improbable que é que volvamos pasar nunca máis tanto tempo seguido xuntos. A semana que vén volve á casa. Gustaríame que nos virades por un furadiño darlles a paliza ás pijas do Corte Inglés...
Encántame o ruso. E o profesor de ruso. Non dun xeito romántico, entendédeme ben. Pero é que é unha das persoas máis raras (boas) que coñecín na miña vida. É absolutamente xenial: divertido, xeneroso, honesto e freak.
Encantaríame mandarvos pedaciños das conversas que me rodean na Academia. Algún comentario machista que deixa polas nubes ao xa mítico lo-miraaaaamos de xornalismo. Antonte case me vai mal da mala hostia que me subiu polas cóstas co comentario dun profesor. E coa resposta das mulleres que me rodeaban. Tamén vos mandaría algunha conversa interesante. E algunha información previlegiada. Non sei. Ás veces penso que todo isto sería moito mellor se tivese xeito de compartilo.
Levo dez horas e cuarto neste edificio. Must go.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment