24 Apr 2008

Empresariando I: Papeleo



Despois de deixar de lado outra entrada á autopista, sigo pola miña corredoira e atopo unha listaxe de normas chantada nunha árbore. Segundo parece, para darse de alta como traballadora autónoma hai que presentar na Tesoureria Xeral da Seguridade Social*:

Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

Triple fotocopia do modelo TA.1 de afiliación ao Rexime Especial de Traballador@s Autonom@s. Como autónom@, cotízase mensualmente unha cota que da dereito á prestación por incapacidade ou por baixa maternal e á xubilación. Esta cota non depende dos ingresos, senón da base elixida, que flutúa entre os 817,2 euros e os 3074,1 euros, e da que se paga o 29,8% ou o 26,5%, segundo cubra ou non a incapacidade temporal. As mulleres de menos de 30 ou máis de 45 anos poden elixir unha base aínda máis baixa, de 665,70 euros ao mes, e as traballadoras autónomas poden cotizar un 0,1% máis, para a financiación das prestacións por risco durante o embarazo e durante a lactancia natural. Amáis, as traballadoras de 35 anos ou menos teñen dereito, durante os primeiros 12 meses de actividade, a unha reducción do 25% da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento neste rexime, e unha bonificación de igual cantidade, nos 12 meses seguintes.

Orixinal e copia da alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE), realizada previamente na Axencia Tributaria** cos modelos 037 e 845.

Agrupación 86. Profesiones liberales, artísticas y literarias
Epígrafe 844: "Servicios de Publicidade, RR.PP. e similares"
983 "Axencia de Colocación de Artistas"
999: "Outros Servizos non contemplados noutras rúbricas"

Como autónom@, abónase trimestralmente o IVE (16%) e anualmente o IRPF (15%).

...

Este xogo vaise complicando.

___
* En Lugo está na Praza de Ferrol, número 11. Pódese chamar antes ao 982 242 312.
** En Lugo está na rúa da Raíña, número 2. Pódese chamar antes ao 982.285.500.

No comments:

Post a Comment