
Ten 22 anos e o Estado cubano págalle 400 pesos ao mes (uns 16 euros) por estudiar. Leva a foto do fillo maior na carteira. O outro non ten nin un mes e non lle deu tempo a facerlle ningunha. Pregúntolle que fai a muller ademais de criar os fillos e responde cun sorriso algo retorto, entre pícaro e malote, que el non ten muller ningunha, que cada fillo é dunha rapaza diferente e que ningunha delas é a súa parella.
-Y cómo haces para ayudarlas a criar a los niños?
-No sé. Buscando... - forza o sorriso- No es fásil...
-No, claro, ya me imagino... -eu tamén sorrío- Quizás hubiera sido más fácil evitar tenerlos.
Deixa pasar un silenzo cargado de intención, mírame aos ollos e dime:
-No crea...
No comments:
Post a Comment