1 Jun 2006
Líquido amniótico
Teño un día difícil. Cágoa. Salvo o sorriso tranquilo ata que, a medio camiño entre a Academia e o pisito, quedo, por fin, soa. Repítome unha vez, dúas veces, tres veces que dá igual, que só é un máster, que todo o mundo se equivoca, que darlle voltas ós erros non leva a ningures. Pero non me dou convencido. Chamo á Sabe para que mo diga ela, confío no seu bo xuízo, pero non contesta. Chamo á casa, anque nunca lles falaría destas cousas, para escuitar a súa voz. É como unha especie de posición fetal auditiva.
Contesta el, o pikiniño:
- "hola".
- "hoooooooooooola".
- "Ven!".
- "Sabes quen son?".
- "A sona... veeeen!".
E funciona. O líquido amniótico rodéame e todo volve, outra vez, ó lugar que lle corresponde.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment