
Nun principio acusárano de atentando. Despois apareceu un vídeo da tele local no que as mentiras das forzas e corpos de seguridade resultaban tan evidentirmas que tiveron que rebaixa-los cargos ao de resistencia. Onte o fiscal xa falou de faltas máis ca de delictos, ao tempo que tentaba restarlle fiabilidade ao vídeo asegurando que había un corte sospeitoso... Foi a primeira vez que asistín a un xuízo e, sinceramente, non me ofreceu a máis mínima confianza no sistema. Será o menos malo, pero evidentemente non é bo.
Dúas das testemuñas da defensa foron un cámara e unha xornalista. O papel dos medios neste caso é tan trascendente que me intrigou como tratarían o xuízo. Non o vín na tele. Non o oín na radio. En El País, Xosé Hermida exhibe impudicamente a súa liberdade titulando El fiscal pide un año de cárcel para un pacifista que protestó en un acto de Fraga, mentres que en La Voz e El diario de Lugo y su provincia non están tan estupendos. Recordemos que a culpa non é de quen as escribe. Dígoo porque o sei.
No comments:
Post a Comment