A fin dunha era.
A era de, entroutras muitirmas, S.W.A.T., Starsky e Hutch, Os anxos de charlie, Vacaciones en el mar, HART TO HART, Dinastía, Hotel, Os Colby, Melrose Place, Models, Sensación de Vivir, 7th Heaven (como se chamaba esta en Tele5?) e Embruxadas.
Dende logo, este home foi un exemplo e coherencia.
24 Jun 2006
22 Jun 2006
10 Jun 2006
Miña irmá'06 sobreimpresa en Miña irmá e máis eu'92
Parece que foi Borges quen dixo:
Con el tiempo...Estou en Valado City, de comuñón. Chegar a Pedrafita e notar como me chegaba o osíxeno aos pulmóns foivos todo un. Nalgún punto descoñecido entre o pisito madrileño e a casa petrucial quedaron tamén a sequidade da pel, o mareo endémico e o insomnio.
verás que aunque seas feliz con los que están a tu lado,
añorarás terriblemente a los que ayer estaban contigo y ahora se han marchado
Será sicosomático, será. Eu non o neguei nunca.
O curioso é que, sen deixar de estar contentísima, en menos de 24 horas xa empecei a botar en falta (algúns) compañeiros da academia.
Non teño arreglo.
Quéroo todo e todo non se pode ter, xa mo dicía meu pai.
Tempus fugit. Miña irmá está preparando a selectividade e, nun par de semaniñas, eu estou de volta da aventura madrileña.
9 Jun 2006
Chove
A foto é de Ben Kopilow e saqueina daquí
Que felicidade. En canto oín as primeiras gotas, abrín todas as fiestras para que o olor da terra mollada levase a sequidade das últimas semanas, puxen as sandalias e baixei dar unha voltiña... Rúas baleiras, auga fresca para sanar os ósos secos e ese olor... encántame ese olor!
Hai un tempiño que me tropecei con esto no chuza. Parece ser hai un foro de discusión sobre a "calidade" das mulleres prostituídas en Vigo. De feito, segundo se di nos comentarios do chuza, a páxina en cuestión non só fala de Vigo... debe ser unha práctica común.
A reportaxe merece ser lida. Eu dubido da existencia da obxectividade, así que non serei eu quen critique un/unha xornalista por amosar claramente a súa opinión. Tanto menos nun tema como este. Pode parecer hipócrita publicar algo así (na rede) sobre tres links de páxinas de contactos. Éo. Como hipócrita é a sociedade con respecto á prostitución. Non hai máis que ver o tratamento mediático que recibe o chamado "hipermercado do sexo" do mundial. E a resposta (ou ausencia de resposta) que dito tratamento recibe de nós.
A min o que me disgusta deste tema é o equilibrismo de puntos de vista que caracteriza todos os "debates" sobre a prostitución. Mátame que sempre se iguale a a prostituta "por elección" (cando non o prostituto de luxo) á muller prostituída. E mátame non só porque é unha aberración estatística ao servicio do espectáculo mediático, senón, sobre todo, porque é a pura esencia da hipocrisía que rodea este tema, cuxo cumio é a defensa dos dereitos do "usuario":
A reportaxe merece ser lida. Eu dubido da existencia da obxectividade, así que non serei eu quen critique un/unha xornalista por amosar claramente a súa opinión. Tanto menos nun tema como este. Pode parecer hipócrita publicar algo así (na rede) sobre tres links de páxinas de contactos. Éo. Como hipócrita é a sociedade con respecto á prostitución. Non hai máis que ver o tratamento mediático que recibe o chamado "hipermercado do sexo" do mundial. E a resposta (ou ausencia de resposta) que dito tratamento recibe de nós.
A min o que me disgusta deste tema é o equilibrismo de puntos de vista que caracteriza todos os "debates" sobre a prostitución. Mátame que sempre se iguale a a prostituta "por elección" (cando non o prostituto de luxo) á muller prostituída. E mátame non só porque é unha aberración estatística ao servicio do espectáculo mediático, senón, sobre todo, porque é a pura esencia da hipocrisía que rodea este tema, cuxo cumio é a defensa dos dereitos do "usuario":
"Me alegro de no ser el único porque, a veces, este feminismo que nos invade nos hace sentir como criminales y ya está bien de que las tías vayan tan crecidas". (...) Se queja de que tener relaciones sexuales "por lo legal" es difícil ante el avance del feminismo y lamenta que la prostitutas se crezcan y "la más gorda pida 60 euros".Pobriño.
Disque
É mellor prender unha candea que maldicir a escuridade.
E ás veces mesmo poderiamos pensar que é certo.
Liberárono!!!
Claro que... sempre hai un pero
Amnesty International is concerned that following the "pardon", Weja Chicampo was expelled from the country. Apparently, on 5 June at midnight several police officers went to Black Beach prison and removed Weja Chicampo, who assumed that he was being taken home. Instead, he was put on a plane to Madrid, Spain, where he arrived at 7 am on 6 June. His family in Malabo were not informed about the expulsion or whereabouts of Weja Chicampo. His expulsion from Equatorial Guinea violates the country’s Constitution, which guarantees freedom of movement and the right to choose residence, as well as the International Covenant on Civil and Political Rights, which Equatorial Guinea ratified in 1987.
Ou dous:
Amnesty International is concerned about reports indicating that some days before the promulgation of the amnesty decree they were made to sign statements undertaking not to participate in political activities for a period of 10 years.
E, xa se sabe, non hai dous sen tres:
Amnesty International urges the government of Equatorial Guinea to release all the prisoners of conscience still in prison, as well as all those detained without charge or trial on account of their peaceful political activities.
7 Jun 2006
Cantas cousas...
O sábado pola noite celebrei, co máis selecto do máster, unha desas xornadas gastronómicas que tanto me gustan. Especialidades asturianas, andaluzas, italianas e, por suposto, galegas acompañaron a conversa ata as tantas. Amizade, amor, sexo, traballo e drogas foron algúns dos temas estrela. Foi curioso comprobar como ao final atopei o meu sitio. Incríble, pero certo. Quen me ía dicir hai cinco meses que ía acabar mantendo interesantes conversas con (algún de) eles sobre o existencialismo e/ou a cirurxía?
Xa sei que por aí tamén vai calor, así que non abundarei no tema. Pero (e esto é como cando alguén advirte que non é contilleiro antes de preguntar), ODIO ESTE TEMPO! O luns foi un día especialmente chungo. Tiña a moral polos pés. Andiven medio groggi todo o día. Mareeime de camiño ao metro. Arrastrei a miña humanidade (e todo o peso da tecnoloxía) dun cabo ao outro da capital do reino. O metro estaba (e está) en obras. Estiven na Academia dende as nove da mañá ata as oito e media da tarde. Sen batería no móbil. De camiño para a casa decateime de que cando chegara ao barrio os súpers ían estar pechados. Non tiña nada na nevera. Nin ganas de cociñar. Nin de sair comer fóra. Nin fame... Pero, cando cheguei á casa... Había un sobre no buzón. Un sobre grande. No meu buzón. E tiña unha carta, manuscrita (años ha), e tres deuvedeses cheos de tesouros... Ai, aínda me emociono cando o recordo. Gracias outra vez!
Finalmente, amighiños e amighiñas, éncheme de orgullo e satisfacción dicirvos que está mañá cumplín un vello obxectivo vital. Gracias ao máster, hoxe estiven dando un voltio por unha fábrica de caramelos. Cantas horiñas da miña vida teño investido nese sector concreto do tecido industrial español... Se virades o que eu vin... E esto non vai do rollo “si supieses lo que le echan no te lo comerías”. Todo o contrario, esto vai de “hai unha tía que traballa nunha oficina completamente desborada polos caramelos máis variados”. Se virades o que eu vin, saberiades que a vida é unha...
(si, ho, si, xa o sei, pero tédeme consideración, que estou outra vez de exames)
2 Jun 2006
Habilidades
Esta semana tivemos unha sesión intensiva de habilidades directivas na Academia. Os profesores eran británicos, así que o conto que nos contaron non foi exactamente o mesmo conto que berraba Zahera no Ano da Carracha. It's all about remaining calm, you know. A filosofía, sen embargo, si que era a mesma. E as ferramentas.
O inimigo, facédeme caso, está preparadísimo.
1 Jun 2006
Líquido amniótico
Teño un día difícil. Cágoa. Salvo o sorriso tranquilo ata que, a medio camiño entre a Academia e o pisito, quedo, por fin, soa. Repítome unha vez, dúas veces, tres veces que dá igual, que só é un máster, que todo o mundo se equivoca, que darlle voltas ós erros non leva a ningures. Pero non me dou convencido. Chamo á Sabe para que mo diga ela, confío no seu bo xuízo, pero non contesta. Chamo á casa, anque nunca lles falaría destas cousas, para escuitar a súa voz. É como unha especie de posición fetal auditiva.
Contesta el, o pikiniño:
- "hola".
- "hoooooooooooola".
- "Ven!".
- "Sabes quen son?".
- "A sona... veeeen!".
E funciona. O líquido amniótico rodéame e todo volve, outra vez, ó lugar que lle corresponde.
Subscribe to:
Posts (Atom)