O tempo pasa e, como da outra vez, a vida recupera o seu ritmo natural. Proxectos cargados de traballos. Cargados de trafegos. De ilusións e desilusións. Novas amizades que se afianzan. Vellas amizades que resucitan. Bicos que cada día parecen menos descontados. Que xa son parte do día a día. Que empezan a parecer imprescindibles. O ioga. Os paseos. As conversas. A música e o cine, que lle roubaron espazo ás lecturas e escrituras. O mequeo. A autoanálise. Non hai rabia nin angoxa. Xa só queda a dor e a espera. Entón, chaman do Hospital, "o martes ás nove tes que vir facer unha analítica, podes vir almorzada". E, dentro do meu peculiar día da marmota, a incerteza tórnase certeza e o diamante que levita enriba do meu Sim perde, de novo, parte do seu verdor.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment