23 Mar 2010

A tele



Cando era pequena, na casa só había unha tele. Estaba na sala, cos sofás de skai vermellos, e só podíamos vela todos xuntos. Cada vez que miña mai nos pillaba vendo a tele sós, queixábase de ter uns fillos que non atopasen nada mellor que facer que eslongarse nun sofá a papar o que lles botasen. Apagábaa. Poñíase no medio. Tirábanos un coxín á cabeza. Obligábanos a levantarnos. Eu era a única que escapaba desta lei materna, porque me despertaba ás sete da mañá todos os días do ano e cando non estaba vendo a tele andaba detrás dela choromicando: abúrrome, cóntame algo, abúrrome, cómprame un libro, abúrrome, vamos de paseo, abúrrome... Lin a enciclopedia para ter un argumento sólido e irrefutable: pero, mami, non hai ningún libro na casa que non lera, xa o sabes.
Regaláronme unha tele para o meu cuarto.

Durante anos, o primeiro que facía ao levantarme pola mañá era encender a tele. Víao todo. Aerobic, telediarios, debuxos, series, a Hermida, a María Teresa Campos, a Nieves Herrero, a Paco Lobatón. Todo. Tamén o Agro. O programa do Parlamento. Os culebróns. Os talk show. Os realities. Todo o peor. Todo todo. Durante anos, muitos anos, fun unha guía da televisión andante, fun a pesada que sabe a que outros actores dobra un actor de dobraxe, fun a típica que tararea pola calle a sintonía dun programa e fun, ademais, imbatible ao xogo aquel de descubrir o produto nos primeiros segundos do anuncio. Dediqueille dous anos da miña vida a ler artigos científicos sobre a influencia que ten a televisión na construción da identidade, por Dios!

E agora son incapaz de ver media hora seguida de tele. Incapaz. Como pode ser? Como chegamos a este punto en menos de dez anos?

13 comments:

  1. Sóname a historia... non sabes canto!
    Eu atopei un resquicio de cordura (iso si, moi dependente de gustos persoais): os debuxos animados. Estes, a maioría, apenas cambiaron. Aínda me queda esperanza.
    :)

    ReplyDelete
  2. La tele ha cambiado mucho en diez años, no?? Imagino que a medida que pasa el tiempo nos damos cuenta de que la identidad se construye en más lugares, y menos mal... aunque no me quiero poner en plan "rozamos los límites de la escoria televisiva" (que lo pienso, eh?), porque también podría verlo como algo que me enseñado a "razonar"... En fin.
    Besines.

    ReplyDelete
  3. Na miña casa tamén había só unha, como era vella, só se vía en cores vermellas, pero dábanos igual. Tamén, miña nai sempre nos atopaba algo mellor que facer, e dicir que nos aburriamos levaba como resposta pois "alistádevos". A cousa era, "pero estades aí sentados coma dous pasmarotes, ¿non tedes nada mellor que facer?". Se diciamos que non logo nos atopaba, ou para fora ou a votar unha man. Rápido aprendemos a coller un libro.

    Eu vía a tele na casa dos meus amigos, eles vían unha chea de cousas e eu non me enteraba nas conversas, dábame moitísima rabia. Hoxe, a miúdo, ocórreme algo parecido, máis, salvo un par de dibuxos animados que seguro estaban moi ben, síntome bastante ben coa miña ignorancia.

    ReplyDelete
  4. Mmm... pero o caso é que a min gústame a tele. Divírteme (ou divertíame) vela, gústame o que supuxo como medio de comunicación e creo que ten tantas posibilidades... O que pasa é que agora xa non teño tempo nin para aburrirme nin para alistarme (que bon, por certo) e o pouco que teño creo que o chupa integramente estoutra pantalla, que ten varias vantaxes indiscutibles: eu elixo cando vexo que, sen cortes e en versión orixinal...

    ReplyDelete
  5. Fantástico post!!!!

    Me he reido mucho imaginándote de pequeña detrás de tu madre dando por saco jajajaja.

    Y por cierto, leyendo tu blog le estoy cogiendo cariño al gallego.

    Besos!

    ReplyDelete
  6. Sonia, será porque tes 10 anos máis sumado ao notable cambio de programación -que ademais se foi homoxeneizando a pesares do aumento de número de canles en común?

    Eu, ao contrario de Beluka creo que os debuxos también cambiaron -refírome aos que poñen nas canles convencionais e de acceso a todo o mundo- e, desafortunadamente, para mal respecto aos valores que transmite.

    A miña tele, os domingos tómase descanso, igual ca min.

    ReplyDelete
  7. A min pasacheme o mesmo. O temo que gastaba antes pasmando diante da tele, é o que gasto agora pola rede adíante. E os días non dan para máis!
    Iso si, tou convencido de que saímos ganhando co troco
    Un saudinho

    ReplyDelete
  8. je je je, Roberto, es que si para algo tengo yo talento en la vida es para dar por saco :-P

    Rosalía, a programación e máis eu cambiamos neste tempo. Está claro. Pero eu espero ter mellorado algo, aínda que fora pouquiño, e na tele ás veces penso que nestes anos non houbo máis innovación que a de desquiciar fórmulas de éxito ata convertelas en esperpentos. Eu fun defensora dos primeiros realities e observei con curiosidade os programas "do corazón" que xurdiron da súa estela, pero agora non vexo nada novo, nin interesante, nin atraínte. E non digo "educativo", eh, digo atraínte, divertido. Se cadra é que me volvín unha snob desas que repudian a tele por defecto. Espero que non. Pero jódeme, porque sempre pensei que a tele tiña un elemento vertebrador mui interesante e agora sinto que estou fóra. Non sei.

    Un saúdo W.Sobchak, benvido!

    ReplyDelete
  9. Agropensador errante6:04 pm

    Chica, como cantaría Astrud, Noam Chomsky se ha enamorado de ti.

    Sí, es cierto. A mí me pasaba y ahora me pasa. Ciertamente (me encanta este adverbio tan mal utilizado), hemos sustituido aquella pantalla por esta, en la que, al menos, interactuamos y no nos tragamos todo lo que nos ponen. Hemos ganado y hemos perdido. Hemos ganado calidad y perdido a la vez, porque ahora la tele sólo busca impactos y no juega, como antes, hasta con nuestros silencios. En fin.

    El caso es que yo tengo un cacho de tele que sólo pongo para ver pelis, el fútbol, el telediario y jugar a la play station. Horas total a la semana: creo que no llego a 7. Muy guay.

    Besos

    ReplyDelete
  10. Eu creo q está claro... tes unha "inchenta" de tele (a min me pasou co aguacate, acórdate), tomaches demasiada e ahora che da noxo pensar nela :D.
    Eu tamén fun unha consumidora "voraz" de tele, e vin de todo, de lo bueno, de lo malo y de lo peor... e ahora, aínda q de vez en cando aínda a poño, o certo é que está máis tempo apagada que encendida...
    Eu creo que a calidade dos programas é unha razón,pq. é evidente que en estos dez anos, en lugar de mellorar se empeorou... pero outra razón, creo eu, é que ahora temos moitos máis medios para facer e ver as cousas que nos gustan e nos resultan interesantes en calquera momento, incluso para ver os programas de tv, as películas ou as series que nos de a gana e cando nos de a gana.
    Eu creo q a clave está no que dice Agropensador, cambiamos unha pantalla por outra. E ti da primeira de desengancharías, pero da segunda... vamos ter que mandarte a unha clínica en calquera momento :P.

    ReplyDelete
  11. anITA, Emereci. Os leo y lo entiendo todo. Pero, anda que no molaría un curso intensivo de gallego. Sería genial. Ni zorra de inglés y hablando gallego.
    Bicos!

    ReplyDelete
  12. jajajaja. Tés toda a razón, anITA. Esta fin de semana apagueino tres días. Así lle puxen a cabeza a miña mai... como un bombo!

    Mi inglés empeora por momentos, pero con el gallego aún tenemos posibilidades, Agropen. A ver si se produce la alineación de tres planetas y dos estrellas que estoy esperando y me puedo escapar a la Galicia del sur en primavera... así, de paso, miro por tu ventana. Si no, vas a tener que subir tu a ver al Papa. O al Santo. O a las hordas de cristianos adolescentes... al Xacobeo, vaya.

    ReplyDelete
  13. Aquí outra, aquí outra! Outra á que acudían os familiares para saber a programación a calquera hora e en calquera canle... pero xa non. De feito non merquei o aparelliño da tdt e sei que a tele puña que a partir do 10 de marzo se deixaba de emitir, pero non sei se é certo porque non a acendín aínda,... iso si, aquí boto unhas cantas horiñas... e non van a menos, van a máis :-/

    ReplyDelete