7 Nov 2009

O lume e a liberación



Catro meses neste armario e todas as miñas cousas están comestas pola polilla. Catro putos meses. Sorpréndeme que non me comera tamén a min. Abro todas as portas e séntome sobre as asperezas punteadas do parqué a pensar unha solución. Estou cansa das mudanzas. Cansa das caixas das maletas das bolsas de plástico dos obxectos a medio envolver. Estou cansa e agobiada. O parqué estala debaixo de min. Comezo a quitar cousas do armario. Mantas sabas toallas pantalóns camisetas xerseis bragas calcetíns zapatillas chaquetas papeis libros todos eses trebellos eléctricos o ordenador os cargadores os móbiles as cousas da cociña as do baño e os poucos adornos que nunca cheguei a colocar. Quito unha a unha todas as miñas cousas, comestas pola polilla en catro putos meses, joder, e vounas amoreando no patio. Engado os xornais cos que as ía envolver. Engado as caixas da mudanza. Engado as maletas. Engado as bolsas de plástico e os caixóns do armario. Engado as preocupacións absurdas, os desexos imposibles e os danos colaterais. Cando acabo, a meda é máis alta ca min. Fago un facho cun papel de periódico e préndolle lume. Vexo arder as miñas cousas, comestas pola polilla en catro putos meses, e non sinto dor, non sinto cansancio nin agobio.
Só sinto liberación
.
___
*H., este armario non é o de Vicent, creo. Aínda que se lle parece.

3 comments:

  1. Vou facer un comentario todo o contrario da intensidade desta entrada: onte -que cambiei Luar na Lubre na Quintana con Chon- vin un capítulo das G.G. (ge ge) no que os carunchos ían directos aos cimentos do seu fogar.

    ReplyDelete
  2. Pois pira non podo facer no medio da coruña, pero carrexar para os contedores cada noite moreas de bolsas, si.
    E tes razón, desprenderse, unha vez feita á idea, é liberador.

    grazas.

    ReplyDelete
  3. This comment has been removed by the author.

    ReplyDelete