29 Mar 2010



Esta tarde pasoume pola porta a procesión da Confraría da Humildade. Escuridade tambores capuchóns chuvia un bastón golpeando a pedra. Freaking easter passion. Recordoume aqueloutra procesión que retratara para o proxecto de final de carreira en Gales. Recordei como o profesor, licenciado en estudos afroamericanos e negro, abriu a miña reportaxe e mirou alucinado para a primeira foto. Mirou para min. Outra vez para a foto. Para min. Pasou as outras fotos rapidamente, case sen miralas. Cerrou o album. Mirou para min, sorriu e dixo:
-Whatever this means, I cannot deny you have a nerve
.
-Non é o que parece.
-Pero parece o que parece e tu fixéchelas para que o parecera.
-Supoño. Eso é malo?
-Claro que non.
E este profesor, cuxo nome recordo con sorprendente claridade despois de pasar dez anos sen ter noticias del, non só me puxo unha nota digna, senón que botou ben dúas horas comentando o traballo comigo. Alucinando coa estética Klu Klux Klan, co hiperdramatismo das figuras relixiosas e cos nenos pequenos subidos aos hombros dos seus pais para observar tranquilamente o lento sufrir dos encapuchados. Criticándome os defectos (sobre todo, a impaciencia) e loubándome os acertos. Loubando, dixera daquela, a miña capacidade para transmitir beleza ironía humor e desafío xa coa primeira foto.

Joder, como boto de menos ás veces ter un bo profesor ao que desafiar.

28 Mar 2010

Lucía Joyce



Los primeros brotes de hebefrenia hicieron aparición cuando Lucía tenía alrededor de 25 años. A los 28 años la internaron en el manicomio de Ivry, en las afueras de París, y desde entonces jamás volvió a poner un pie en la calle. La relación con su madre y con su hermano jamás dejó de ser difícil, pero Joyce se desvivió por su hija hasta el final de sus días. Se sentía responsable de su locura. Estaba convencido de que había heredado de él una versión maligna de su talento que acabó por destruir su razón.
___
*El País deume hoxe tres motivos para arrepentirme de gastar os 2.20 euros que custa: (1) falta de filtro e palabraría barata de experto na materia; (2) inexatitude e parcialidade nun tema controvertido; e (3) ruin propaganda empresarial disfrazada de información sectorial. A cambio, regaloume a figura de Lucía Joyce nunha reportaxiña algo estraña que firma Eduardo Lago (?). A ela pertence fragmento.
**A foto é a cuberta dun libro de Carol Loeb Shloss, unha profesora de Standford que, polo visto, tivo problemas coa familia á hora de publicalo. Encantaríame lelo.
Mentres tanto, conformareime con isto.
***Nesta páxina hai un montón de fotos da familia Joyce. Muitas delas, por certo, son de Berenice Abbot.
****Agora que ando enleada en In Treatment, alégrome de que non todos os fillos de escritores famosos acaben igual.

Tamén en Lugo



España é o único país europeo onde a prensa formal publica anuncios de prostitución. Obviamente, este tipo de publicidade repórtalles aos medios (serios ou non) importantes beneficios. Nun día laborable, El País publica 702 destes anuncios, El Mundo 672, ABC 225 e 91 La Razón. El País ingresa arredor dos 5 cinco millóns de euros anuais deste xeito*. O da prostitución é un negocio lucrativo e un pastel tan grande dá para repartir. Tamén en Lugo. Entre agosto e setembro de 2009, El Progreso publicou unha media de 70 anuncios diarios sobre prostitución e La Voz de Galicia 230 (dos cales uns 12 eran relativos á provincia de Lugo).**

O Foro de Participación cidadá en materia de igualdade do Concello de Lugo ven de pedirlles formalmente a El Progreso e a La Voz que "no marco dos seus códigos deontolóxicos consideren a renuncia á publicidade relacionada co comercio sexual para impedir o negocio das organizacións mafiosas”. Ata agora, só Público, 20 Minutos, Avui e La Gaceta de los Negocios renunciaron ao seu pedazo do pastel.
___
*Segundo datos recollidos na “Ponencia sobre la prostitución en nuestro país”, elaborada pola Comisión Mixta dos Dereitos da Muller e da Igualdade de Oportunidades do Congreso e do Senado. Ademais, participar do negocio tampouco impide criticalo. Sonado foi o caso das amplas reportaxes sobre prostitución que publicou El País en 2009.
**Segundo recolle a Carta dirixida aos medios de comunicación do Foro de Participación cidadá en materia de igualdade do Concello de Lugo que podedes descargar aquí.

26 Mar 2010

Liquidación de Existencias

La seducción es el principal mecanismo de producción de realidad.
Su materia prima es el misterio.

Opera Aperta (sistema de huecos)
Lo importante en la seducción es saber administrar los silencios. Adhiere más a una narración lo no dicho que lo explicitado. El compartimiento hueco es rellenado por el intérprete desde sus propios referentes, y así recorre la mitad del camino, y crea nuevos huecos.

Nota ao pé: la contención crea huecos que atraen, huecos repletos de ingenio y significado, simétricos de los nuestros.

___
*No prólogo, Antón Baamonde define Liquidación de existencias (Difusora, 2005) como unha obra "a medio camiño entre o dietario de autor, ao modo dun Nietzsche, Benjamin ou Pessoa, e a antropoloxía experimental". Podedes descargar o libro completo aquí e tirar as vosas propias conclusións.

25 Mar 2010

In Treatment



I was looking at her. Looking at every inch of her body. And I said to my self: Who the hell is this woman, sleeping in the sofa, in front of the TV? What the hell does she know about me? What does she think she knows about me? And what the hell am I doing, living with her in the same living room in the same house with the same kids for the last 15 years?

Understand?
___
*Cheguei a In Treatment en plena resaca de Mad Men, seguindo os sempre sabios consellos de Ascárida, e papei sete episodios seguidos, sen respirar. É emocionante intensa intelixente contida. Encántanme a brevidade e a estrutura narrativa. Estou enganchadirma. A este non lle gusta tanto, advirto

24 Mar 2010

No meu moleskine XXXIV: determinados



Levamos o peso da educación encima e parece que todo é determinante para a nosa vida... pero despois nunca pasa nada. Á mañá seguinte, levántaste e non pasou nada.
___
*A foto é de Robert Yager. Un tipo curioso, que segundo parece viviu todas as vidas . Eu acabo de descubrilo, aquí.

23 Mar 2010

A tele



Cando era pequena, na casa só había unha tele. Estaba na sala, cos sofás de skai vermellos, e só podíamos vela todos xuntos. Cada vez que miña mai nos pillaba vendo a tele sós, queixábase de ter uns fillos que non atopasen nada mellor que facer que eslongarse nun sofá a papar o que lles botasen. Apagábaa. Poñíase no medio. Tirábanos un coxín á cabeza. Obligábanos a levantarnos. Eu era a única que escapaba desta lei materna, porque me despertaba ás sete da mañá todos os días do ano e cando non estaba vendo a tele andaba detrás dela choromicando: abúrrome, cóntame algo, abúrrome, cómprame un libro, abúrrome, vamos de paseo, abúrrome... Lin a enciclopedia para ter un argumento sólido e irrefutable: pero, mami, non hai ningún libro na casa que non lera, xa o sabes.
Regaláronme unha tele para o meu cuarto.

Durante anos, o primeiro que facía ao levantarme pola mañá era encender a tele. Víao todo. Aerobic, telediarios, debuxos, series, a Hermida, a María Teresa Campos, a Nieves Herrero, a Paco Lobatón. Todo. Tamén o Agro. O programa do Parlamento. Os culebróns. Os talk show. Os realities. Todo o peor. Todo todo. Durante anos, muitos anos, fun unha guía da televisión andante, fun a pesada que sabe a que outros actores dobra un actor de dobraxe, fun a típica que tararea pola calle a sintonía dun programa e fun, ademais, imbatible ao xogo aquel de descubrir o produto nos primeiros segundos do anuncio. Dediqueille dous anos da miña vida a ler artigos científicos sobre a influencia que ten a televisión na construción da identidade, por Dios!

E agora son incapaz de ver media hora seguida de tele. Incapaz. Como pode ser? Como chegamos a este punto en menos de dez anos?

22 Mar 2010

Ten rules for writing fiction

  1. Colm Tóibín: Stop feeling sorry for yourself.
  2. Hilary Mantel: Are you serious about this? Then get an accountant.
  3. Margaret Atwood: Do back exercises. Pain is distracting.
  4. Zadie Smith: Work on a computer that is disconnected from the ­internet.
  5. Joyce Carol Oates: Don't try to anticipate an "ideal reader" – there may be one, but he/she is reading someone else.
  6. Sarah Waters: Treat writing as a job. Be disciplined. Writing fiction is not "self­expression" or "therapy". Novels are for readers, and writing them means the crafty, patient, selfless construction of effects.
  7. Will Self: Live life and write about life. there are more than enough books about books. (...) Always carry a notebook. Short-term memory only retains information for three minutes; unless it is committed to paper you can lose an idea for ever.
  8. AL Kennedy: Defend others. You can, of course, steal stories and attributes from family and friends, fill in filecards after lovemaking and so forth. It might be better to celebrate those you love – and love itself – by writing in such a way that everyone keeps their privacy and dignity intact.
  9. Andrew Motion: Honour the miraculousness of the ordinary.
  10. Anne Enright: Imagine that you are dying. If you had a terminal disease would you ­finish this book? Why not? The thing that annoys this 10-weeks-to-live self is the thing that is wrong with the book. So change it. Stop arguing with yourself. Change it. See? Easy. And no one had to die.
___
*Estas son as miñas favoritas da manchea de regras que publicou co Guardian (1 e 2) hai unhas semanas. Outros, teñen outras favoritas.

21 Mar 2010

Reñínlle



Por primeira vez na vida. Con cariño, pero con firmeza. Seria. Reñínlle e el non dixo nada. Baixou a mirada. Enchéronsenos os ollos de lágrimas. El sabía que eu tiña razón e eu sabía que ese momento cambiaría a nosa relación para sempre.

20 Mar 2010

No meu moleskine XXXIII: Insubmisos



Si hace falta sumisión... Sumisión.
Por evitar una agresión, cualquier cosa.
___
*A imaxe é Les fantaisies de Mr. Seabrook (1930), de Man Ray.
**A frase, por certo, díxoa un oficial da Guarda Civil no medio da declaración dunha muller que fora denunciar a súa parella por malos tratos. Copieina na miña libretiña alí mesmo. Diante del.

18 Mar 2010

Os cadernos de Agatha Christie



Había de todo tipo, colores, marcas, precios y formas, algunos sin tapas, otros con las grapas oxidadas por el tiempo y páginas rayadas. (...) Christie cogía uno al azar y escribía. Su uso fue irregular: el Cuaderno 35 tiene 220 páginas de notas, mientras el Cuaderno 72 tan sólo tiene cinco. Algunos, ni siquiera tienen relación con su producción literaria: los 11, 40 y 55 constan sólo de fórmulas químicas "y parecen datar de sus tiempos de aspirante a empleada de farmacia". El 73 está todo en blanco. Algunos incluso contienen notas personales: una lista de muebles para su casa de Sheffield Terrace (Cuaderno 59), por ejemplo.

(vía)

16 Mar 2010



Ando por aquí, recuperando miradas. Por fin.

Actualización 17.03.10.- Editar centos de fotos propias dá para facer algo de autoanálise. Dá, como mínimo, para recoñecer a incapacidade para desbotar, o complexo á hora de roubar outras miradas e a obsesión coas portas, coas ventanas e cos camiños... cos marcos, cos límites, cos puntos de fuga. Sen furgar muito na ferida, dá para recoñecer que me aburro a min mesma. Que xa é triste. Ai.

13 Mar 2010

The Golden Notebook

My dear Anna, your attitude to art is so aristocratic that you write, when you do, for yourself only.
___
*En The golden notebook (publicado en galego por Galaxia, no 2009) Doris Lessing conta a historia de Anna Wulf, unha escritora que recolle as súas experiencias en catro cadernos: no negro as literarias, no vermello as políticas, no amarelo as emocionais e no azul as cotiás. Unha escritora cunha novela de éxito que xa non dá escrito máis que para ela mesma.

12 Mar 2010

No meu moleskine XXXII: Ameazantes



-Mexarasme por encima?
-Non.
-Pois entonces vou ter que ir de putas.
___
*A imaxe é Lovers in bistro (1932), de Brassai.

11 Mar 2010

I think I wrote that. It was to sell nylons.



-"She won't get married because she's never been in love." I think I wrote that. It was to sell nylons.



-For a lot of people, love isn't just a slogan.

-Oh, "love". You mean the big lightning bolt to the heart, where you can't eat, can't work, so you run off and get married and make babies. The reason you haven't felt it is because it doesn't exist. What you call "love" was invented by guys like me to sell nylons.

-Is that right?

-I'm pretty sure about it. You're born alone, you die alone, and this world just drops a bunch of rules on top of you to make you forget those facts. But I never forget. I'm living like there's no tomorrow, because there isn't one.
___
*Comecei onte a ver Mad men e alucinei. É gloriosa. O malo é que non fun capaz de atopar o clip de vídeo. Se podedes, descargade ou vede o piloto (aqui, por exemplo).

10 Mar 2010

Your lovers won't kiss



It's too damn far from your fingertips
___
*The Weary Kind ven de gañar o Oscar á mellor canción orixinal.

8 Mar 2010

Palabras Contadas

Un día chega a dor e ponse sentada en ti manexando o mando a distancia das emocións. Chega e coloca unha lene transparencia sobre a realidade para que todo se distancie. E todo pasa e todo queda, como os ecos das cousas que son, e fodeuse o humor, e quedaches ti a secas, mirando no espello se teñen razón as persoas que din que adelgazas.
___

*Palabras contadas (Xerais, 2006) é un libro de relatos, un catálogo de argumentos de novelas, un videoclip, unha mostra de arte contemporánea e un espectáculo de spoken word. Se non coñecedes o proxecto de Camilo Franco (que me extraña), podedes comezar lendo o libro: en galego ou en castelán.

6 Mar 2010

No meu moleskine XXXI: Importantes



Os tíos telos que facer sentir importantes. Por que cres que se deita con esa? Dígocho eu, porque mostra interés.
___
*A foto chámase Autoportrait devant l'une de ses poupees (1945) e é de Hans Bellmer.

5 Mar 2010

Camiñan descalzas



A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflitos armados ou a violación como arma de guerra son algunhas das temáticas que abordan os relatos e ilustracións de Camiñan descalzas polas rochas. Un libro co que Amnistía Internacional, a editorial Tris Tram e 21 autoras e ilustradoras galegas queren resaltar a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres. Un abuso sistemático que nace da discriminación. Un abuso que mulleres de todo o mundo combaten cada día activamente organizándose, poñéndoo ao descuberto, luitando contra el, modificando leis políticas e costumes, creando outros mundos posibles.
Camiñan descalzas polas rochas é unha mostra desta luita.

Podedes ver todas as ilustracións aquí

2 Mar 2010

Varias axudas e unha única fe



A xente de Chile Ayuda compila as opcións de axuda tralo terremoto nunha web ben interesante e funcional. Segundo parece**, ademáis do Goberno e da Cruz Vermella***, habilitaron liñas de axuda Cáritas, Un techo para Chile, Protectora de la Infancia e o Hogar de Cristo. Ah, e o Teletón. Todas Católicas. Primeiro alucino, despois recordo como me rabiaba o monopolio da cooperación que ten a Igrexa chilena e finalmente penso que, aínda que se supón que coa Cruz Vermella xa se entenden as institucións que axudo a pagar cos meus impostos, desta vez vai ser a única opción.

___
*A imaxe é de Cristóbal Marambio e hai máis aquí.
**Roberto Arancibia confírmame que a xente de Chile Ayuda son "MUY confiables. Es un grupo de muchos jovenes, activistas digitales, emprendedores, etc. Buena gente". E eu fíome del.
***Os principios fundamentais da Cruz Vermella, aquí.
****E, por certo, atopei aquí a historia de César, o compañeiro de Adri no Santiago Austral.

1 Mar 2010

De tristezas culpables e fendas enormes



O sábado 27 de febreiro ás 06:34:17 (UTC), 03:34:17 hora local, o centro-sur de Chile sufriu un terremoto de magnitude 8,8 MW. Un terremoto 900 veces máis intenso que o de Haití. 900 veces. 900!

Eu sei que o país está todo o preparado que pode estar. Sei que a densidade de poboación non é moi alta, que a xente sen recursos vive en casas de pranta baixa e que os edificios novos se publicitan como "resistentes a los sismos". Sei dos carteliños que hai por todas partes. Sei que a xente sabe o que ten que facer. A xente en Chile nace sabendo que calquera día, a calquera hora, entre os temblores habituais, chega o Gran Terremoto y se va todo a la chucha. E sei, tamén, que as vidas humanas valen o mesmo nun sitio que noutro. Dígome a min mesma que non é xusto que me doian tantísimo estas 720 mortes*. Que non está ben que me doian máis que aquelas 150.000.

E xa non é que non estea ben, é que está fatal. Pero é así. Levo 48 horas chamando a móbiles que non van, dándolle ao F5 en todas as miñas contas de correo, no FB, no twitter. Levo 48 horas descontando amigos deses 720. Cada "estamos todos ok" éncheme de osíxeno os pulmóns. E cada hora que pasa agudiza o medo polas mensaxes que non chegan. Polos móbiles que seguen sen respostar.

E penso que non teño dereito a estar tan triste, tan melancólica, tan rabiosa. A quen lle importa que a cama na que me levantei a miña primeira noite en Chile, a fiestra desde a que mirei o Pacífico por primeira vez e manta de punto de miña mai que lle regalei á miña afillada putativa desapareceran debaixo dos escombros? Que máis da que unha das persoas ás que máis quero no mundo e a súa familia escaparan de milagro? O caso é que escaparon, que poden seguir coa súa vida... ou inventar unha nova.

O caso, dígome a min mesma, non é descontar coñecidos deses 720. O caso é que entre 150.000 e 720 hai unha fenda tan abrumadora que parece irreal. Unha fenda de xente que ten amigos que non os puideron descontar. Xente que morreu e punto final. E non por culpa dunha natureza caprichosa e ingobernable, non. Despois disto queda aínda máis claro que toda esa xente morreu por outra causa.

__
* Sei que ese 720 non é definitivo, pero é que o 150.000 tampouco o foi.
Tampouco o é.
**Non todo é bon en Chile, obviamente. Xa o veredes, se escuitades un momento a tele (a que insertei é a Televisión Nacional de Chile) ou vos dades unha voltiña por outros medios locais (esta web pode ser un bo punto de partida).
***E sobre o do exército, o toque de queda e o sacrosanto dereito á propiedade privada prefiro nin pronunciarme.