9 Jun 2006

Hai un tempiño que me tropecei con esto no chuza. Parece ser hai un foro de discusión sobre a "calidade" das mulleres prostituídas en Vigo. De feito, segundo se di nos comentarios do chuza, a páxina en cuestión non só fala de Vigo... debe ser unha práctica común.

A reportaxe merece ser lida. Eu dubido da existencia da obxectividade, así que non serei eu quen critique un/unha xornalista por amosar claramente a súa opinión. Tanto menos nun tema como este. Pode parecer hipócrita publicar algo así (na rede) sobre tres links de páxinas de contactos. Éo. Como hipócrita é a sociedade con respecto á prostitución. Non hai máis que ver o tratamento mediático que recibe o chamado "hipermercado do sexo" do mundial. E a resposta (ou ausencia de resposta) que dito tratamento recibe de nós.

A min o que me disgusta deste tema é o equilibrismo de puntos de vista que caracteriza todos os "debates" sobre a prostitución. Mátame que sempre se iguale a a prostituta "por elección" (cando non o prostituto de luxo) á muller prostituída. E mátame non só porque é unha aberración estatística ao servicio do espectáculo mediático, senón, sobre todo, porque é a pura esencia da hipocrisía que rodea este tema, cuxo cumio é a defensa dos dereitos do "usuario":
"Me alegro de no ser el único porque, a veces, este feminismo que nos invade nos hace sentir como criminales y ya está bien de que las tías vayan tan crecidas". (...) Se queja de que tener relaciones sexuales "por lo legal" es difícil ante el avance del feminismo y lamenta que la prostitutas se crezcan y "la más gorda pida 60 euros".
Pobriño.

No comments:

Post a Comment