Unha das imperfeccións de Boloña das que vos falaba onte é que ten malls. Odio os mall. Ódioos, ódioos, ódioos. O único bon que podes atopar nun mall son as ratas. Sei do que falo, no Santiago Austral non nos quedaba outra que ir a eles unha vez ó mes. Esa música, esa luz, esa tolemia consumista... Teño unha intolerancia física aos mall. O outro día sufrín un novo episodio e tiven que refuxiarme no aparcadoiro e respirar, lonxe do mal, só respirar.
3 Apr 2008
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment