21 Aug 2007

Perú, antes de todo o demáis



Antes de todo o demáis, Perú parecérame un país apaixonantemente complicado, como a maior parte de Latinoamérica. Cravadas turísticas ineludibles (sobre todo na medida na que te achegues a Machupicchu), hoteis de prezo negociable (en realidade, no 99% das situacións, o prezo é negociable, un xogo continuo da oferta e da demanda), restaurantes exquisitos creativos cool cholopolitas e baratísimos, artesanía de tódalas castes e cores, muitas máis mulleres e nenos que homes na rúa, anciás ofrecendo a súa beleza ou a súa pobreza á cámara do turista por 25 céntimos de euro, mulleres tecendo mantas coas que cubriría a miña vida darriba'embaixo e, sobre todo, nenos. Antes de todo o demáis, Perú estaba cheo de nenos de cara sucia e roupa rechamante, nenos xogando á mariola no serán, nenos vendendo golosinas aos guiris cheos na madrugada, nenos ofrecendo á cámara do turista, por 25 céntimos de euro, os seus aloumiños aos canciños gatiños llamiñas que os acompañan. Cando o miraba, parecíame un país melancólico misterioso e precioso, cheo de xente preciosa e sorrinte, muito máis sorrinte e preciosa que a xente traxeada que me cruzo cada mañá na city santiaguina. Claro que, cando as miraba, antes de todo o demáis, tamén me encantaban as súas casas, esas casas de adobe e tella, coroadas por dous bois de barro, símbolo da boa sorte.

No comments:

Post a Comment