31 May 2012

Pornografía

Coma de pequena,
bañada no río, despois,
cando choraba e sentía
frescura ao mesmo
tempo e meus pais
amábanme sen
dicir nunca a palabra AMO
coma un segredo
entre nolostres.

___
*"Analoxía" é un dos moitos poemas nos que Lupe Gómez fala de min.

5 May 2012

El amante de lady Chatterley

Yes, I do believe in something. I believe in being warm-hearted. I believe especially in being warm-hearted in love, in fucking with a warm heart. I believe if men could fuck with warm hearts and the women take it warm-heartedly, everything would come all right. It's all this cold-hearted fucking that is death and idiocy.

 ___
*Lady Chatterley's Lover é unha novela de D.H. Lawrence publicada por primeira vez en 1928 que fala da intimidade con máis honestidade que moitos libros, pelis e pezas teatrais actuais. Parece que co tempo naturalizamos o uso das palabras (sexo, follar, coño), pero banalizamos a curiosidade que despertan.

30 Apr 2012

Novecento

Ho disarmato l'infelicità. Ho sfilato via la mia vita dai mei desideri. Se tu potessi risalire il mio cammino, li troveresti uno dopo l'altro, incantati, inmmobili, fermati lì per sempre a segnare la rotta di questo viaggio strano che a nessuno mai ho raccontato se non a te

___
*Novecento. Un monologo, é o primeiro texto teatral de Alessandro Baricco.

29 Apr 2012

La vida perra de Juanita Narboni

Somos como trenes en una estación de niebla, no volveremos a vernos nunca más, ya lo sé. Y si vieras la pena que siento por dentro, un estúpido amargor de boca y una sensación imbécil de desperdicio. Lo he desperdiciado todo: el tiempo, las palabras, y siempre por lo mismo, porque nunca me he atrevido a decir lo que siento. Es culpa mía. Pero cada uno es como es. Te quiero, mira lo que te digo, te quiero y te querré siempre, pero tú nunca lo sabrás, ni te enterarás. Es lo mío. Viviré constantemente de tu recuerdo. Tú, Zorrito, serás mi recuerdo de esta noche.

___
*La vida perra de Juanita Narboni é a terceira e última novela publicada por Ángel Vázquez, un monólogo acedo e disparatado que se acaba convertendo nunha especie de mausoleo construído á medida da virxe da soidade.

22 Apr 2012

Shame




BRANDON: (...) I just don’t understand why people would want to get married. Especially nowadays, I mean, it’s.. You know.. I don’t see the point.
MARIANNE In relationships?
BRANDON It doesn’t seem realistic.
MARIANNE Are you serious? I mean..
BRANDON Yeah, I am, really.
 MARIANNE Well, then, you know, why are we here, if we don’t matter to one another? Well.. Why are you here?
BRANDON The food’s supposed to be really great here. No, no, no, no. I’m not.. I’m not saying it like that. I mean, I just mean, you know.. One person for the rest of your life? I mean, it’s.. I mean, you know, you come to restaurants, you see couples sitting together and they don’t even speak to one another. They don’t have anything to say, they don’t have anything.
MARIANNE They probably don’t have to speak because they’re connected.
BRANDON Or they’re just bored with one another. Every...
MARIANNE What’s your longest relationship?
BRANDON Four months
MARIANNE You have to commit. You have to actually give it a shot.
BRANDON I did.. For four months.

___
*Shame é a segunda longa que dirixe Steve McQueen. Aquí podedes descargar o guión.

21 Apr 2012

Morgana en esmelle



- Des que marchei de Ávalon xamais me entreguei a outra muller, xamai desexei outros beizos nin cobicei outro abrazo. Aínda hoxe cada noite, boto en falta a túa calor no meu leito e teño morriña de sentir o teu alento tépedo acariñando a miña caluga mentras dormes.

___ 
*Morgana en esmelle é a segunda novela de Begoña Caamaño.

17 Apr 2012

Achados XXII: Repetición da xogada



Aquí estamos de novo.

Como a esperiencia é un grao, desta volta apurei a normalidade ata o límite do posible e non lles deixei oco ás reflexións metafísicas ata unhas horiñas antes de ingresar. Á volta da última analítica, escollo os libros que me acompañarán na noite de imsomnio (Morgana en Esmelle e La Vida Perra de Juanita Narboni), volco no móbil as seleccións musicais terapéuticas dos meus djs favoritos e róubolle ao papá un dos seus libros de sudokus. Xa estou lista.

Acabemos cos monstros dunha vez, joder.

Vémonos á volta.

11 Apr 2012

Achados XXI: Analíticas (bis)

O tempo pasa e, como da outra vez, a vida recupera o seu ritmo natural. Proxectos cargados de traballos. Cargados de trafegos. De ilusións e desilusións. Novas amizades que se afianzan. Vellas amizades que resucitan. Bicos que cada día parecen menos descontados. Que xa son parte do día a día. Que empezan a parecer imprescindibles. O ioga. Os paseos. As conversas. A música e o cine, que lle roubaron espazo ás lecturas e escrituras. O mequeo. A autoanálise. Non hai rabia nin angoxa. Xa só queda a dor e a espera. Entón, chaman do Hospital, "o martes ás nove tes que vir facer unha analítica, podes vir almorzada". E, dentro do meu peculiar día da marmota, a incerteza tórnase certeza e o diamante que levita enriba do meu Sim perde, de novo, parte do seu verdor.

14 Mar 2012

Outing XX

Interrompo á xente. No que hai unha milésima de segundo de silencio, encho o oco dándolles un final inesperado (e con frecuencia erróneo) ás frases alleas.

Non o podo evitar.

E ata hai uns días nin sequera me daba conta do moito que o facía.

12 Feb 2012

Achados XX: Marcadores

12/02/2012

Deuche un pouco alto un dos marcadores. Non está moi alto, pero está alto. Os niveis normais deben manterse por debaixo de 40 U/ml e ti tes 47. Case nada! Tamén tes o sistema inmune afectado. Pero é todo moi lixeiro, non é significativo. Non te preocupes.

Non, xa non. Joder.

26 Jan 2012

Achados XIX: Consecuencias

26/01/2012

A enfermeira está afónica. Comunícase por sinais. Le isto. Laparoscopia. Asina aquí. Quistectomía / anexectomía. A xinecóloga é riquiña. Tamén é mala sorte, di. Nestes anos tiveches fillos? Non, non me deu por aí, bromeo. Pois púidoseche dar, respóndeme. Ti sabes o que significa isto, verdade? O que pode significar. Sei, si. Non ten porqué pasar, iso sábelo tamén. Sei, si. Pero podería. Xa o sei.

Joderhostiaxa.

O aire

10/01/2012



Ao chegar á vila, viras á dereita. Despois, á esquerda. Pasas unha ponte tres curvas e un hórreo mui grande e chegas a unha aldea. Alí preguntas. É unha casa grande. Chamamos pola muller dende a aira e sae un home que nos pide que a esperemos no corredor. Á dereita, unha cociña moderna. Á esquerda, unha lareira chea de gatos y suciedade. Chámanos dúas mulleres de osos retortos dende a lareira. Póñenlle a H. unha peneira atravesada por unha tixeira na man e unha delas comeza a rosariar Peneiriña, peneirón, dime se H. ten o aire ou non. A peneira xira desbocada sobre o seu propio eixe. Telo, telo. Todas asentimos, eu miro para esa luz doutro mundo que ten o sitio e lamento non ter o coraxe de sacar a cámara. Agora eu, di C. Repiten a operación: Peneiriña, peneirón, dime se C. ten o aire ou non. A peneira non se inmuta. Repíteno varias veces. Ti non o tés, non. Mentres, a outra muller vai botando cousas nunha pota que teñen ao lume. A apócema leva loureiro, que estala como cando o papá roxa o forno. Agora ti. Non, eu veño de acompañante. Pois xa que estás, lévalo mirado. Ten toda a razón. Peneiriña, peneirón, dime se S. ten o aire ou non. O invento comeza a moverse. Despacio, a principio. Máis rapidamente, despois. Dentro, un rosario choca contra as beiras da peneira. Telo, si. Pídennos unha prenda de roupa a cada unha. Pásanas varias veces polo fume que sae da pota mentres rosarían baixiño. Despois, dinnos que as poñamos e que volvamos coller a peneira, para comprobar que o ritual funcionou. Efectivamente, desta volta, non se move. Estamos limpas. Son 6 euros.

Achados XVIII: Non é normal

26/01/2012

Teño dúas horas de espera ata a seguinte cita. Séntome a mirar como o meu diamante vai perdendo o seu verdor. Joder. A baixa da autónoma. Joder. Os bicos descontados. Joder. Os proxectos compartidos. Joder. Por que a min? Joder Joder Joder Joder.

A muller que está sentada ao meu lado na sala de espera é da Pastoriza. Tócalle currar 26h ao día, explícame, 8 días á semana. Tócalle campo. E pais vellos. E fillos novos. Tócalle chupar moita sala de espera e está ata os huevos de todo. Pero non tes nada que facer? dille a unha ATS que leva unha hora acompañando a espera da sobriña. A outra levántase e vaise, rosmando: "a xente é ben maleducada". Eu estas cousas teño que dicilas, sabes? Pésanme moito no estómago. Cáeme ben esta muller. Sorríolle. Quedamos caladas. Non é normal, dime xa coa complicidade do sorriso compartido, que os que pagamos teñamos que esperar tanto... Seguro que os xitanos pasan os primeiros. Conxélaseme o sorriso. Eu son xitana, minto. Oh, non pareces, perdoa. Ponse coloradísima. Eu non son racista, eh. Non, claro.

Joder.

Outing XIX

Reviso varias veces o correo. F5 F5 F5. Síntome culpable ao momento. Son pesada en silencio. Insistente para adentro. Seguramente, esta miña é a peor dependencia posible. A da independente.

Achados XVII: Bis

26/01/12

Chego á ITV acelerada. A sala de espera está chea de xente. Séntome. Non me dou conta de que o número que parpadea na pantalla é o meu. Sae buscarme a enfermeira e entro na consulta aínda máis acelerada. Aténdeme un rapaz novo. É todo bastante sórdido, como sempre. Pero el é amable. Empeza a fuchicar no ecógrafo. Pregúntame cando foi a operación. No 2007. Ai, non, perdoa, no 2008. E en que ovario? Neste. Oh, que raro, eu diría que no outro. Ai, si, perdoa! A verdade é que xa me olvidei un pouco de todo aquelo... hai tanto tempo! Pois tivo que ser no outro, porque agora tes un neste.

Silencio.

A enfermeira mírame aos ollos. Eu sorríolle. A miña mente empeza a acelerarse e o meu diamante a escurecer. O médico sigue falando. Definitivamente, tes outro teratoma e é bastante grande. Furgando. Cando tes cita? Falando. Valo ter que quitar porque é moi grande e desarrollouse moi rápido. Furgando. Normalmente, son tecidos primarios que levan aí toda a vida, microscópicos, ata que un día deciden medrar... Xa, xa, a historia xa a sei, gracias. É riquiño. É unha lata, pero hai que quitalo. Xa, xa o sei. Escápaseme un joder baixiño.

Joder joder joder joder.

Xa o sei
.