4 Jan 2006
Sumo despedidas. Algunhas, quizais por ser as primeiras, fixéronseme algo máis costa arriba. Outras, varias veces repetidas, teñen un tinte de irrealidade que desconcerta. Unhas e outras vanme achegando á nova realidade. Bótolle un ollo a aquela guía que comprara (vai ti saber por que) nunha librería de segunda mau despois da última proba de acceso. Investigo en internet os prezos das habitacións en alquiler. Trazo rutas hipotéticas dende cada unha delas ata o máster. Mando o meu currículo a FNAC. Estreo a axenda que me regalou a doutora Fleishman nos meus 26 anotando aniversarios, algunhas datas importantes, teléfonos aos que recurrir cando me sinta soa na capital do imperio... E comezo (como xa fixera en Barcelona) a devecer polas visitas. Decídeme que viredes.
Teño que recuperar a Cortázar.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment