7 Jun 2006
Cantas cousas...
O sábado pola noite celebrei, co máis selecto do máster, unha desas xornadas gastronómicas que tanto me gustan. Especialidades asturianas, andaluzas, italianas e, por suposto, galegas acompañaron a conversa ata as tantas. Amizade, amor, sexo, traballo e drogas foron algúns dos temas estrela. Foi curioso comprobar como ao final atopei o meu sitio. Incríble, pero certo. Quen me ía dicir hai cinco meses que ía acabar mantendo interesantes conversas con (algún de) eles sobre o existencialismo e/ou a cirurxía?
Xa sei que por aí tamén vai calor, así que non abundarei no tema. Pero (e esto é como cando alguén advirte que non é contilleiro antes de preguntar), ODIO ESTE TEMPO! O luns foi un día especialmente chungo. Tiña a moral polos pés. Andiven medio groggi todo o día. Mareeime de camiño ao metro. Arrastrei a miña humanidade (e todo o peso da tecnoloxía) dun cabo ao outro da capital do reino. O metro estaba (e está) en obras. Estiven na Academia dende as nove da mañá ata as oito e media da tarde. Sen batería no móbil. De camiño para a casa decateime de que cando chegara ao barrio os súpers ían estar pechados. Non tiña nada na nevera. Nin ganas de cociñar. Nin de sair comer fóra. Nin fame... Pero, cando cheguei á casa... Había un sobre no buzón. Un sobre grande. No meu buzón. E tiña unha carta, manuscrita (años ha), e tres deuvedeses cheos de tesouros... Ai, aínda me emociono cando o recordo. Gracias outra vez!
Finalmente, amighiños e amighiñas, éncheme de orgullo e satisfacción dicirvos que está mañá cumplín un vello obxectivo vital. Gracias ao máster, hoxe estiven dando un voltio por unha fábrica de caramelos. Cantas horiñas da miña vida teño investido nese sector concreto do tecido industrial español... Se virades o que eu vin... E esto non vai do rollo “si supieses lo que le echan no te lo comerías”. Todo o contrario, esto vai de “hai unha tía que traballa nunha oficina completamente desborada polos caramelos máis variados”. Se virades o que eu vin, saberiades que a vida é unha...
(si, ho, si, xa o sei, pero tédeme consideración, que estou outra vez de exames)
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment