tiernas y ajadas, besos, recuerdos.
¿Cómo están todos? Te echo de menos.
Cómo pasa el tiempo...
A semana pasada fixo seis meses que cheguei ao Santiago Austral, o ecuador desta aventura, e dende
a Academia escribíronme para recordarme que
chegarei a Compostela a finais de setembro. Setembro de 2007, xusto dez anos despois daquela primeira tarde na Carreira do Conde, sentadiña na cama do meu primeiro piso de aluguer, rodeada de roupa, de libros e de expectativas. Dez anos despois daquela
primeira película comentada a berros diante dun chocolate. Dez anos despois daquel primeiro día de clase, nunha aula vella luminosa e afumada na que por primeira vez nin coñecía nin era coñecida, na que por primeira vez en toda a miña vida podía reinventarme.
E reinventeime.
Reinventáronme.
Idéntica á de antes.
Seremos otros, seremos más viejos,
y cuando por fin me observe en tu espejo,
espero al menos que me reconozca,
me recuerde al que soy ahora.
E no momento exacto no que atravesaba o ecuador, este ecuador, recibín a visita
do outro Santiago neste Santiago Austral. As semanas previas foran duras, coa marcha de Blair tinguindo de soidade os nosos recunchos favoritos, coa morriña atacando duramente e coa convivencia 24h non-stop enchendo de presión unha ola na que xa non cabía un suspiro máis... Unha desas tempadas nas que un sorriso me custa un mundo... Ata que unha tarde co mellor cronista que tivo ten e terá o Festival de Ortigueira me deixou ben clariño que el sigue sendo un gran contador de historias... E que eu sigo tendo un aire á que saiu do molde orixinal.
Sobre la mesa botellas vacías,
qué sano es arrancarte esa risa,
y ahora cambiemos el mundo, amigo,
que tú ya has cambiado el mío.
E si, alguhas cervexas belgas de 10º e outras tantas horas de conversa máis tarde, rexurdín (de novo) das miñas cinsas.
Dábame medo voltar e non atopar o meu oco. Estades cambiando tod@s muito. Vodas, pisos, embarazos, oposicións, traballos. Onde encaixo eu? Vós seguistes o voso camiño e o meu acubillo quedou atrás. Cando chegue, un ano ou dez máis tarde, non haberá unha clase/cafetería á que ir cada mañá, non haberá un piso no que improvisar unha
new and improved doblaxe Al salir de Clase (non era difícil), non haberá un
Isla ao que voltar os sábados, non haberá unha Krocco's nin un Litmar...
Por non haber, non haberá nin ganas de que os haxa.
Sabedior cantas veces nos reinventamos nestes anos. E non sempre acabamos sendo idénticos. Supoño que medramos (para ben e para mal).
Catro días n
a zona máis árida do planeta, con
Eva Luna (e dúas amigas),
Thepablin e un
Alikense ensináronme, alomenos, tres cousas:
- O deserto é inmenso, abrázate, engólete e, ao final, agóbiate
- Non se pode barrer o deserto (e en consecuencia está cheo de merda)
- Todos nós somos un deserto, inmenso agobiante e suxo, ata que nos rodeamos de xente en cuxo espello observarnos
Si, somos diferentes, pero á nova Emereci encántalle o novo Alikense...
Volvería elixirvos, sen dúbida.
Resulta liberador.
Y en el futuro espero, compañero, hermanos,ser un buen tipo, no traicionaros.Que el vértigo pase y que en vuestras ventanasluzca el sol cada mañana.Pero basta de lamentos,brindemos, es el momento,que estamos todosy no falta casi nadie,que hay que apurarla noche que acaba de empezar.Vértigo, que el mundo pare,que corto se me hace el viaje.¿Me escucharás, me buscarás,cuando me pierday no señale el nortela estrella polar? *Espero que os que non compartiron comigo "as frías mañás na facultade" me saiban perdoar o acceso de melancolía
ismaelserraniana.
No comments:
Post a Comment