28 Mar 2010

Lucía Joyce



Los primeros brotes de hebefrenia hicieron aparición cuando Lucía tenía alrededor de 25 años. A los 28 años la internaron en el manicomio de Ivry, en las afueras de París, y desde entonces jamás volvió a poner un pie en la calle. La relación con su madre y con su hermano jamás dejó de ser difícil, pero Joyce se desvivió por su hija hasta el final de sus días. Se sentía responsable de su locura. Estaba convencido de que había heredado de él una versión maligna de su talento que acabó por destruir su razón.
___
*El País deume hoxe tres motivos para arrepentirme de gastar os 2.20 euros que custa: (1) falta de filtro e palabraría barata de experto na materia; (2) inexatitude e parcialidade nun tema controvertido; e (3) ruin propaganda empresarial disfrazada de información sectorial. A cambio, regaloume a figura de Lucía Joyce nunha reportaxiña algo estraña que firma Eduardo Lago (?). A ela pertence fragmento.
**A foto é a cuberta dun libro de Carol Loeb Shloss, unha profesora de Standford que, polo visto, tivo problemas coa familia á hora de publicalo. Encantaríame lelo.
Mentres tanto, conformareime con isto.
***Nesta páxina hai un montón de fotos da familia Joyce. Muitas delas, por certo, son de Berenice Abbot.
****Agora que ando enleada en In Treatment, alégrome de que non todos os fillos de escritores famosos acaben igual.

4 comments:

  1. ascárida9:37 pm

    E os fillos dos fruteiros?

    ReplyDelete
  2. Cos dos labregos, supoño, ninguén lles di nada e van ao que lles toca.

    ReplyDelete
  3. ascárida10:19 pm

    Xa non quedan deses (aquí). Agora todo é sacarse fotos nos baños en plan zorra.

    ReplyDelete
  4. Jajajaja. Eu xa estou practicando os morritos e a inclinación de cabeza. O do escote hai anos que o teño dominado.

    ReplyDelete