26 Jan 2012

Achados XVIII: Non é normal

26/01/2012

Teño dúas horas de espera ata a seguinte cita. Séntome a mirar como o meu diamante vai perdendo o seu verdor. Joder. A baixa da autónoma. Joder. Os bicos descontados. Joder. Os proxectos compartidos. Joder. Por que a min? Joder Joder Joder Joder.

A muller que está sentada ao meu lado na sala de espera é da Pastoriza. Tócalle currar 26h ao día, explícame, 8 días á semana. Tócalle campo. E pais vellos. E fillos novos. Tócalle chupar moita sala de espera e está ata os huevos de todo. Pero non tes nada que facer? dille a unha ATS que leva unha hora acompañando a espera da sobriña. A outra levántase e vaise, rosmando: "a xente é ben maleducada". Eu estas cousas teño que dicilas, sabes? Pésanme moito no estómago. Cáeme ben esta muller. Sorríolle. Quedamos caladas. Non é normal, dime xa coa complicidade do sorriso compartido, que os que pagamos teñamos que esperar tanto... Seguro que os xitanos pasan os primeiros. Conxélaseme o sorriso. Eu son xitana, minto. Oh, non pareces, perdoa. Ponse coloradísima. Eu non son racista, eh. Non, claro.

Joder.

No comments:

Post a Comment