
Xa foi. Hai unha semana devecía porque pasara canto antes e agora dame mágoa que xa fora. E boto en falta ós de teatro, quen mo ía dicir! É como cando tés visita... e invade completamente o teu espacio. E ó principio é farra pura. E despois matarías por uns segundos de soidade. E ó final só vas tirando coa vista posta no día no que recuperes a tranquila normalidade da túa vida. E cando (por fin) se vai a visita e quedas soa e limpias e ordeas e durmes e les e ves a tele... entón, é cando che doe a súa ausencia como a dun apéndice corporal que xa non está.
No comments:
Post a Comment