31 May 2006

Metafísica

E hoxe, no curso de metafísica para golosos... cómo bombardearse unha mesma con preguntas retóricas, á hora de comer, só porque no camiño dende o metro non diches reprimido o impuso de pechar os ollos e abrir lixeiramente as mans para sentir o vento fresco tantos días desexado.

metafísica

Serei como creo que son?
como os demáis cren que son?
como creo que os demáis cren que son?
como estou sendo agora, neste momento e lugar?
como creo agora que estou sendo neste momento e lugar?
como fun antes, noutros momentos, noutros lugares?
como creo agora que era antes?
como cría antes que estaba sendo naqueles momentos e lugares?
como me gustaría ser?
... serei?

30 May 2006

joan manuel serrat

"La experiencia es un peine que te regalan cuando estás calvo"
Enorme Joan Manuel.

29 May 2006

Hoxe, no curso de ética xornalística, como facer unha pregunta capciosa:

Inmigrantes en Canarias, by EFE (sen firmar)
A foto apareceu publicada do Diario de Álava, firmada como EFE.

- ¿Daría trabajo a alguno de los inmigrantes subsaharianos que llegan en masa en cayucos a Canarias?

A resposta correcta, obviamente, é:

- NO

Se andas ocioso, tamén podes contestar:

- Creo que debemos crear condiciones para que en su tierra haya trabajo, liberalizando realmente la economía e imponiendo un control sobre los fondos que se destinan a los países africanos. Alfonso, 54 años

Pode que mesmo:

- La inmigración es necesaria pero debería estar firmemente supervisada y regulada en la medida en que los que vengan tengan posibilidades de conseguir un trabajo y vivienda dignos. El gobierno debería poner en marcha medidas duraderas para que de una vez por todas desaparezcan las "pateras", (y los autobuses). Ángel, 23 años, Estudiante.

O que nunca nunca se debe contestar, amighiños e amighiñas é:

- (simplemente) SI (que se ve que é para fastidiar ao que pregunta)

Nin muitírmo menos:

- Pues a lo mejor se lo daba antes a ellos que a algún funcionario de la Diputación. Adela, 32 años, Lectora.

Glorioso.

27 May 2006

Pongamos que hablo de Madrid

guerrilleros 2

Allá donde se cruzan los caminos,
donde el mar no se puede concebir,

Esta mañá espertoume unha chamada de teléfono. Era a miña cuñada e o primeiro que me preguntou foi canto pagaría, nese momento, por ver o mar. Dende a miña cama vense dúas cousas, unha fiestra que da a un patio de luces e o cadro máis feo da historia universal da arte. Evidentemente, pagaría muito máis do que teño por cambiar ese panorama por uns minutos de mar... Eu son de interior, de-toda-la-vida-de-dios, e non sentira nunca esa dependencia sensorial, ata agora. Supoño que me cambiou o paso pola Mariña, eses meses de visión contínua do Cantábrico. Tomar o almorzo de pé, na cociña, buscando os cambios no taller dos barcos como quen busca a wally. Camiñar cara ó traballo coa compaña do olor do mar, ese que os da costa xa non notan, entre as hortas e as vías do Feve. Traballar, todo o día, co mar ao fondo, entre a silueta de M.G.P. e a de dous horrorosos edificios bureleses. Tomar algo nas mesas da Zaranda. Ir a Sanci pola Marosa. Fumar unha señorita con Mari-An, sentadas nunha escaleira, envoltas pola negrura nocturna da auga. Rir ata chorar cos blues-bros sancibrenses na porta das bruxas.
"Vai nordés".
Irá.
Pero o caso é que, a de interior de-toda-la-vida-de-dios, onte pola tarde, sentada nun columbio do Retiro, sacou un pé da sandalia e soterrouno na area... E non debeu ser tan discreta como ela cría, porque o seu acompañante, dende o outro columbio, rompeu a rir e dixo "a saber cuantos niños se habrán meado en esa arena... no me mires así, los hombres somos así... que sí... habrán pensado con lo agusto que estoy aquí para que me voy a levantar, me la saco y de paso hago unos dibujitos en la arena".


Donde el deseo viaja en ascensores,
un agujero queda para mí,
que me dejo la vida en sus rincones,

O máster parécese, cada día máis, a un reality. E logo din que eses programas non son realistas... son tan realistas que acabaron por amoldar a realidade (ou a nosa percepción da realidade) ás súas características formais. Despois dos exames, acabaron de conformarse os grupos e comezaron a xurdir parellas e/ou desexos. As situacións, no mellor estilo BB, teñen un punto patio de escola que algunhas veces é patético e, outras, en fin, divertidísimo. Aínda que, ben pensado, supoño que non existe esa contradicción nos termos.


Las niñas ya no quieren ser princesas,
y a los niños les da por perseguir
el mar dentro de un vaso de ginebra,
Nestes meses non lles din quitado ás noites de Mdd a pegada de La-Lore e de Dandomgom. Hai mil anos e foron só uns días, pero son as mesmas rúas, os mesmos garitos e as mesmas conversas... Iguais pero distintas, que diría aquel. Con aqueles mantiven apaixonadas discusións sobre os detalles máis precisos da ideoloxía sempre compartida, na mesma mesa na que, con estes, sufro constantes viaxes austrais, síntome escapar do corpo e véxome dende fóra, aburrida, rebatindo sen ganas nin forzas teorías máis ou menos peregrinas sobre o respecto masculino e a liberación feminina. Sobre sexo, vaia, e sobre que, dende una perspectiva pretendidamente progresista (sic), que homes e mulleres falen de sexo pode acabar no caos e na destrucción. E sei que xa non son a que era porque non sinto aquela necesidade evanxelizadora, aquela descarga eléctrica que me levaba a vincere e/ou convincere a calquera que dixese cousas coma esta na miña presencia: "Yo entiendo la homosexualidad, bueno, no la entiendo, pero la respeto. Pero lo que no puedo entender es a los travelos. Eso sí que no. Eso es una aberración. Esos tienen el cerebro demasiado desarrollado o algo." E eu, dende fóra, oiome contestar, desganada, "pues sí, será eso, tendrán el cerebro más desarrollado... que tú".


Los pájaros visitan al psiquiatra,
las estrellas se olvidan de salir,
Aqueles primeiros días de soidade urbana, un tipo mui interesante co que falo cada vez menos recomendoume pasear madrugada por mdd, "porque Madrid, aínda que non o creas, ole de maravilla. E de madrugada, mellor. Non hai naide, está solitario e dáche moito que pensar". Daquela non puiden , ou non souben, seguir o seu consello. Agora que xa estou algo máis forte e muito máis libre, fágoo sempre que podo. E tiña razón, as cidades olen muito mellor de noite, libres do tráfico e do ruido (eu é que teño mesturados os sentidos, rollo no-me-chilles-que-no-te-veo). Pero tamén tiña razón Sabina, en mdd non hai estrelas. E, alomenos no meu barrio, nunca estás soa de todo. Onte subín para a casa detrás dunha rapaza (chea como unha prea) que berraba cousas como "Sí, estoy caliente, y tú que piensas hacer al respecto?, eh, no piensas hacer nada al respecto?". Entre San Bernardo e o mercado de Vallermoso ninguén fixo nada ó respecto.


El sol es una estufa de butano,
la vida un metro a punto de partir,
E en mdd, sobre todo, vai calor. Despois do manto de polen máis impresionante que vin na miña vida e que, curiosamente, a min apenas me afectou (por fin, unha alerxia que non teño). Despois, digo, do inferno dos alérxicos, chegou o inferno tradicional, o forno. Dende hai semanas, vai un calor abafante, seco, que te envolve as 24 horas do día. Dá a impresión de que non te vai deixar respirar, de que dun momento a outro cando tentes inhalar non vai haber osíxeno que levar ós pulmóns. Pero non, sobrevives. Eso sí (ós que non lles gusten os temas escatolóxicos que salten dúas liñas), mdd é o sitio no mundo no que máis merda se xunta no nariz. Nunca na miña vida fabricara pelotiñas a este nivel. De feito, creo que nas últimas dúas semanas fabriquei máis que nos 26 anos precedentes. E din que esto (o calor) non fixo máis que comezar, que aínda temos clima primaveral... E eu, cada vez que oio a alguén dicir semellante cousa, só podo pensar: "que o vrao me pille fóra daquí, que o vrao me pille fóra daquí, que o vrao me pille fóra daquí".
Onde?
Quen sabe.
Esperando o próximo metro, supoño.

23 May 2006

alá vamos
o fotón é de Wu

Sabedes cal é a vantaxe absoluta de Mdd sobre as outras cidades nas que vivín? As visitas. As pequenas, a telepecha, miña irmá, Pililule, La-Fran e, a fin de semana pasada, Wu e sra. En seis meses recibín máis visitas que nos oito anos anteriores... e iso, amigos e amigas, mola mazo. É a vantaxe do centralismo. Algo bon tiña que ter.

19 May 2006

Revista de prensa

El diario de Lugo desde 1908 dignouse (por fin) a colgar o vespertino para emigrantes. Pagou a pena esperar, ENORME José Manuel Freire (advertencia, copipeisteei e reoganicei os parágrafos con inmoral liberdade):

Policías con chalecos reflectantes, furgonetas donde se cargan ingentes cantidades de documentación, equipos informáticos embalados, expectación en las calles... Lugo no es Marbella, pero ayer por momentos llegó a parecerla.

Afoto de Santy López para o Progreso

En la calle la rumorología era perversa. “Ya estuvieron en la Diputación, se llevaron de allí a doce personas”. Nada de nada. La Diputación aún no había sido visitada, como se esforzaban en desmentir a los medios los encargados de prensa. Pero lo sería...

De Campo Castelo a San Marcos sólo hay calles peatonales y la comisión judicial, desde luego, no se iba a tomar la molestia de tomar la Ronda. Sin sirenas, eso sí, pero con una velocidad que superaba el irrisorio límite del casco histórico, al menos cuatro vehículos, encabezados por el que llevaba al fiscal, se plantaron delante del edificio de San Marcos en pocos segundos.
Traje azul impecable y corbata de colores, Jesús Izaguirre encabezaba la comitiva que abordaba la sede. Cacharro recibió la notificación y no puso objeciones al registro.

Antes de abandonar San Marcos, se para [o fiscal] y da cuartelillo a los medios de comunicación, perseguidores de excepción de su actividad y no porque hubiera aviso oficial o convocatoria, como se especulaba, sino porque la notoriedad de la operación y su espectacularidad concitó la atención de buena parte de la ciudad.

“Aquí no hay ladrones, vete al País Vasco a investigar”, le gritó una funcionaria. También hubo algunos aplausos en tono jocoso. Pero el cruce de brazos fue la actitud generalizada del funcionariado de la Diputación, uno de esos pocos colectivos laborales contento con su convenio y su situación laboral.

Una leve sonrisa se deslizaba por la comisura derecha de sus labios, sabedor de que otros lo intentaron, pero él es el primero que accede con todas las de la ley a las oficinas de la casa grande que gobierna Francisco Cacharro.


Tamén en La Voz
en El Correo
en Xornal.com
en El País e en El Mundo
e, of course, en Vieiros

17 May 2006

xelado de limón
dame a beber una a una
las lagunas de esta luna de limón
agria para mi garganta
pero clara y dulce para el corazón

Sobrevivo ó calor da primavera capitalina sumerxíndome en xelado de limón. Deixome contaminar mentres espero impacientísima a chegada de La-Fran e do seu flamante marido, chateo no messenger con aquel gran coñecedor das capitais do mundo (e abúrrome), penso no que fixen e no que deixei de facer en madrí, no pouco que me queda de capital del imperio e na incerteza do futuro, recibo unha mensaxe do da chapa de palestina (culé apaixonado) indicándome como chegar ao bar no que vai ver o partido e véñenseme dúas cousas á cabeza:
1) ou ando con ollo ou vou levar unha hostia como un mundo
e 2) pero se son incapaz de manter a antención no que dura un partido! aínda me acordo daquela eurocopa coa que a doutora Fleishman tentou introducirme no mundo do fútbol no meu derradeiro ano en Compostela... todas aquelas tardes metidas naquel bar e eu só recordo que o porteiro de Italia se chamaba Toldo...

12 May 2006

Always look on the bright side of life

always look on the bright side of life

Catro meses despois de chegar a Madrí, sinto que lle debo (sobre todo ante vós) unha desculpa á cidade. Nunca me gustou esa xente que proxecta os males que o queiman por dentro sobre o seu contorno. Non me gusta porque é inxusto e porque se acaba convertendo nunha espiral de negatividade da que é difícil sair. E, je m'accuse, eu construin a miña propia gaiola de frustración o mesmo día que cheguei a esta cidade. Funme de Cicely cando millor o estaba pasando e, nunha fin de semana, cambiei o ambiente máis amable e xeneroso e adictivo do mundo por outro ben distinto, superficial, egocéntrico e egoísta.
Estas semanas descubrín un par de cousas.
A primeira é que, pase o que pase ó final coa bolsa, xa non poderei dicir que fixen mal vindo. Non (alomenos non só) polo que aprendín do inimigo, senón porque, como din os concursantes máis horteras dos realities, tiven que vir ata aquí e vivir unha montaña rusa emocional para aprender algúns límites propios que seguramente en Cicely nunca tería sequera intuído.
E a outra, a máis sorprendente, é que levo catro meses rodeada dunha ducia de illotes que, coma min, se sentían infinitamente sós e alleos ós discursos dos nosos compañeiros. Pero, claro, é díficil ver o que pasa ó teu redor cando estás tan concentrada no teu propio embigo.
O mércores, ó sair do exame de ruso, fomos ó Templo de Debod beber o LK dun deses illotes e fumar un dos muitos agasallos que troixen de Cicely. Alí, descalza, tirada na herba, vendo caer a noite sobre esa cidade que descoñezo e escoitando unha apaixonada regueifa de citas dos Monty Pyton, vivin o primeiro momento de felicidade real dende que cheguei. E non foi o LK. Foi que vin a portiña da gaiola aberta e saín dun chimpo. Libre, por fin...

7 May 2006

Teño mil historias (desas insignificantes, ou non tanto, que me queima calar) para contarvos, pero teclear esta frase xa é un acto de irresponsabilidade. Esperádeme uns días.

1 May 2006

Aquela miña curmá máis vella, mestra e mentora acaba de dar a luz. Non podo sequera intuír como o vivirán eles, porque a min ter a Rubén no colo uns minutos produciume unha curiosa mestura de emoción (sempre é sorprendente o perfectos que son esas reproduccións a escala que se autoconstrúen no interior da mai) e agobio existencial (tempus fugit, amighiños, e non hai nada que podamos facer para evitalo) que me durou todo o día... en fin, xa nolo contará acedre de primeira man.

mariñanos de pro

O seu tivera sido colgarvos unha fotiño do acontecemento, xa o sei, pero, como teño a cámara dixital estropeada, ando coa de pedais (que, por certo, se converteu nunha especie de obxecto de anticario que todo o mundo quere tocar coas súas propias mans, como se nunca tivese visto ningunha antes) e o proceso é muitísimo máis lento. Por iso vos deixo esta estampa da troupe responsable de A Mariña (do diario de lugo y su provincia)... Que ghuapiños me están todos! Que morriñaza me entra.

Pd/ Onte fun estudiar ruski iasic á casa do da chapa de Palestina Libre... Serán os exames, será a primavera, será que é inalcanzable, pero o caso é que me encanta ese rapaz. E, sobre todo, encántame que me encante un rapaz... Ai!