Había tanto tempo que non viaxaba... As viaxes, sobre todo en transportes públicos, son unha auténtica chamada á reflexión. Seis horas sentada entre unha fiestra (1) e un pintador de estradas profesional dan para unha profunda revisión da aplicación actual dos preceptos da filosofía clásica.
Conste que
o pintador de estradas era un home encantador, que encaixou como puido a súa inmensidade no seu asiento para poder baixa-lo repousa-brazos que marcaba o meu territorio. Díxenlle que non importaba, que podíamos redimensiona-lo espacio, que para os dous ben chegaba e riuse.
Da igual, ehtoy acohtumbrao. Despois foime explicando as fases da viaxe:
primero noh paramoh en la bañeza pa tomar argo, dehpueh noh ponen una peli, dehpueh te dejan un ratillo sin ná y ar finá te ponen otra pa que acabe juhto cuando llegamoh a madrí. nosotroh lah pelih ya lah hemoh vihto toas, que lah repiten mah que la hohtia. Pregunteille que facía logo en Galicia, para ter que ir e vir a Madrid tódalas fines de semana e foi cando se produciu a revelación total:
ehtamoh pintando la autopihta de coruña a santiago. Levan meses pintándoa (xa acabaron o traxecto santiago-coruña, agora están co courña-santiago) porque se chove ou hai néboa non poden traballar. Eu alucinaba, non pensei que fora un campo tan "especializado" como para que non houbera xente capacitada en Galicia
. Eh que pintamoh todah lah de ehpaña, todah. Yo llevo 35 añoh trabajando en ehto, en Galicia ya hehtao variah veceh. La gente eh mu maja, pero a mi no me guhta mucho trabajah aquí, porque eh mu peligroso, son mu animaleh conduciendo, nadie hace caso de loh avisoh de obra y dehpueh pasa lo que pasa. En la autovía orense-vigo, que también la hice yo, se cargaron a un compañero que ehtaba en la mediana. Ni que fuera a por él el pedazo animal. Quedou calado, mirando cara a ningures e eu non souben que dicir. Pensei na de veces que se me enche a boca co prudentísima que son conducindo e fixen conta mental da de veces que dupliquei a velocidade obrigatoria "por obra". Que vergonza.
Despois de ler El jueves (2), de conversar un cacho co pintador de autoestradas, de ver
The Gift e
Mothman la profecía e de toconear contra a fiestra nun par de ocasións, por fin chegamos a Madrí. Gustoume o ambiente (era venres pola noite e entramos por Moncloa, o ambiente era basicamente botellonero) e os letreiros de negocios imposibles recordáronme que houbo un tempo no que me apaixonaba pasear por Barcelona fichando tendas de cordós dos zapatos, prestamistas de obxectos informáticos e croqueterías. Cando e por que deixaría de verlle o encanto á vida urbana?
Véñenme buscar miña prima e o seu flamante/recente marido. Fan tan boa parella que
case dan ganas de probar. Teñen unha casa xenial, moi curriña, pequena pero ben aproveitada e con
toda clase de comodidades para o spare time: PS II, vídeo, dvd, unha tele do tamaño do continente asiático, cable (unha chea de canles e unha conexión a interné que os prové de pelis que aínda non se estrenaron nestes lares), tantos cedeses que non sabería por onde empeza-lo pirateo e,
last but not least, un moble bar excelenteme surtido. Como lles dixen a eles, se eu tivera unha casa así ía manda-la vida social ó carallo. Motivo demáis para non tela, ademáis do voto de pobreza.
A primeira noite pedimos comida china e puxemos (e comentamos) un programa de vídeos musicais clásicos... unhas risas; acabamos vendo Diario de un skin (a reportaxe) ás catro da mañá a golpe de llintoni. Obviamente, ó día seguinte non me levantei ás oito como estaba previsto senón ás nove e cuarto e de puta casualidade.
Aínda así, cheguei a unha hora decente á sede de UXT na que, por certo, ata os baños son vermellos (3). Non fun persoa ata o café da media mañá, no que tamén lle botei un ollo ás edicións capitalinas dos xornais; quedeime coa reportaxe do suplemento madrileño de El Mundo sobre o gañador do
campionato mundial de Monopoly (4). Despois, voltamos ó taller e discutimos todo o discutible sobre xénero, discriminación e violencia... o cal me encheu de dúbidas aínda non resoltas coas que non tardarei en abrasarvos.
A ralladura foi tal que apenas puiden goza-la viaxe de volta en metro (7), excelente campo de estudio antropolóxico (9) que, por certo, o domingo pola mañá estaba deserto (8). Cando cheguei á casa, ás nove e pico, estaba
cansa e filosofadora (5), difícil combinación para un sábado pola noite. Ós meus anfitrións tampouco lles apetecía botarse ós bares (6), así que quedamos na casa comendo pipas e vendo
a tele.
O domingo, tralo taller, deunos tempo a dar unha voltiña por
Malasaña, a comer (10) nun árabe xenial (palabra de non devota) e a tomar unha caña no bar no que as tomaba Pi i Margall (11). Tras unha fin de semana marabillosa, o atasco da M30 (xogaba o Atlético) que case me deixa en terra veume recordar os contras das cidades con croquetería.
Obviamente antes de sair da cidade (12) xa estaba durmida, pero unha hora e pico máis tarde espertoume un móbil (somos xa incapaces de vivir seis horas en eles?) e non puiden volver colle-lo sono. Unha pena, porque a oferta fílmica non resultou moi variada e volveron poñer The Gift (creo que podería recita-los diálogos de memoria) que, sen os comentarios do pintador de autovías, resultou ser bastante aburrida. Así que a escapada acabou máis ou menos como empezara, escoitando
clásicos entre unha fiestra e un descoñecido.