Son a que desfai a berros Y Sin Embargo te Quiero entre Láncara e O Incio. A que se caga de medo cunha crise asmática da mellor avoa do mundo. Son a que para o coche entre O Incio e o Oural para gravar a cor das mimosas nesa memoria visual que tantas veces lle serve de refuxio. A que fala toda a tarde sen parar, de tonterías, de superficialidades, para evitar que a madriña verbalice as bágoas que se lle veñen aos ollos cada vez que a afillada pasa unha tempada lonxe da casa. Canto che gusta andar polo mundo adiante e que pouco che gusta estar aquí.
E non é verdade. Non tanto. Non só.
Son a que foi e volveu.
Foi e volveu.
Foi e volveu.
Foi e volveu.
E son a que non quere volver ir, para non ter que volver volver.
But I’m twisted & sick
so that’s find with me
Untill I finish what I have to do
I can’t start doing what I should do
so that’s find with me
Untill I finish what I have to do
I can’t start doing what I should do
Son a que abre os dedos para que lle pase o aire entre eles mentres se pregunta quen é realmente? Serei como creo que son? como os demáis cren que son? como creo que os demáis cren que son? como estou sendo agora, neste momento e lugar? como creo agora que estou sendo neste momento e lugar? como fun antes, noutros momentos, noutros lugares? como creo agora que era antes? como cría antes que estaba sendo naqueles momentos e lugares? como me gustaría ser? ... serei?
I’ll have to do this, I’ll have to say that
I’ll have to go beat out all of that crap
I’ll have to sit still, I’ll have to fulfill
Those stupid ideas they have about me
I’ll have to go beat out all of that crap
I’ll have to sit still, I’ll have to fulfill
Those stupid ideas they have about me
Son a que leva sempre un libro no bolso, por se se aburre no mundo real. E un atlas de peto, por se se olvida de cal dos mundos que vive é o real. Son a que durme catro horas. Ou catorce, depende. Son a que sae tódolos días, a amante dos canallas, a que quere sorber a vida toda xunta, nunha noite. E son a que precisa botar o freo, poñer distancia, esconderse dentro da súa pel e pasar os seus días e as súas noites pola peneira da consciencia. Son a irmá pequena do irmao maior e a irmá maior da irmá pequena. Son tía. Son madriña. Son filla. E, ás veces, só ás veces, son principio e fin. Son un pouco toxo. Son solitaria. Son independente. Son forte. Son rebelde. E son tan conformista, tan débil, tan dependente, tan gregaria e tan golosa do cariño alleo que sei que se os demáis se deran conta sería a miña perdición. Son lista. Son lida. E son un pouco chulita. Aínda que ás veces parezo tonta. Ou era ao revés?
But I’m twisted & sick so that’s find with me
(before I do what I have to do
I’ll have to finish what should be done)
(before I do what I have to do
I’ll have to finish what should be done)
Son a que fala galego. A que fala castelán. A que entende o inglés. A que maltrata o portugués e o catalán. A que adoraría o ruso. A que se manca en arameo. Son a que programa viaxes imposibles que, ás veces, acaba realizando. Son a que, arrolada pola furgalla de nome Cáterin no medio do altiplano boliviano, soña cun niño galaico no que pintar unha parede vermella e enchela de libros. Son a que atopa cada día un home da súa vida. Son a que non estivo nunca namorada. Son a rexente dun departamento gay friendly. Son a muller máis heterosexual que coñeceu a muller máis homosexual de Latinoamérica. Son unha rara, unha friki, unha cinéfila desas, unha tipa normal, nin alta nin baixa nin gorda nin fraca.
Son republicana.
Son comunista.
Son roja perdida.
Son ex limpadora, ex pranchadora, ex profesora, ex prostituta intelectual, ex investigadora, ex reporteira, ex tradutora, ex actriz, ex asesora en comercio exterior.
Son unha adolescente tardía.
Son unha á que chaman señora os pequenos desconocidos.
Son a que sube.
Son a que baixa.
Son a que está.
Son a que son.
Son republicana.
Son comunista.
Son roja perdida.
Son ex limpadora, ex pranchadora, ex profesora, ex prostituta intelectual, ex investigadora, ex reporteira, ex tradutora, ex actriz, ex asesora en comercio exterior.
Son unha adolescente tardía.
Son unha á que chaman señora os pequenos desconocidos.
Son a que sube.
Son a que baixa.
Son a que está.
Son a que son.
But I’m twisted & sick
so that’s find with me
so that’s find with me
___
* Agora tamén dispoñible en formato electrónico (na regueifa.net), o proxecto de recuperación da blogomorgue impulsado por Besbe leva un tempiño á venda en formato papel (en blurb)... E comeza a tomar novas formas!
* Agora tamén dispoñible en formato electrónico (na regueifa.net), o proxecto de recuperación da blogomorgue impulsado por Besbe leva un tempiño á venda en formato papel (en blurb)... E comeza a tomar novas formas!
No comments:
Post a Comment