26 Feb 2009
Chego, por fin, á miña sombra. Levo toda a vida correndo ao sol e tiña tantas ganas de chegar, de descansar... Ergo a mirada para comprobar se, como eu esperaba, este lado da realidade se parece a unha frase sorprendente a unha imaxe emocionante a unha noite de encontros inesperados a un bico, ao mar, ao lume, a ti. Ergo a mirada un segundo. Só un. E doume conta de que non. De que estaba equivocada. Na miña sombra o que me esperaba era a puta vida. E a puta vida non vai de libros, non vai de tute, non vai de encontros, de roces, de discusións, non vai de mar nin de lume. Non vai de ti.
A puta vida vai de todo o demais.
E eu só quero arrebolar a cola e botar a correr.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment