April is the cruellest month*, breeding
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Xa que estamos por saír do armario, deixemos clariña unha cousa. A min gústanme os malotes, sempre me gustaron. Son divertidos, adoitan ser enxeñosos e teñen ese punto estimulante de regueifa constante... Viva o cliché! Sempre me gustaron os malotes e, aínda así, sempre acabei enganchada en tipos bos. En tipos bos de verdade. En amigos xenerosos respectuosos leais cariñosos atentos amables considerados (poñede as comas e as conxuncións como mellor vos cadre) nos que podía confiar. Supoño que sería por seguir co cliché.
Ben é certo que non me duraron nunca muito...
En fin. Supoño que todas estas características que, en principio, definen os bos tipos definen tamén o malotismo, no seu negativo. Os malotes, as malotas, son persoas individualistas, que valoran sobre todas as cousas a súa propia e incorruptible visión do mundo e a visión (normalmente errónea) que ofrecen aos demais. Persoas cínicas, distantes, que te venden por un momento de gloria ante calquera deses que tanto desprezan. Persoas que non queren mitificar nin que os mitifiquen. Persoas que poden ser crueis se se sinten atacadas. Persoas desconfiadas nas que non se pode confiar.
E supoño... supoño... que aí está precisamente o seu atractivo, na pouco glamurosa lei da oferta e da demanda. Que valor ten o afecto dunha persoa cariñosa, o respecto dunha persoa respectuosa, a lealdade dun amigo fiel? O realmente estimulante é luitar para que un cínico te idolatre, que un intelectual presuntuoso teña en conta a túa opinión, que un crítico ignore os teus defectos... Aínda que esa luita, como a maioría das experiencias estimulantes, non sexa gratuita nin acabe ben.
Non coñezo a ninguén que vencera nesa batalla. Eu nin sequera cheguei nunca a ofrecela. A miña propia dose de malotismo individualismo cinismo frialdade crueldade desconfianza presunción (poñede as comas e as conxuncións como mellor vos cadre), mesturada cunha dose aínda maior de desexo e de medo, empuxoume sempre con forza na outra dirección.
Na do tipo bon, no que se pode confiar.
(Come in under the shadow of this red rock),
And I will show you something different from either
Your shadow at morning striding behind you
Or your shadow at evening rising to meet you;
I will show you fear in a handful of dust.
And I will show you something different from either
Your shadow at morning striding behind you
Or your shadow at evening rising to meet you;
I will show you fear in a handful of dust.
___
*"The Burial of the Dead" pertence ao poemario The Waste Land, de T.S.Eliot. Parece ser que, cando o escribiu, o poeta atravesaba unha etapa difícil na súa vida persoal, o seu matrimonio desfacíase e tanto el como a súa muller padecían enfermidades nerviosas. Co tempo, o autor renegou deste poema, que a crítica converteu na mellor respresentación da desilusión da xeración da post guerra. Por convertelo nalgo, supoño.
Alomenos eso é o que di a wikipedia.
No comments:
Post a Comment