29 Mar 2005

O exame

Data:
Nome:

1. Debuxa o esquema de comunicación e define cada un dos seus elementos. (2 puntos)

2. Debuxa o esquema dos principais medios de comunicación de masas e explica as súas características esenciais. (2 puntos)
Que significa que sexan "de masas"?
Que características comparten? Cales non?

3. Como se distribúe a información no conxunto do xornal? (2 puntos)
3.1. Como se lle chama en termos xornalísticos ó "nome" do xornal?
3.2. Como se chaman as agrupacións temáticas de noticias? Que determina a súa orde no xornal?
3.3. Como se distribúe a información na páxina?
Cantas columnas ten unha páxina de xornal?
Que elementos nos indican a importancia que o xornal lles dá ás distintas noticias?

4. Como se distribúe a información na noticia? (2 puntos)

5. Qué xéneros xornalísticos coñeces? Explícaos brevemente. (2 puntos)

6. E de regalo ...escolle, para afina-la nota:

6.1. Define:
Reportaxe
Documental
Obxectividade
Liberdade de Expresión

6.2. Explica como ves ti a situación do galego nos medios de masas? Por que cres que é así? Que consecuencias cres que ten esta situación? Como se podería solucionar?

6.3. Cales son os teus medios favoritos? Cales non ves/escoitas/les nunca? Por que cres que é así? Que consecuencias cres que ten esta situación? Como se podería solucionar?

6.4. Escribe unha noticia e identifica cada un dos seus elementos básicos.



... Non se pode ser máis boiña

No comments:

Post a Comment