29 Mar 2005


A imaxe dixitalizada dunha postal avellentada polo sol que xa non debeu ser boa nos seus mellores tempos, non fai xustiza ó orixinal... pero non quería deixalo pasar, tiña que contarvos que coñecera un artista real... un home estrano que hai uns anos creou compulsivamente uns cadros fascinantes, escuros, tan fermosos como agresivamente tristes e que co tempo descubriu que se pintaba iso -que se pintaba así- era porque non estaba vivindo a vida como quería -como debía- vivila. Deixou o traballo en Alemaña e veuse pra'acó.

Esta foi a primeira obra da nova vida. E prácticamente a derradeira. Di que xa non ten necesidade de crear, que a vida mesma o afasta dos pinceis. Unha mágoa para nós, unha sorte para el.

No comments:

Post a Comment