Penso naquel
lo urgente no deja tiempo para lo importante de Mafalda. Boto contas e calculo que nesa frase xenial collen a maior parte dos erros que lle teño visto cometer ao goberno bipartito, á xente en xeral e a min en particular. Ás veces teño a impresión de que os individuos e os países pasamos tanto tempo salvando os atrancos do camiño que olvidamos cara a onde nos dirixiamos.

O outro día convidáronme a un
obradoiro para blogueir@s da
Festa do Queixo de Arzúa. Alí, ademais de aprender unha chea de cousas que xa contaron
aquí acá acó alí alá e
aló, coñecemos as tres xeraciós de propietari@s de Queixerías Bama. Como a
Borralleira, escuitar a Benigno Pereira,
Nino, á súa parella, aos seus fillos e aos seus pais encheume de optimismo. Foi emocionante e alentador ver que hai xente que non deixa que o urxente ocupe o espazo do importante. Xente que sabe cara a onde vai. Xente que entende que a cultura, a nosa e a do mundo, está nas patacas. E na filosofía. E no queixo. E no café ben compartido, ben conversado.
Agora que pasaron uns cantos días nos que mantiven conversas fondas e interesantes xunto a outras afectadas e interesadas, perdín máis dunha hora da miña vida nunha obra de teatro baleira e tiven ben kilómetros de coche para pensar cara a onde me dirixo, cara a onde nos diriximos... Agora, entendo que
a cultura sempre estivo no importante. Eramos nós @s que andabamos entretid@s co que pensabamos que era
urxente.