26/01/2012
A enfermeira está afónica. Comunícase por sinais. Le isto. Laparoscopia. Asina aquí. Quistectomía / anexectomía. A xinecóloga é riquiña. Tamén é mala sorte, di. Nestes anos tiveches fillos? Non, non me deu por aí, bromeo. Pois púidoseche dar, respóndeme. Ti sabes o que significa isto, verdade? O que pode significar. Sei, si. Non ten porqué pasar, iso sábelo tamén. Sei, si. Pero podería. Xa o sei.
Joderhostiaxa.
a rabia axuda.
ReplyDeletee o conto de ter fillos... eu sempre dudei se querería un fillo.
apareceu.
sen min.
prácticamente sen min.
pois rabia teño para embotellar :)
ReplyDeletee o conto de ter fillos... eu nunca quixen, nin quero, pero xa da outra volta aprendín que unha cousa é non querer e outra moi distinta é non poder.
de todos os xeitos, nontenporquépasar. xa o sabemos :)
Do outro lado da porta, duas vellas conversan sentadas no banco. Que nova é. É nova, é. E mentras unha estira a saia da cor negra que envolve todo o resto do seu corpo, suma Pero as cativas de hoxe sonche doutra pasta. Son, son Responde a outra tratando de meter un punto solto da chaqueta gris para dentro e escondelo.
ReplyDelete:*
O punto solto resístese. Tamén os homes son distintos, máis preocupados. Non che están tan soas, dille a unha á outra. Mira ese rapaz aí sentado, esperando... A outra dá por perdida a batalla contra o punto rebelde. Levanta os ollos do colo. Muito nos mira. Nin que oira o que dicimos.
ReplyDelete:*
Pequena, espero que estés ben.
ReplyDeleteUn bico enorme