27 Apr 2006

4.27.2004

Para comezar

Paso de mensaxes meta-comunicativas, de declaracións de intencións, de definicións máis ou menos ambiguas do que será ou non este sitio... agárrome á barra de seguridade e dispóñome a goza-la primeira (e definitiva) costa abaixo.

posted by emereci at 11:29 AM

25 Apr 2006

25 de abril sempre

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena...

24 Apr 2006

Árbores que atrapan historias (I)

No Enblogs'06, entroutras cousas, descubrín que a relixión é unha das poucas materias sobre as que non son profundamente intransixente. Non creo na existencia de deus, pero respecto o valor que a súa figura ten para muita xente. De feito, nin sequera pensara nunca que ese puidera ser un tema de grandes diferenzas ideolóxicas. Outro tema é o uso que cada quen faga das súas crenzas. Ou, o que é peor, das crenzas dos demáis.
O xoves pola mañá, co regusto da última conversa da noite no padal, partín de novo para Valado City... mítico Freire, con parada en tódolos carballos do camiño, desta vez en excelente compaña. Despois do xantar e da ducha reconstituínte, a preparación do espectáculo de luz e de cor tívome ben entretida ata que, xa pola noite, coñecín a quen me viría confirmar que as crenzas non son as que marcan a diferenza.

Puigjane

Juan Antonio Puigjané é un activista a prol dos dereitos humanos arxentino, defensor dos pobres e da non-violencia activa... pero tamén é un fraile capuchino, firme crente da teoloxía da liberación. Foi un dos poucos curas que oficiaron misas polos desaparecidos durante a propia dictadura militar e foi o primeiro home que marchou xunto coas Madres de la Plaza de Mayo.
O 23 de xaneiro de 1989, uns 40 integrantes do Movimiento Todos por la Patria (MTP) decidiron atacar o rexemento de La Tablada, facéndose pasar por carapintadas -un grupo de militares que xa se tiña rebelado en ocasións anteriores-, para evitar que o propio rexemento se alzase contra o goberno de Alfonsín. Frei Antonio tivo noticias do ataque pola radio, tralo que se presentou voluntariamente ás autoriades policiais, dada a súa condición de dirixente do MTP. Foi detido, interrogado e torturado. No xuízo, por "crímenes en contra de la Ley de Defensa de la Democracia" empregáronse as súas crenzas relixiosas e sociopolíticas, para "probar su culpabilidad como coautor de 11 homicidios consumados, 12 homicidios en grado de tentativa y otros cargos". Foi condeado a 20 anos de cárcere, sen posibilidade de apelación.
O grupo de Amnistía en Valado City luitou 11 anos pola súa liberdade e a semana pasada, Antonio Puigjané pagounos unha visita. Escuitar a alguén así falar de política internacional é unha experiencia incríble.
Desperta, cunha frase encendida, as miñas dúbidas sobre a que a priori parece unha excelente noticia; sorrí beatífico, baixo a pucha do Che, cando lle mencionamos as nosas dúbidas sobre Fidel, como dicindo "perdónalos señor, no saben lo que hacen"; sonsácame as miñas filias e as miñas fobias; e pregúntame, finalmente, que fago en Madrid...
- Ay, hermanita - dime, baixiño, mentres me abraza - tenga cuidado, eso del comercio no es buena cosa...
- Ya - a resposta tipo sae como un resorte - pero siempre es bueno conocer al enemigo
- Sí - ri, tristeiro - supongo que sí...

18 Apr 2006

colin sudando
Unha, que se debe ao seu público

Escribo dende Barajas, mentres tomo un nestea e una caña de chocolate ao lado de Antón Reixa (quen, por certo, está tomando un sandwich vexetal e unha agua mineral... sanote sanote)... quen me ía dicir a min cando fedellei por primeira vez en internete, hai case dez anos, nun ciber insalubre da rúa nova nova compostelana, que ía acabar posteando vía wireless dende a cafetería-manosarribaestoesunatraco do aeroporto de Mdd... os supersónicos están aquí, xa volo decía eu.

Nuns minutos, embarco para Compostela, un caprichiño que me saiu por unha pasta, pero que ei gozar tanto como poda.

PD/ Eu, personalmente, prefíroo lavadiño, pero vaia...

17 Apr 2006

Yolanda Flores

Ver a esta tia e presentárseme Eve Harrington é todo un. Ten un relato breve, a que "ha sustituido a las presentadoras de distintos programas de Telecinco"... ou unha novela de seiscentas páxinas, aseghún.

PD/ Entraron buscando "fotos de colin farrell sudando".
Máis quixera eu...

Я должна изучать русский язык

A vontade by Quino

Xa estou de volta.
Non fixen nada (de nada) en toda a semana.
Teño que poñerme a estudiar.Xa.
Non sei se non precisarei que me piquen a vontade.

10 Apr 2006

Twisted & Sick

Mimosas

Son a que desfai a berros Y Sin Embargo te Quiero entre Láncara e O Incio. A que se caga de medo cunha crise asmática da mellor avoa do mundo. Son a que para o coche entre O Incio e o Oural para gravar a cor das mimosas nesa memoria visual que tantas veces lle serve de refuxio. A que fala toda a tarde sen parar, de tonterías, de superficialidades, para evitar que a madriña verbalice as bágoas que se lle veñen aos ollos cada vez que a afillada pasa unha tempada lonxe da casa. Canto che gusta andar polo mundo adiante e que pouco che gusta estar aquí. E non é verdade. Non tanto. Non só. Son á que lle encanta ir de viños e falar do divino e do humano ata que pechan os bares. A que pasea polas rúas empedradas de Valado City cunha bolsa de tronquitos de cola na man. A que non dá separado a tristeza da alegría cando o sobriño a ve chegar e berra o seu nome e se lle sube ó colo dun chimpo e lle bica a cara toda mentras lle pregunta sen parar Donde estabas, donde estabas, donde estabas. E son a que adora ós seus (mellores) amigos, os de ayer-hoy-mañana-y-siempre. Pero tamén son á que lle fai ilusión recibir sms dos do máster, asegurando que a botan en falta e que se acordan dela (Qué quierres?) mentres comen unhas racións regadas con albariño, ven a tele ou pasean entre as mimosas... Son á que se lle pasa pola cabeza poñer o cd do Curso completo de ruso entre Sarria e Lugo. E a lúa dálle unha nova dimensión ao amarelo das mimosas ao ritmo do xol-saxa-pa-saxé-i-saxal-suxki, xol-saxa-pa-saxé-i-saxal-suxki, xol-saxa-pa-saxé... Son a que baixa a garda do respecto e da razón e sinte na alma que o xornal de lugo y su provincia garde tanto talento no seu interior. A que se esconde da prudencia baixo a saba e fantasea sobre a posibilidade de, finalmente, pasar un aniño en Sao Paulo... Sao Paulo...

But I’m twisted & sick so that’s find with me

Untill I finish what I have to do
I can’t start doing what I should do
(before I do what I have to do
I’ll have to finish what should be done)

I’ll have to do this, I’ll have to say that
I’ll have to go beat out all of that crap
I’ll have to sit still, I’ll have to fulfill
Those stupid ideas they have about me

But I’m twisted & sick so that’s find with me

7 Apr 2006

Pst, pst, que chego, que chego

Mañá a estas horas, diormediante, andarei por Valado City.
Buscádeme nos bares.

2 Apr 2006

Republica
Por una España verdaderamente moderna, laica, culta, igualitaria, por su definitiva normalización democrática, y por el progreso armónico del bienestar de todos sus ciudadanos, hoy, setenta y cinco años después, queremos celebrar el 14 de abril de 1931, y proponer que esta fecha se celebre en lo sucesivo como un reconocimiento oficial a todos los ciudadanos españoles que lucharon activamente por la libertad, la justicia y la igualdad, valores comunes que tienen que seguir orientando la construcción democrática de la sociedad española.

Pracer culpable

American Splendor

Teño un supernotición que te cagas, son débil. Son a tía máis débil de todo sistema capitalista. Nunca chegarei a compatibilizar a xerencia dunha super-multinacional cunha "vida familiar plena", porque, segundo nos explicou o outro día Angels Barceló, para iso hai que ter un espírito de sacrificio de la hostia e eu son incapaz mesmo de algo tan básico como estudiar Fiscalidade Internacional sabendo que teño a man xoias como estas.
Eso si, é tan fácil facerme feliz...

1 Apr 2006

There's a world full of strangers out there

No matter how high you get
Or how low you go

There's one thing darling

You ought to know


B.B. King

Do artista que debuxa artistas, Corey Brandon Allen

Oitenta Xigas de (boa) música e (mellores) pelis achégame á felicidade. Sei que, se dou un paso máis, podería tocala e coas mans. O malo é que non me podo mover nin un milímetro, atada como estou ós apuntes do máster. Esta situación plantexa un problema de lóxica formal. Que é mellor, albiscar a felicidade e non alcanzala ou non vela en absoluto, podendo mesmo dubidar da súa existencia?

Para os ex-residentes na capital do imperio. Onte descubrín as terrazas da praza Olavide. Un oasis no medio do caos. E que pinchos de tortilla! Compartinos cun oficial do exército español. E o peor é que parecía un gran tipo.

Hai meses que non leo un libro por gusto. E morro por botarlle as maus a 1984.

Un compañeiro do máster recordoume hai uns minutos que "siempre es más fácil coquetear cuando no te juegas nada, cuando el no está libre de dolor". Unha desas máximas patéticas que dirixen a miña vida.

There's a world full of strangers out there
A world full of strangers

Beware

There's a world full of strangers out there

And if it gets too strange

Just come on home