18 Feb 2005

Eu min me comigo?



Confirmado, son una freak. Hai un par de días gastei 27 euros que non tiña nun libro de máis de 1.000 páxinas chamado Cuestionarios Psicotécnicos y de personalidad. E, por se non fora dabondo con pagar por el, encaaaaaaaaatame resolve-los problemiñas... non haberá por aí un traballo de probadora de test psicotécnicos?

Tamén son unha chorona. Intuíao, pero non me agradou moito confirmalo. Semana de tensión en teatro, un par de broncas a destempo (na miña opinión) e alá fun, rompeuse o encoro. Xa pasou, pero estiven a un tris de mandalo todo a un sitio; pa de sufrí xa está o paro.

A fonte de enerxía positiva, como ven sendo habitual, Amnistía. O martes debatemos se seguir traballando con Vietnam mentres non nos pechen definitivamente o expediente de Van Ly, quedan moitos presos de conciencia na cadea e fálase de dúas amnistías máis neste ano. Propuxéronnos defender a un médico condeado por traducir un texto sobre a democracia extraído da páxina do goberno norteamericano (kafkiano, non?), a un xornalista que traballou durante anos no diario do réxime pero que cometeu o erro de publicar en internet as súas propias ideas (adopteino inmediatamente, como poderedes supoñer) e a un profesor de matemáticas.

Agora mesmo voume para a camiña ver a estrea de Telelugo: Lucus Intríngulis (ou algo así), presentado por unha ex compañeira de instituto e realizado por un ex compañeiro do colexio. E eu, desempregada. Xa podían chamar por min.

E xa para rematar, unha confesionciña de nada para que me arreboledes tomates cando me vexades: estou enganchada a unha telenovela de Localia. Un clásico, eso si... Dixéravos que estou no paro?

No comments:

Post a Comment