22 Apr 2008

Desenfocada e triste

Era un ser permanentemente desenfocado,
que sorría con tristeza
e iso cando sorría.

Sorría coa obriga de debuxar na cara
unha curva cara arriba
para no parecer unha túzara.
Sorría, pero estaba noutro lugar.



Había tempo que non caía nas miñas mans algo tan especial. Así nacen as baleas atrapoume, emocionoume, teceume un nó na gorxa, faloume ao oído... como se alguén o escribira para min. Espertou tantas cousas, moveu tantos resortes, que sei que tardarei días en asimilalos todos. Aínda máis, sei que nesas cento sesenta páxinas hai muitos máis tremores de realidade dos que eu puiden sentir. Intúo que hai, alomenos, un para cada unha de nós.

No comments:

Post a Comment