26 Jan 2012

Achados XVII: Bis

26/01/12

Chego á ITV acelerada. A sala de espera está chea de xente. Séntome. Non me dou conta de que o número que parpadea na pantalla é o meu. Sae buscarme a enfermeira e entro na consulta aínda máis acelerada. Aténdeme un rapaz novo. É todo bastante sórdido, como sempre. Pero el é amable. Empeza a fuchicar no ecógrafo. Pregúntame cando foi a operación. No 2007. Ai, non, perdoa, no 2008. E en que ovario? Neste. Oh, que raro, eu diría que no outro. Ai, si, perdoa! A verdade é que xa me olvidei un pouco de todo aquelo... hai tanto tempo! Pois tivo que ser no outro, porque agora tes un neste.

Silencio.

A enfermeira mírame aos ollos. Eu sorríolle. A miña mente empeza a acelerarse e o meu diamante a escurecer. O médico sigue falando. Definitivamente, tes outro teratoma e é bastante grande. Furgando. Cando tes cita? Falando. Valo ter que quitar porque é moi grande e desarrollouse moi rápido. Furgando. Normalmente, son tecidos primarios que levan aí toda a vida, microscópicos, ata que un día deciden medrar... Xa, xa, a historia xa a sei, gracias. É riquiño. É unha lata, pero hai que quitalo. Xa, xa o sei. Escápaseme un joder baixiño.

Joder joder joder joder.

Xa o sei
.

4 comments:

  1. Joder.
    Pois iso, haberá que botarlle valor e luitar contra ese monstro.
    Non queda outra.

    ReplyDelete
  2. Joder.
    Fun pinchando nas ligazóns para descubrir a historia enteira e descubrir todas as palabras tabú, na terceira liña atópome con un tabú mental sen saber que poñer, pero intúo que non é preciso poñer nada. Só escrbía para enviar un bico. :*

    ReplyDelete
  3. Non sei se, neste caso, ter pasado polo mesmo axuda ou aínda o fai máis desagradable.

    En calquera caso, pasará que é un pensamento que fai que os diamantes volvan brillar.

    apertiña, rula.

    ReplyDelete
  4. Gracias aos tres, polos cariños. Coñecer o camiño si que axuda, Zeltia. Claro que axuda...

    Aínda que tamén enfada un pouquiño :)

    ReplyDelete