
Boloña é unha cidade impresionante. Non tiven máis tempo para vela que os paseos na busca dunha trattoría ou dunha antiga ostería na que cear, pero sentín unha conexión inmediata con ela. É unha cidade fermosa nas súas imperfeccións, cun certo toque canalla e pose de intelectual. A cidade das torres tortas, dos soportais, da universidade máis antiga de Europa, da maior feira do libro infantil e xuvenil do mundo. Unha cidade gafapasta, biciclista, ilustradora e artista. Unha cidade na que non me importaría nada vivir.
No comments:
Post a Comment