23 Apr 2010

Outing IX

A maioría das conversas que teño na vida son mentira. Non son nada. Non significan nada. Será por medo por vergonza ou por desinterese, pero o caso é que poucas veces digo ou escuito cousas que sorprendan manquen emocionen. Se cadra é por iso polo que as contadas ocasións nas que me atopei diante dunha pequena partícula de verdade dubidei entre retroceder ou atacar. Protexerme ou expoñerme. Dubidei, como se puidera facer outra cousa que non fora abrirme en canal e aferrarme a ese momento como se fora o último...

Dios, e se é o último?

6 comments:

  1. alikense8:42 pm

    cheira a depresión incipiente, a tormenta interior, a xardín dos sendeiros que se bifurcan...

    ReplyDelete
  2. como te poñas a tiro, sóltoche unha chapa antolóxica. pero hoxe non, que teño terapia de mulleres a base de viño e gin tonic.

    ReplyDelete
  3. alikense9:52 pm

    cando gustes. viríame ben, pero non prometo que a conversa sexa verdade. e quizais che conte como unha vez me dixeron "todo esto es mentira"...

    ReplyDelete
  4. Seguramente non sexa o último.

    ReplyDelete
  5. Non sei se será que funcionou a terapia de viño e tanquerai, pero hoxe estou máis disposta ca onte a crer que seguramente non será o último.

    Alikense, que frase tan boa... quen cha diría? Quédome en Compos toda a finde, chama cando queiras.

    ReplyDelete
  6. alikense12:15 pm

    bótalle imaxinación e pensa nunha partida de xadrez... chamo

    ReplyDelete