27 Jan 2006

A sebya horosho

ruski keyboard

Sigo viva. É máis, estou ben. Algo estresada, pero ben. Acabei Tokio Blues, que por certo é un deses libros que te jode acabar, porque estás tan metida na vida das personaxes que non soportas que che pechen o buratiño polo que os espiabas. Despois, e do tirón, lin Háblame musa de aquel varón e Carta Blanca, que levaban meses na recámara. Xa sabedes como é, cando tés que estudiar engánchaste a todo canto libro e película atopas. A min, ademáis, éntrame unha necesidade frenética de deixa-la casa impoluta. En fin, que os libros están ben, sobre todo o de Lorenzo Silva, do que me declaro xa seguidora absoluta. Ademáis de ler, ver pelis e limpar, adico a maior parte do meu tempo a entender o funcionamento do sistema capitalista. E, sobre todo, a entender aos que o sustentan. Tras algunha desafortunada discusión política, cheguei á conclusión de que o mellor que pode facer alguén das miñas características en-un-sitio-como-este é ver oir e calar. O malo é que vai contra a propia esencia da miña natureza. E o bon é que cando se acaban as diferencias empeza o vodka (ou era ao revés). Onte fun cear cos de ruso a un mini restaurante ruso (un dos pros das urbes). A comida estaba boa (o postre, riquísimo) e a compañía foi muito máis agradable do que esperaba... e, de regalo, tropeceime cun sarriano nun bar hip-hopero. Ningún dos dous sabiamos quen era o outro, pero recoñecímonos na multitude... Flipante.

18 Jan 2006

Cousas que nunca vos dixen

Comprei unhas botas negras de tacón, estilo nai carca. E un radiador. E unha cama. E un reproductor de MP3. E Tokio Blues. Non sei se me gusta verme reflectida en Naoko, pero non atopo argumentos para negar o parecido. Asústame que alguén que non me coñecía descubrise en min trazos que nin eu misma vira. E asústame aínda máis intuir o futuro da personaxe.

Tokio Blues

Fun ao concerto de aninovo que celebraba a embaixada rusa en Mdd. Romanzas rusas en ruso... fermosísimas. Gustaríame mandarvos unha foto da mau do cantante acariñando o pé de micro. E outra da man esquerda do guitarrista (que terei eu coas maus esquerdas dos guitarristas). E outra máis das pinturas que hai nas paredes da embaixada. Invitoume E., unha curmá á que sempre dixeron que me parecía muito e á que non vira máis de tres veces na miña vida. Pode que nos parezamos. Encataríame que nos pareceramos.

Xa me mudei ao meu pisiño de 30 metros cadrados. Botaba (muito) en falta a intimidade. Agora boto (algo) en falta a familia. Nunca pasara tanto tempo seguido co meu abuelo (o materno, o paterno non o coñecín). Nin el comigo. Pónme algo triste pensar niso, no improbable que é que volvamos pasar nunca máis tanto tempo seguido xuntos. A semana que vén volve á casa. Gustaríame que nos virades por un furadiño darlles a paliza ás pijas do Corte Inglés...

Encántame o ruso. E o profesor de ruso. Non dun xeito romántico, entendédeme ben. Pero é que é unha das persoas máis raras (boas) que coñecín na miña vida. É absolutamente xenial: divertido, xeneroso, honesto e freak.

Encantaríame mandarvos pedaciños das conversas que me rodean na Academia. Algún comentario machista que deixa polas nubes ao xa mítico lo-miraaaaamos de xornalismo. Antonte case me vai mal da mala hostia que me subiu polas cóstas co comentario dun profesor. E coa resposta das mulleres que me rodeaban. Tamén vos mandaría algunha conversa interesante. E algunha información previlegiada. Non sei. Ás veces penso que todo isto sería moito mellor se tivese xeito de compartilo.

Levo dez horas e cuarto neste edificio. Must go.

12 Jan 2006

Estou viva

Working Girl

Non sei por canto tempo, pero de momento parece que respiro. Escríbovos dende un ciber da capital do imperio. Xa teño a miña roupiña, os meus libros, a miña vaquiña cooperante (xa vola presentarei) e a Mariña perfectamente instalados no meu futuro fogar. Eu, sen embargo, durmirei unhas noites máis na de miña tía mentres non me traian a cama que comprei a principios de semana. Non teño (nin terei) internet na casa, pero a Academia ten unha conexión wifi de-la-hostia da que poderei facer uso en canto miña irmá me mande a tarxetiña que deixei (son así, un encantador desastre) en lucus. Mentres, fago uso do típico locutorio internacional que ten os grandes éxitos de Shakira a todo trapo.
A vida urbana segue gustándome tanto como antes. Nada. Erguerse cando aínda non puxeron as rúas, miniducha, café rápido, carreira cara ó metro, ser incapaz de meterte no primeiro que pasa, loitar (xa picada) para entrar no seguinte, sardiñas en lata, paseo tranquilo ata a Academia, café de máquina (nada que ver coa da facultade vella de Santiago... nin co café), o máster...
O máster merece un post propio, pero adiantareivos un par de detalles: non podemos levar calzado deportivo nin camisetas nin nada que non levara Sigourney Waver naquel flin mítico e non somos estudiantes senón "ejecutivos en proceso de formación y selección".
Tela.

5 Jan 2006

Marinha en Viveiro
Corre, dijo la tortuga,
atrévete, dijo el cobarde,
estoy de vuelta, dijo un tipo
que nunca fue a ninguna parte

Preséntovos a Mariña. Quen nos xuntou di que nos parecemos. Será polo das cores ou polo de andar coa casa ás costas?

4 Jan 2006

Metro Madrid

Sumo despedidas. Algunhas, quizais por ser as primeiras, fixéronseme algo máis costa arriba. Outras, varias veces repetidas, teñen un tinte de irrealidade que desconcerta. Unhas e outras vanme achegando á nova realidade. Bótolle un ollo a aquela guía que comprara (vai ti saber por que) nunha librería de segunda mau despois da última proba de acceso. Investigo en internet os prezos das habitacións en alquiler. Trazo rutas hipotéticas dende cada unha delas ata o máster. Mando o meu currículo a FNAC. Estreo a axenda que me regalou a doutora Fleishman nos meus 26 anotando aniversarios, algunhas datas importantes, teléfonos aos que recurrir cando me sinta soa na capital do imperio... E comezo (como xa fixera en Barcelona) a devecer polas visitas. Decídeme que viredes.
Teño que recuperar a Cortázar.

2 Jan 2006

A vida ten os seus ritmos (II)

Edith S. Watson

E á miña parece que lle proen os nove meses de monotonía. Unha vez máis, mudo de casa de coche de traballo de amigos de pel. O caso é que levo catro reconstruccións vitais consecutivas e cada vez custa máis tirar os muros vellos para deixarlles sitio aos novos. Sei que vou estar ben, que vou ser feliz (sempre o son), pero (por primeira vez na miña vida) témolle á soidade...
E a equivocarme de camiño.
Ao final non sei se non quererei un GPS.

Regálovos...

...a miña felicitación de aninovo favorita. É de Isus e di así:

felicitación jesús
E ti, queres un GPS para o 2006?
Ou prefires camiñar sen rumbo?
Saúde e sorte