24 Feb 2005


Por se alguén tiña dúbidas... eu podo asegurar e aseguro que xenético non é, a este non hai quen lle quite o aspirador das mans. Aínda que... estou pensando que na lavadora nunca lle deu por fuchicar.

O noso é puro teatro

Levo toda a semana de ensaio en ensaio e tiro porque me toca. Entre iso, arregla-los meus desencontros coa administración pública e prepara-la unidade didáctica para as prácticas, o informe para o obradoiro do fin de semana (Amnistía lévame again á capital-del-reino) e o traballo para o CAP de mañá acabaron coa pouca vida social que me quedaba.

Por se fora pouco co estrés vital que me caracteriza, o primaveral sol santiagués non era tal e o venres pasado pillei un catarro de agárrate que hai curva. Toda a fin de semana na cama, con couldinas e efferalgans e auga de limón a tutiplén. Ademáis de para durmir e sudar, o finde deume para ensaiar o sábado e o domingo (pero que durírma é a vida do artista, oes), para ler El País do domingo, para votar (in extremis) e para ver un par de pelis malas e unha moi boa. Como lle dixen a alguén en pleno subidón de paracetamol "paso de Clint, paso de Keanu e paso da vida real que non son máis que números verdes caendo, pero que viva Charlie Kaufman e o seu cráneo previlegiado."

O cumio social da semana foi a primeira reunión co titor das prácticas do CAP o luns á hora do recreo (as once e cuarto, de cheo na primeira resaca de codeína do día). Que mítica a entrada do instituto... os mesmos cadros, os mesmos mobles, o mesmo profesorado. Sentinme minguar por momentos e cando din chegado á porta da sala de profesores xa tiña outra vez quince anos. Despois dun vergoñento incidente cun (encantador) ex-profe de matemáticas, por fin din falado co que fora o meu profe de literatura galega en COU, aquel ante quen coa apaixoada inocencia que da a ignorancia defendín a teoría de que robles e carballos eran árbores diferentes... teoría baseada no feito irrebatible de que na miña casa hai un roble e tres carballos. Gracias ó ceo el dixo recordarme vagamente (a min dame a impresión de que non me recordaba en absoluto) e a conversa foi máis ben un monólogo sumamente xeneroso cos meus intereses: "ti non te agobies, fas as clases que queiras, para o curso que queiras, sobre o tema que queiras... como se non queres facer ningunha". Concordamos que preparara unhas seis horas de clase para un grupo de diversificación curricular de 3º da ESO sobre os medios de comunicación de masas e, en máis en concreto, sobre a prensa escrita. Se se me da moi mal, podo fuxir cando queira e se se me da moi ben podo quedar ata que canse... mellor, imposible.

18 Feb 2005

Eu min me comigo?



Confirmado, son una freak. Hai un par de días gastei 27 euros que non tiña nun libro de máis de 1.000 páxinas chamado Cuestionarios Psicotécnicos y de personalidad. E, por se non fora dabondo con pagar por el, encaaaaaaaaatame resolve-los problemiñas... non haberá por aí un traballo de probadora de test psicotécnicos?

Tamén son unha chorona. Intuíao, pero non me agradou moito confirmalo. Semana de tensión en teatro, un par de broncas a destempo (na miña opinión) e alá fun, rompeuse o encoro. Xa pasou, pero estiven a un tris de mandalo todo a un sitio; pa de sufrí xa está o paro.

A fonte de enerxía positiva, como ven sendo habitual, Amnistía. O martes debatemos se seguir traballando con Vietnam mentres non nos pechen definitivamente o expediente de Van Ly, quedan moitos presos de conciencia na cadea e fálase de dúas amnistías máis neste ano. Propuxéronnos defender a un médico condeado por traducir un texto sobre a democracia extraído da páxina do goberno norteamericano (kafkiano, non?), a un xornalista que traballou durante anos no diario do réxime pero que cometeu o erro de publicar en internet as súas propias ideas (adopteino inmediatamente, como poderedes supoñer) e a un profesor de matemáticas.

Agora mesmo voume para a camiña ver a estrea de Telelugo: Lucus Intríngulis (ou algo así), presentado por unha ex compañeira de instituto e realizado por un ex compañeiro do colexio. E eu, desempregada. Xa podían chamar por min.

E xa para rematar, unha confesionciña de nada para que me arreboledes tomates cando me vexades: estou enganchada a unha telenovela de Localia. Un clásico, eso si... Dixéravos que estou no paro?

15 Feb 2005

L'amour



Esta será mi venganza,
que un día llegue a tí un libro de un escritor
famoso y leas estas líneas que el autor escribió para tí,
y tú no lo sepas
Ernesto Cardenal

Non hai tantos anos que lle escribín a alguén nalgures aquelo de "a sublimación do amor é morrer por amor". Daquela, tampouco hai tanto tempo, encantábanme os escritores románticos; a poesía, claro, pero tamén as lendas e os contos populares... historias nas que dúas roseiras unen eternamente os amantes que non puideron comparti-las súas vidas. Non hai tanto diso, digo, e sen embargo hoxendía prefiro máis ben os poetas cínicos e descridos. Sería sinxelo supoñer que levei unha hostia (amorosa) como un mundo que me deixou un sabor de boca (case) tan acedo coma o poema de Cardenal. Pero non, nin sequera. Descoñezo de onde veu esta nova eu como descoñecía de onde viñera a antiga, pero o caso é que cada día estou máis certa de que o amor non é máis que racional autosuxestión.

Dende sempre, dende que teño recordo, cando teño que pasar un pedazo sen falar con ninguén debuxo na miña cabeza o futuro perfecto. Evidentemente, esta vida en estado latente evoluciona comigo: de pequena quería ser cociñeira e vivir na aldea, uns anos máis tarde prefería a vida de multimillonaria presentadora dun concurso xuvenil, despois pensei que o rapaz máis guapo (popularmente aclamado) do colexio e máis eu íamos ser arquitectos ademáis de amantísimos esposos residentes nun fermoso ático branco cunha cociña como a dos Supersónicos. Non tería máis de dez anos e xa daba por suposto que o futuro perfecto esixía alguén perfecto co que compartilo.

Na miña humilde opinión amaremos a quen encaixe nesa idea que temos de nós mesmos, a quen (de paso) axude a que os demais nos vexan como queremos ser vistos. Pode pasar que nos avergoñemos do que realmente queremos e fagamos ver que queremos outra cousa completamente distinta. E tamén pode ser que nos guste alguén que non encaixa no que somos ou no quereriamos ser. Que nos guste mirar para el, que nos faga rir e/ou gozar cando estamos xuntos, pero ¿amalo? imaxina-la vida con el, crer que non poderías vivir se non fora con el, que daría-la vida por el... Moita metafísica xunta para algo tan banal, tan venial.

A metafísica chega cando o metemos nos nosos soños. E encaixa. Pode que mesmo constrúamos soños comúns. E pasa o tempo. E chega un momento no que xa non recordamos que parte do futuro perfecto pensamos nós e que parte pensou o outro. Xa non poderiamos desmadeixalo e non importa, porque xa non poderiamos vivilo sós. Non poderiamos volver empezar. E entón podemos decidir que iso, amigos e amigas, é o amor, que estamos namorados. El é único, a nosa media laranxa, non encaixariamos con ninguén coma con el. E se somos afortunados el pode decidi-lo mesmo, pode que mesmo se dera conta antes ca nós.

Pero a vida é máis longa cá maioría dos poemas e igual que cambiamos de futuro ideal podemos cambiar de media laranxa ideal. Pode que atopemos outra e pode que non. Pode que decidamos dicirllo e pode que non. Pode ser el o que quere outra cousa, o que atopa outra cousa. Pode que quedemos sós soñando soños comúns. E pode que entón decidamos vingarnos, aproveitando ó mellor algún dos soños que sabemos que o outro se quedou para si.
Quizais, que algún escritor famoso lle escribira un poema.

14 Feb 2005


Exitazo de público. A crítica aínda non se manifestou. Aberto queda este humilde blog para aqueles lectores que queiran manifestar o seu parecer. Non se escondan, que os vin cos meus propios ollos entre o público.

Mmm... Ollo coa competencia, Alejandro.

12 Feb 2005

Semana de histeria colectiva e individual.
  • Comezamos os ensaios diarios; nós durmimos cinco horas e, a cambio, a obra vai tomando forma. Teño unha escea xenial, triste e fermosa... encántame, reconcíliame co mundo, pero non vos podo adiantar nada.
  • Foi tamén semana de pegada de carteis. A primeira foi cos de Amnistía, con nocturnidade e alevosía. É divertido o de ir coa basoira e o cubo pola cidade adiante, tapando anuncios de disco Hermo. Despois fun con miña irmá polos comercios lugueses, remprazando os do Entroido e compartindo portas cos do Comercio Solidario e cos de Xesus-Cristo. O gremio máis xeneroso, o das zapaterías.
  • Hoxe comprobaremos se tanta cartelería da resultado, ás oito no Gustavo Freire outing dunha servidora no espectáculo máxico Armas Baixo Control, agasallo do Mago Antón e cía. para Amnistía Internacional de Lugo. Xa vos contarei en que condicións viven os coellos brancos que saen dos sombreiros de copa.
  • Estes días tamén andiven a voltas co post que teño prometido e que non sei se serei quen de escribir... é un streap-tease mental que non sei se estarei preparada para ofrecer. Alomenos mentres non teña tempo para facelo ben.
  • E tampouco me gustaría olvidarme desa tarde de CAP en Compostela. Hai poucas cousas que me enfaden, pero conducir tres horas para presenciar catro horas e media de conversa de bar entre filólogos descoñecidos é unha delas. Meu deus, estudiar unha carreira debería de estar contraindicado. Seremos todos así? As primeiras dúas horas de debate sobre se as preguntas de comprensión lectora para o alumnado de secundaria deberían limitarse a parafrasea-lo texto colléronme por sorpresa. Que prepotencia! Serían eles tan inútiles cando eran rapaces? Un descanso e un chute de cafeína máis tarde xa puiden goza-la experiencia como merecía, rindo. E como non rir?
  • Chiste de filólogos:
    Esto é un profe que lles di ós seus alumnos (galegos):
    -Un exemplo de epíteto é "herba verde".
    E dinlle os alumnos (galegos):
    -E logo a herba seca?
    (Risas)
    E di o profe:
    -Si, tedes razón. A herba pode non ser verde. Pois logo, "nubes brancas".
    E dinlle os alumnos (galegos):
    -Profe, as nubes non son brancas, son grises.
    (Risas).
    Iso sí... os de filoloxía non chegan ó nivel cómico de insignes alumnos de xornalismo como Pura Zato ou Natacha con debates como aquel sobre a lonxitude da cola (?) do vestido de noiva de Lady Di.

10 Feb 2005


O outro día tomei esta bucólica foto en cas'Tuñez, deume por aí, por facer fotos a descoñecidos, aburrida como estaba de esperarar a que Xabi recusitase o seu portavións (por Dios, intenta arrancarlo). En fin, debían estar falando dos traballos, ou dos exames, ou da chea que levaba a noite pasada o profe de turno no bar de moda. En calquera caso, sentinme taaaaaan identificada! Non hai tanto tempo nós estabamos aí mesmo, e míranos agora... alomenos a cen quilómetros de distancia! Onde estarán eles en cinco anos?

8 Feb 2005

Os sendeiros do google son inexcrutables. Buscando información sobre o meu titor das prácticas do CAP, atopei esta marabilla. Aficionada como son a fozar nas vidas alleas, empregueime a fondo ata que atopei este documento único dun ídolo de xuventude (ollo á foto, lugueses e luguesas, é impagable). Despois picoume a curiosidade: que sería de don Xurxo de Vivero tralas eleccións do 99? O google non ten a resposta (non as ía ter todas), pero sí un link raroraroraro no que aquel que sabe "toda la literatura universal de la A a la Z" recomenda a uns ex-membros do Opus que busquen axuda sicolóxica. Daquí alí fun dun chimpo. E despois, como non, caeron as fontes orixinarias. Aí vai unha peroliña:
Para que en el matrimonio se conserve la ilusión de los comienzos, la mujer debe tratar de conquistar a su marido cada día; y lo mismo habría que decir al marido con respecto a su mujer. El amor debe ser recuperado en cada nueva jornada, y el amor se gana con sacrificio, con sonrisas y con picardía también. Si el marido llega a casa cansado de trabajar, y la mujer comienza a hablar sin medida, contándole todo lo que a su juicio va mal, ¿puede sorprender que el marido acabe perdiendo la paciencia? Esas cosas menos agradables se pueden dejar para un momento más oportuno, cuando el marido esté menos cansado, mejor dispuesto.

Otro detalle: el arreglo personal. Si otro sacerdote os dijera lo contrario, pienso que sería un mal consejero. Cuantos más años tenga una persona que ha de vivir en el mundo, más necesario es poner interés en mejorar no sólo la vida interior, sino —precisamente por eso— el cuidado para estar presentable: aunque, naturalmente, siempre en conformidad con la edad y con las circunstancias. Suelo decir, en broma, que las fachadas, cuanto más envejecidas, más necesidad tienen de restauración. Es un consejo sacerdotal. Un viejo refrán castellano dice que la mujer compuesta saca al hombre de otra puerta.

Por eso, me atrevo a afirmar que las mujeres tienen la culpa del ochenta por ciento de las infidelidades de los maridos, porque no saben conquistarlos cada día, no saben tener detalles amables, delicados. La atención de la mujer casada debe centrarse en el marido y en los hijos. Como la del marido debe centrarse en su mujer y en sus hijos. Y a esto hay que dedicar tiempo y empeño, para acertar, para hacerlo bien. Todo lo que haga imposible esta tarea, es malo, no va.

No hay excusa para incumplir ese amable deber. Desde luego, no es excusa el trabajo fuera del hogar, ni tampoco la misma vida de piedad que, si no se hace compatible con las obligaciones de cada día, no es buena, Dios no la quiere. La mujer casada tiene que ocuparse primero del hogar. Recuerdo una copla de mi tierra, que dice: la mujer que, por la iglesia, / deja el puchero quemar, / tiene la mitad de ángel, / de diablo la otra mitad. A mí me parece enteramente un diablo.
Non vos soa? Xuro ante sanjosemaría que teño un millón de cousas interesantes que facer, por que acabarei sempre perdendo o tempo con estoutras?

Antena 3 e as súas antenatresadas

7 Feb 2005


El Progreso, luns 7 de febreiro de 2005.
O galego é en Galicia unha lingua viva, aínda maioritaria e a súa fortaleza resulta sorprendente, segundo se desprende dalgunhas das múltiples consideracións recollidas no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

Na diagnose feita, con datos provisionais do censo do 2001 (IGE) e dos censos de poboación e vivendas do mesmo ano (INE), determínase que dunha poboación de 2.587.407 persoas, o 56,64% (1.470.836 persoas) falan sempre galego. Outro 30,29% (783.780 persoas) fálao ás veces e un 12,86% (332.791) non o fala nunca.

Apuntes. O castelán, segundo as previsións do plan da Xunta, non sofriría mal algún co crecemento do uso do galego. O obxectivo do programa é protexer a quen fala galego e estimular a que o flaen cantos o coñecen e cantos queiran aprendelo.

Pé de foto: O 99% da poboación recoñece que entende o galego
E nós preocupados.


Pero que es esto? Pero que invento es este?
Por favor, parece mentira. Como se pode ser tan inútil como para ter as respostas dun exame tipo test e poñer ben ata as de reserva... é que canta, ho, canta.
Recibo via mail dende Barcelona:
El machismo de Disney
"Admirada tú serás, si callada siempre estás. Sujeta bien tu lengua y triunfarás". Esta canción de la película de Disney La sirenita resume el premiado trabajo de final de bachillerato de una estudiante barcelonesa, Lara Cano, en el que denuncia el mensaje machista que transmiten los filmes de cuentos de la fábrica de sueños.
Cano, de 18 años, comparó las versiones originales de narraciones como Blancanieves, La Cenicienta y La bella y la bestia y sus adaptaciones a la gran
pantalla. Para ello realizó un complejo estudio estructural, morfológico y psicoanalítico, utilizando desde la técnica de análisis matemático de las funciones de los personajes de los cuentos, ideada por Vladimir Propp, hasta el psicoanálisis de Freud.
El resultado es demoledor. "Disney modifica, incorpora o suprime ciertas funciones de los cuentos tradicionales que hacen que se alteren sus valores educativos", asegura. La mujer es la que sale peor parada: "Son tontas, sin decisión propia y dependientes del hombre o los animales".
Otro ejemplo es la escena en la que los enanitos imponen a Blancanieves la condición de fregar para quedarse en su casa, "y ella acepta encantada". Esta tendencia fue más acentuada en los años 40. "A partir de ahí la mujer aparece más rebelde e independiente. La sirenita se enfrenta a su padre y la protagonista de La bella y la bestia rechaza al apuesto Gastón". La autora, que ahora dice ver las películas infantiles "de otra forma", advierte de que aún persisten muchos clichés machistas, y no sólo en Disney. "Shrek, el gran éxito de Dreamworks, está repleto de ellos y, a pesar de presentarse como un anticuento, el héroe vuelve a ser masculino".

Premis UAB a treballs de recerca de Batxillerat. Primera convocatòria. Curs 2003-2004. Àmbit de les Ciéncies Socials i Ciènces Humanes. Segòn Premi.
Vénseme á cabeza o discurso prepotente dos que se enchen a boca falando do burros que son os rapaces hoxendía.

Estiven tomando un algo en cas'Túñez. Que boas, as palmeras de chocolate d'A Capital. Mmm... O café, máis saudable có do Candilejas (non era difícil) e menos efectivo có daquela mítica máquina da facultade vella.

5 Feb 2005

Aí vai o meu.

01. Que hora é: 15.47
02. Nome: Sonia
03. Cumpreanos: 13 de decembro
04. Signo Zodiacal: saxitario
05. Tatuaxes: un símbolo chino pequeno na parte baixa da espalda
07. Estación favorita do ano: outono-inverno
08. Unha película: nunca dou respondido a estas cousas, depende de onde, cando, con quen e para que...
09. Estiveches noutro continente: Non, pero encantaríame. Sobre todo, devezo por ir a américa e a áfrica
10. Amaches tanto a alguén como para chorar: non
11. Estiveches nun choque de coches: non
14. Pepsi ou Coca cola: coca cola
15.Cervexa o viño: viño branco moi frío, mmm...
16. O vaso medio cheo ou medio baleiro: depende do día, pero en xeral supoño que adoito velo máis ben cheo.
17. Color de roupa interior favorito: negro e/ou de colores fortes, non me gustan os tons pastel.
18. Número de calzado: 36
19. Número favorito: 3 e/ou 13
20.Tipo música: son unha ignorante con escasísimo interese, polo que normalmente escoito só aquelo que me gravan, me regalan ou me recomendan os bos amigos. de entre esa ampla oferta tiven unha época cantautores (na facultade), unha máis ben popera (de erasmus) e unha jazz/blues que aínda non superei de todo. tamén me gusta moito o rock dos 70.
21.Unha canción: "negra sombra" e/ou "dark eyes"
22. Café ou Té: ambos e en cantidades industriais
23. Flor(es): as rosas, os tulipáns, as calas e as margaridas. tamén me gustan moito as mimosas, pero son tan caras de ver.
24. Conversación máis detestada: encántame falar, non creo que haxa unha soa cousa da que deteste conversar... o que si hai é xente coa que non me gusta falar (normalmente é máis unha cuestión de forma que de fondo, o que me molesta non é o que din senón como o din)
25. Disney ou Warner Bros: disney
27. Comida favorita: mmm... a tortilla da miña tía lupe, a merluza ó forno de miña nai, o churrasco de meu pai, a pasta con olivas negras de Maurizzio, os frijoles de Javier, as verduras con arroz de La-Fran, unha boa chuleta con ensalada de leituga e freixós con dulce de leite de postre (by myself), o baklaba de pistacho e, sobre tódalas cousas, o xelado de limón.
28. Color favorito: o negro e o vermello. sobre todo combinados.
29. ¿Cómo te ves no futuro? pois, agora que o preguntas, véxome traballando como freelance para os medios máis prestixiosos do mundo mundial e convivindo cun home marabilloso (pode ser arquitecto ou director de cine, ou as dúas cousas). Teremos un piso precioso na zona vella de santiago que fará as veces de tobo ó que volver para recuperar enerxías entre viaxe e viaxe.
30. De quen recibiches este mail: de María
31. Que farías se che tocase a lotería? compra unha mini-dv e un bo portatil e comezar a miña carreira como freelance en américa latina
32. Quen pensas que responderá a este mail máis rápido: non llo vou reenviar a ningúen, así que...
33.Quen pensas que tardará máis en responder? ...
34. Cando saes que bebes? se conduzo, café con leite e con xeo; se non, tanquerai con sprait e limón esprimido
35. Estilo de vestir: depende da situación, pero en xeral son bastante despreocupada con esas cousas, así que supoño que será "casual" se entendo ben o que significa o termo.
36. Amigos/as especiais: todos/as, se non foran especiais, non serían amigos/as
39. CD preferido: os guachis I e II que me gravou javi.
40. Un animal: en teatro son unha mestura de pega, lagarto e vaca.
41. O primeiro que pensas cando espertas: café, café, café
42. As tormentas, gústanche ou asústante?: gústanme, encántanme, supoño que en parte será porque me asustan
43. Se puideras ser outra persoa, quen serías: mmm... vaia, supoño que sería eu mesma, porque unha nunca pode estar segura de que sexa mellor ser ninguén máis e sería unha putada equivocarse e vivir toda a vida pensando que aquela decisión te fixo infeliz... deus, que agobio só de pensalo.
44. Algo que tés posto sempre: a cabeza. anque di miña nai, que é só porque a teño prendida, que senón seguro que a deixaba por aí tirada no primeiro bar.
45. Que hai nas paredes do teu cuarto:, un debuxo que me fixo pili hai anos, un relato que escribiu miña irmá cando lle regalaron a máquina de escribir eléctrica pola súa comunión titulado El Bulto (super-gore, encántame), un par de ensaios fotoxopeiros, un poster de Nunca Máis e unha pegatina laranxa fosforescente que me regalou a miña prima Iria firmada hai máis de 10 anos, cando aprendeu a escribir, que di "A túa lingua é a túa honra, fala galego".
46. Que hai debaixo da túa cama: outra cama
47. Escribe algo á persoa que che enviou este e-mail: se ves que esta noite hai tres ninjas que te putean, non te piques e invítaos a cadanseu llintoni.
48. Persoa que tal vez non conteste: ...
49. O que seguro responde: ...
50. Quen che gustaría que respondera: ...
51. Deporte favorito: ningún, e despois... para practicar, baloncesto e para ver, calquera menos o fútbol.
52. Tímida ou extrovertida: depende, sempre me tiven por extravertida, pero agora hai quen di que son unha tímida tan tímida que nin sequera quere que a xente saiba que é tímida.
53. O teu alcume: ningún, que eu saiba.
55. Unha frase que che encante dicir: "mira que hai poucas cousas que me joden, eh, pero se algo me jode, eso é..."
56. Quéreste despedir de alguén en especial: non
57. Libro favorito: buff, non sei. Brave New World, de Huxley. Creo.
58. Gustaríache que che regalasen un ramo de flores?: se é porque acabo de gaña-lo premio planeta e ven acompañado dun cheque por cincuenta quilos, entón si.
59. Opel o SEAT: Renoliño forever.
60. Doce ou Salgado: depende. primeiro salgado e despois doce.
61. Lugar preferido: Mmm... non gasto diso. Calquera lugar é susceptible de ser especial nun momento concreto.
62. Conformista ou inconformista: Inconformista, en todo.
63. Cres que o amor pode durar eternamente?: Nin sequera estou segura de que o amor, como tal, exista. Sacrilexio!!! En fin, paso de contar aquí a miña teoría ó respecto, a quen lle interse que pida explicacións.
64. Gústache conducir?: non, gústame ser copi.

3 Feb 2005


Armengou ataca de novo este domingo en Documentos TV. Fainos boa falta.
Onte:

Buenafuente 29,6% -1.927.000
Crónicas marcianas 24,7% -1.622.000
La azotea de Wyoming 11,8% - 659.000

Os mércores son o teu día, rei.

2 Feb 2005

Armas baixo control



O 12 de febreiro do ano pasado estaba eu sentada nos ordenadores da biblioteca da Pompeu-Ramblas escribindo para Amnistía Internacional de Cataluña:

EL CIRCO DE LAS ARMAS PERDIDAS
Cuando "los tres de las Azores" decidieron que las "armas de destrucción masiva" de Sadam Hussein suponían un peligro tan inminente que bien valía actuar de espaldas a la ONU, salimos a la calle a comunicarles amablemente que no colaba. Y no coló. Pero dentro de esa mentira tan obvia se escondía una aún mayor: el Peligro está en las "armas de destrucción masiva", ésas son Las Armas, y no las que en EEUU te regalan al abrir una cuenta bancaria. El recientemente fallecido comandante Pérez García sostenía que el problema en Irak era la existencia de "demasiadas armas fuera de control". No se refería a sofisticadas bombas nucleares, sino a las llamadas "armas ligeras". De hecho, al comandante español lo mató una "simple" bala mientras Bush, Blair y Aznar entretenían a la audiencia mundial con su particular teatro de sombras chinas. Un informe de Amnistía Internacional, IANSA y Oxfam nos cuenta, entre otras cosas, que en 2001 se fabricaron al menos 16.000 millones de proyectiles; ¡más de 2 balas por cada habitante del planeta! Nuestro Pepito Grillo particular nos explica también, ¡sorpresa!, que los miembros permanentes del Consejo de Seguridad de Naciones Unidas (EEUU, Reino Unido, Francia, Rusia y China) manejan el 88% de este rentable bazar armamentístico. Estando así las cosas, podemos elegir entre seguir disfrutando con el circo mediático de las armas perdidas o exigir a los medios que nos cuenten qué pasa con esas dos balas y pico que nos corresponden a cada uno de nosotros. A mí me gustaría saber quién fabricó, quién vendió y quién compró las mías.

As casualidades existen. O día 12 deste mes no Gustavo Freire, máis e mellor.

1 Feb 2005


Parabéns, pai Van Ly.
Será que funciona aquelo do Non estou dacordo co que dis, pero defenderei coa miña vida o teu dereito a expresalo? Estou tan contenta...