31 Jan 2008



Supoño que cando boto tanto tempo sen escribir tremedes de medo, que non de anticipación, ante o que está por chegar. Liñas e liñas de paranoias, pensaredes. E faredes ben. Canto menos tempo teño para escribir máis pensamentos posteables me invaden.

Nestos días quíxenvos falar de como busquei as nosas pegadas por Compostela. De como non as atopei. E de como supuxen que estarían debaixo das dos compostelanos, esa categoría poboacional tan propia desta cidade, composta polos estudantes que ao acabar a carreira atopan traballo ou parella ou as ganas de quedar e quedan. Co paso dos anos, os compostelanos sábeno todo sobre Compostela, a súa cultura e os seus protagonistas. É curioso como os membros deste grupo comezan envexando o nomadismo alleo, que eles chaman cosmopolitismo, e acaban desprezando a ausencia de localismo que leva implícito. E é curioso como o nómada comeza envexando o localismo compostelano e acaba matinando que todo na vida ten os seus máis e os seus menos.
Todo non se pode ter, que di meu pai.

Nestos días tamén vos quixen contar o efecto tranquilizador que ten en min a familia, esa rede de seguridade que tanto botei en falta naquelas carreteiras esteparias. Todo xunco debera ter unha familia como a miña, que o axudara a adquirir flexibilidade á hora de dobrar e forza á hora de volver poñerse en pé.

Unha noite bisbeivos ao oído cantísima ilusión me fixo que me escribira EL. E non debera, porque eu ben sei que non signfica nada. Pero évos así.

Muitas veces afoguei na gorxa as ganas de berrarvos. Unhas, pedindo axuda. Outras, agradecéndovos que ma derades sen pedila.

Finalmente, mándovos esa imaxe, un serán de mazá asada e arroz con leite en Oleiros, que seguiu a un día de meco materno e precedeu unha noite de reencontros en Valado City. En pouco máis de 48 horas marcho para A Habana, levo esta imaxe na retina para volver a ela cando o xunco ande falto de flexibilidade.

21 Jan 2008

Aunque los vientos de la vida soplen fuerte

soy como el junco que se dobla
pero siempre sigue
en pie*





Semana horribilísima. Sen durmir. Sen comer. Sen saír. Sen vivir. E total para nada, que é o que máis jode, para sumar críticas atorantes e para cometer, alomenos, unha cagada espectacular. Xogo mil veces ao día coa idea de recuar. Prefiro darme por vencida a seguir así. Pero sei que non podo.
Ademáis do muito que lle doia á miña pel endurecida a ferro, esta é unha derrota que afecta a máis xente. Xente na que non confío, que non me ten confianza, pero que deixa a súa propia pel endurecida a ferro neste asunto. Aparco os meus desexos nalgún recuncho das tripas. Recuo de recuar. Recados familiares e obrigas de vello engaden presión e acabo perdendo completamente a paciencia, a fame, o sono e a festa. Cagho-no-mundo. Cambieina por unha tarde de sobriñeo compulsivo, un chute de ibuprofeno e un drama. Síntoo, Besbe e Ghanito. Terá que ser para a próxima. Prometido. Pode ser esta mesma semana, á fin e ao cabo...

Resistiré erguido frente a todo
Me volveré de hierro para endurecer la piel
Y aunque los vientos de la vida soplen fuerte
Soy como el junco que se dobla
pero siempre
sigue en pie

* Quen me ía dicir a min que acabaría citando ao Dúo Dinámico. Cousas veredes.

15 Jan 2008

Emerecindo desde Galicia


A foto é de Xaimex. Tén muitas. E mui chulas

Ando dándolle voltas á idea de establecer un campamento provisional aí ao lado para as visitas castelanparlantes.


Teño ganas de escrivirvos a miña crónica, pero fáltanme a ocasión e, sobre todo, o espírito. O tempo pasa, a segunda cita achégase e eu sigo sen ter claro que tal nos foi na primeira. Quizais se trate diso, de non formarse opinión ningunha, de vivir as cousas como chegan, sen pensalas, sen pasalas pola peneira das experiencias alleas, sen o sabido sabido?
Conditions in Fidel Castro's Cuba were not always as bad as this, although people have been subject to food rationing ever since the US economic embargo was imposed in 1962. What really caused Cubans' living standards to plummet was the collapse in 1991 of the Soviet Union, which had bankrolled the country's inefficient economy as a means of irritating Washington. Since 2000, subsidised Soviet oil has been replaced by subsidised Venezuelan oil, as Havana looks to Hugo Chavez to prop up its tottering economy. China, too, has been providing support in the form of trade credits, technology and investment capital. This change in Cuba's fortunes soon led the regime to reassert its economic supremacy. In 2004, US dollar transactions were banned and a 10% tax imposed on dollar-peso conversions. As for the self-employed Cubans who run restaurants in their homes ("paladares") or rent out rooms to tourists, their numbers have fallen dramatically.

Máis
Na BBC
En Juventud Rebelde e Granma
En El País e El Mundo
En Público
No Globo (16.01.08)

8 Jan 2008

Vítima das influenzas



Estou maliña. Dóeme a cabeza. E a garganta. Píngame o nariz. Ando volada. Todo me sabe a virus, ata a auga. Vexo comezar a costa abaixo. Vou caer!

7 Jan 2008

Ou me sobran noites...

...ou me faltan días



Despois dunha finde de farra intensiva e dunha tarde de domingo de sobriñeo post-reis aínda máis intensivo, o día de hoxe foi un absoluto suplicio.
Pagou a pena, advirto.
E Acuruña mellora con cada visita.
Pero unha non está para estes meneos.
Vou ter que poñer algo de orde.

4 Jan 2008

Ser Indíxena en Chile


Foto da manifestación en Santiago pola morte dun mozo mapuche.
Chula, eh. pois de onde saiu esta, hai máis


"Es un hecho lamentable, un hecho condenable, pero un hecho predecible, porque la violencia de la policía y la violencia excesiva del Estado en comunidades indígenas en particular en comunidades mapuches, es un hecho constatado y ampliamente denunciado por organizaciones de derechos humanos a lo largo de la última década. Este es el resultado del silencio y complicidad del actual Gobierno con carabineros", asegurou José Aylwin, avogado e codirector do Observatorio de Dereitos dos Pobos Indíxenas.

2 Jan 2008

Close your eyes and
tap your heels three times

Oh, but anyway, Toto, we're home.
Home!
And this is my room, and you're all here.
And I'm not gonna leave here ever,
ever again,
because I love you all, and
- oh, Auntie Em -
there's no place like home!



Adoro findano. Adoro as mensaxes, os correos, as chamadas. Adoro a suavidade da pel das mans da avoa. Adoro falar de madeira co meu avó. Adoro o marisco. E as uvas. Adoro os postres caseiros. Adoro os chourizos frescos. Adoro o moscato spumante. Adoro o tute subastado. Adoro o cine clásico, sobre todo o que alguén baixa para min. Adoro ter repleto o carné de baile. Adoro o viño doce, o LK, os llintonics caseiros e as cervexas de última hora a ritmo de Aretha Franklin. Adoro o café resucitador. Adoro conducir rodeada pola choiva. Adoro falar ata as tantas, ata quedar durmida arrolada pola voz dalguén querido. Adoro que o frío me tense a pel da cara polas mañás.
Adoro estar aquí.