22 Jan 2005

Recibo o mail ese do Foro Novo Estatuto e flipo unha vez máis coa miña capacidade para vivir de cóstas ás cousas que pasan ó meu carón (e que, o que é máis grave, si me interesan). Agradezo a información e dispóñome a documentarme un pouco ó respecto. Tardarei en elabora-la miña resposta. De momento, alucino co número de entradas de cada unha das áreas do foro (significativo do grao de reflexión social co que conta cada unha delas) e coa cantidade de cousas que se supón que pode incluir un estatuto ("o texto do Estatuto tería que poder determinar que a produción audiovisual galega fose na nosa lingua e desde a nosa identidade").

20 Jan 2005


Maritere queda terceira por oitavo día consecutivo (775.000-18,2%) e comenza a campaña para que computen os datos de iberoamérica
Amarrosa vai embalada (1.239.000-28%)
Os da Primeira non acaban de cre-los datos de Saber vivir (601.000-27,7%) e de Por la mañana (752.000-21,4%)

Aquí no hay quien viva (7.017.000-36,4%) adianta a Los Serrano (5.594.000-29,1%). No medio da marabunta ZP salvou as naves (3.524.000-18,8%) e Urgencias obtivo un tristísimo 7%-1.359.000. De Miriño e mais dos esforzos televisivos do señor alcalde, nin flowers.

Sardá evita o conflicto directo e mantén o dominio do share (1.920.000-34,4%), Buenafuente gaña en número de espectadores (2.179.000-26,8%) e Wyoming queda fóra de xogo (1.305.000-13,9%)*

*Anque con estilo

E para showman... El!

18 Jan 2005

Máximo Acedo


Uns negan totalmente os seus méritos literarios en virtude do apoio que prestou ó réxime soviético. Outros consideran A Nai unha obra mestra en tanto que biblia da clase obreira, modelo do realismo socialista. Eu achégome a el ás agochadas, contrastando os relatos apaixoados de quen xa hai tempo que se mergulla na súa historia cunha edición cutre (mal traducida e peor imprimida) desa a súa obra máis coñecida.

17 Jan 2005

Rebéntame que o xornal do domingo traia regalo. Sobre todo cando o publicitan ata a saciedade. Rebéntame porque adoito quedar sen el. Onte tentei mercalo en Sarria, na Puebla e na librería do Sagrado... por sorte sempre nos quedarán os 24h. Agora teño toda a semana para face-los crucigramas e toda unha vida para rele-la Celestina. Quizais por pura casualidade, quizais porque xa anda unha máis receptiva ó respecto, tropezo coa apocalíptica explicación de Don Ignacio: se non regalas libros que ninguén lerá e/ou dvd's que ninguén verá, non vendes xornais.
Para resistir a esa competencia que podría resultar mortal para los diarios –y que ya amenaza a los semanarios– algunos de ellos, sobre todo en Italia, España, Grecia y Turquía (aunque el fenómeno se extiende también a Francia) proponen con cada entrega, por una pequeña suma extra, una revista de historietas, un DVD, CD, libros, Atlas, enciclopedias, colecciones de sellos o de antiguos billetes de banco, y hasta vajillas, juegos de ajedrez, etc. Lo cual refuerza la confusión entre información y mercancía, con el riesgo de que los lectores ya no sepan qué es lo que compran. Así es como los diarios enturbian más su identidad, desvalorizan el título y ponen en marcha un engranaje diabólico que nadie sabe en qué acabará.

Tan visionario e tan mesiánico como sempre, Ramonet fai unha fotografía da prensa actual á que vos recomendo, como mínimo, botarlle unha ollada rápida en internet (en español ou en francés).

Paseo Triunfal



Aída estréase con excelente audiencia 36% (6.863.000 )
Lobos cae ó 16,5% (3.072.000)
Aventura en África (20%) non pode con GH Vip (32,5%)
Homo zapping recupérase (21,2%) e vence a TV Top (20%)
Rex continúa imparable no serán do domingo (27,5%)

A estrea non puido ser mellor. Aída logrou se-lo programa máis visto do mes de xaneiro, con 6.863.000 telespectadores e un share do 36%. O humor do personaxe de Carmen Machi alcanzou un pico de audiencia de casi 8 millóns de espectadores, o que ratifica a aposta de Telecinco pola ficción "nacional".

Homo Zapping, terceiro programa con máis audiencia do día ó reunir 3,7 millóns de espectadores (21,2%).
Antena3 Noticias1, informativo privado máis visto.
Lobos fideliza 3 millóns de espectadores.
Rex, un policía diferente, líder absoluto na súa franxa de emisión.

Eu só podo dicir... Rex é lider absoluto? A Homo Zapping cústalle facerse coa audiencia de TV Top? Aída pode con Lobos? (quero dicir, unha cousa é que che proa a curiosidade e vexas uns minutos, pero... o capítulo enteiro? para que? só por el?) Sempre fun de populista pola vida: "a xente non adoita equivocarse", "a cultura pertence ó pobo" e tal, pero... en serio, que lles pasa ós que teñen os audímetros na casa?

13 Jan 2005

Trala primeira toma de contacto, chega o segundo round.



Leo na web de Antena 3:
"Buenafuente" gana un millón de espectadores respecto a su estreno y es el late-show más visto del miércoles
Madrid. 13.01.05.- "Buenafuente", el late show que conduce Andreu Buenafuente y que ANTENA 3 estrenó el martes, ganó un millón de espectadores respecto a su debut y alcanzó ayer 2.497.000 televidentes (25,1% de cuota de pantalla). En su estreno, el programa logró 1.553.000 espectadores y un 26% de cuota de pantalla.
Antena 3 logró ayer un 22,2% de cuota media de pantalla y lideró el Prime Time con un 27,8%.

Ranking de los late-shows del miércoles
Buenafuente 2.497.000
La azotea de Wyoming TVE - 1 1.384.000
Crónicas Marcianas Telecinco - 989.000

Na de Sardá non se pronuncian, diso xa se ocupan os de Fórmula Tv:
Audiencias miércoles 12 de Enero
Segundo prime time / Late night
La cadena de Planeta decidió no emitir una nueva reposición de "Aquí no hay quien viva" y darle paso al programa de Andreu Buenafuente. A pesar de los excelentes resultados que las reposiciones de la serie cosechan (4.927.000 - 39,2%), Antena 3 decidió estrenar su nuevo late show nada más acabar el primer capítulo de 'ANHQV'. Anoche "Buenafuente" no pudo repetir las cifras de su estreno, en parte porque ocupó un horario diferente. El late show de Antena 3 registró una audiencia media de casi dos millones y medio de seguidores (2.497.000) con un share del 25,1%. Andreu finalizó su programa antes de que Javier Sardá comenzara el suyo, por lo que tuvo que enfrentarse al estreno de el Gran Wyoming en TVE1 y a una reposición de la serie 'Los Serrano'.
A partir de las 23:40 horas aproximadamente, TVE1 estrenó finalmente el esperado show de el Gran Wyoming. El debut de 'La azotea de Wyoming' sumó 1.384.000 telespectadores, lo que se tradujo en una cuota del 20%.
Tras el capítulo de estreno, Telecinco ofreció anoche la reposición del episodio "Somoda y Gomera" de 'Los Serrano'. El capítulo que desplazó a Sardá hasta bien entrada la madrugada sumó 2.357.000 telespectadores (29,2%). 'Crónicas marcianas' comenzó anoche en un horario nada habitual, pasadas las 01:20 horas, de modo que no llegó a enfrentarse ni un minuto con Buenafuente. Javier sardá lideró su franja de emisión cómodamente al registrar unos excelentes índices de audiencia. Un total de 989.000 personas (44%) eligieron a Javier Sardá frente al resto de ofertas de la madrugada.

E xa para seguir coa revista de prensa, en El Mundo:
El estreno de Wyoming
En torno a las 00.00 horas, TVE estrenó una de las ofertas más esperadas de la nueva programación de Carmen Caffarel: "La azotea de Wyoming". El regreso a televisión del cómico y presentador, que estuvo acompañado por Imanol Arias y Carlinhos Brown, fue visto por 1.348.000 personas y alcanzó una cuota de pantalla del 20%. Wyoming tuvo que verse las caras con otra gran apuesta televisiva de este año: Andreu Buenafuente, en Antena 3, que le superó en cinco puntos de audiencia y más de un millón de espectadores (25,1% y 2.497.000). Sardá llegó anoche casi una hora y media más tarde que sus rivales (Telecinco programó después del estreno un capítulo repetido de "Los Serrano") y consiguió un 44% de share y 958.000 espectadores.

12 Jan 2005

Parece ser que AR palizou á Maritere no primeiro round. O efecto-Maneiro foi fundamental, un golpe maxistral que deixou k.o. á Campos e a Lamásgrande, que contaban gaña-la guerra o primeiro día conversando humanamente (algún día contareivos o daquela vez que fun ó programa de Pedro Ruiz -cobrando, of course, chámase prostitución intelectual- a que me explicase en ton paternalista bamboleando os pés da mesa embaixo por que unha entrevista periodística é mala e unha conversa humana é boa, pecho paréntese). Sen embargo, se eu fora AR (lagarto lagarto) andaríame con ollo, que Ramona non ha durar tanto no mercado televisivo como Sergio Pazos en África. Al tiempo. Por certo, xeniais o equipo dos anónimos tirando a auga en plena sabana "porque pesa un huevo". Momentazo televisivo.
Buenafuente non puido con Sardá nin no día da estrea. Mágoa.

E hoxe, a nai de tódalas batallas... eu teño teatro e unha aínda ten algunha que outra prioridade, pero pagaría (café?, copa?, puro?) por unha crónica.

11 Jan 2005

Tralas pegadas de Donaldo

Hai un mes, o xuiz da Audiencia Nacional española Fernando Grande Marlaska (famoso hoxe por outros menesteres) enviou a México unha orde de detención internacional contra o ex-ministro do interior guatemalteco Donaldo Álvarez Ruiz, pola súa presunta responsabilidade no asesinato de catro sacerdotes españois e no asalto á embaixada española no 1980.

Unha aplicación disque laxa da lei de extradición mexicana ofreceu ó ex ministro guatemalteco a posibilidade de escapar do fogar no que levaba quince anos vivindo tranquilamente. Deixou tras de si un fillo negador: meu pai non o fixo, meu pai non vive aquí, non sei onde está meu pai...


Hugo Álvarez, fillo do ex-ministro guatemalteco
fotografiado por Eduardo Verdugo para AP

Hoxe chegoume un mail de Lalore, compañeira de aventuras santiaguesas metida a piriodista das de verdade, no que contaba que estaba en Mexico D.F. cubrindo o caso para o xornal guatemalteco Prensa Libre:
Los primeros días estábamos un poco desesperados, porque hablar con los funcionarios mexicanos es un dolor, pero conseguimos contactar con las víctimas de Donaldo Álvarez (el torturador), que se habían exiliado a México sin saber que él también se ocultaba aquí. Hoy nos recibió su familia, el hijo, un tipo igual de loco que él... pero la entrevista es muy buena. Estoy emocionada porque es el primer genocida guatemalteco que podría ser juzgado y yo lo estoy cubriendo, quizá si lo agarran y se lo llevan a españa también me envién (es menos probable).
Oxalá. Que o deteñan, que o xulguen e que nolo contes.

pos-modernirma

Aí vai unha de eclecticismo posmoderno, copipeist de calidade ou metablogueo de terceira xeración:

Todonada diríxeme a vista cara a Prusia e Tasmania. Decántome polas antípodas, sen desmerece-las podas, sobre todo por un fermoso post que retrata con mestría a estraña natureza das relacións entre irmáns. Eu teño un irmán catro anos maior e unha irmá oito anos máis nova. Como son a do medio, a solitaria que non ten a presión responsable do primoxénito nin os mimos abafantes da neniña da casa, sempre me tiven pola irmá independiente, a rebelde que non cala unha nin acepta normas prestablecidas. Sen embargo, ultimamente asáltanme as dúbidas.


Deus santo, que caras! que zapatos,
que simetría nos movementos
(ou na ausencia dos mesmos),
que diverxencia das miradas,
que calcetíns de perlé...


Noutra orde de cousas (como din os profesionais) descubro na de Dot que o GH-Vip británico conta con participantes cando menos coñecidos e cando máis realmente interesantes:
Steven Shukor, The Guardian, 7/01/05
A autora do 'Eunuco Feminino' é posible que nos ofreza momentos televisivos únicos. Encirrada nunha casa 24 horas ao dia coa modelo Caprice, Bez dos Happy Mondays, a actriz Brigitte Nielsen, o actor Jeremy Edwards, o sabio das carreiras John McCririck, Kenzie do Blazin'Squad e a dj Lisa l'Anson, é posible que a súa paciencia se poña a proba. A doutora Greer odia que a xente fume, non tolera que se encenda un pitillo ao seu redor e admite que ás veces pode ser un "pouco brusca" coa xente. "Supónse que son terrorífica" ten dito de si mesma.
Na súa ficha para o xou, confesou que aos seus 65 anos durme espida e moi rara vez usa bragas. "Vaime ser difícil recordar que se supon que debo andar tapada" dixo. Quizais niso pode atopar unha aliada na señora Nielsen, quen declarou onte á noite que lle encanta andar pola súa casa espida de cintura para arriba.

Dot engade algún link interesante:

Sam Wollaston The Guardian 8/01/05
There's a fading DJ; a maniacal, drug-fuelled dancer; an Amazonian former Mrs Sylvester Stallone; a Hollyoaks actor no one's ever heard of who apparently was dumped by his more famous girlfriend, probably for not being famous enough; a Barbie doll; a member of Blazin' Squad; and a sexist, flatulent racing tipster with lots of hair in all the wrong places and no hair in all the right places.

E eu laiome (máis que nunca) polos vips de baixa estofa que sufrimos por estos lares. Como din por aí, son tan famosos que nin entre eles se coñecen...

5 Jan 2005

This is getting ridiculous.



El conselleiro de Sanidade visitó ayer a los 16 niños hospitalizados en el complejo Xeral-Calde a los que entregó diversos juguetes y regalos con motivo de la próxima festividad de los Reyes. Xosé Manuel González aseguró a los periodistas que las obras del nuevo hospital avanzaban según los plazos previstos.

Xa no interior. Quizais a modo de información:

Más de la mitad
de las lucenses
ya
recibe la epidural

El conselleiro de Sanidade afirma que el
Sergas quiere generalizar el parto sin dolor


El conselleiro de Sanidade, Xosé Manuel González Álvarez, aseguró ayer que "na actualidade máis da metade das mulleres que o solicitan xa dispoñen da epidural á hora de dar a luz en todos os hospitais de Galicia".
González Álvarez, que realizó estas declaraciones en el transcurso de su visita al hospital Xeral de Lugo, donde entregó regalos a los niños ingresados, aseguró, no obstante, que "a Consellería de Sanidade, en xeral, e o Sergas, en particular, teñen que traballar aínda máis para facer extensible o parto sin dolor a todas as mulleres que así o desexen."
(...)
Xosé Manuel González Álvarez reconoció las carencias que presenta en la actualidad el Xeral-Calde, aunque apuntó que el nuevo hospital dotará a la capital lucense de la infraestructura hospitalaria más moderna de Galicia y de una de las mejores de España.


Guau! Iso sí que é un rei mago.

4 Jan 2005


Tan novas, tan intelixentes, tan fermosas, tan riquiñas cando queren, tan sex in the city cando lles da por aí... e aínda son quen de dar uns chimpos no mítico saltamontes nun serán de barracas de interior e de xeo non tan esvaradizo como estaba previsto. Contra todo pronóstico, sobrevivín sen bota lo freo de man e/ou cu. Sen embargo (ou quizais por iso mesmo) prefiro a neve... sobre todo agora que xa teño probadas (case) tódalas caídas posibles sobre un par de esquís.
I have a dream...

Houbo un tempo no que crin no que dicía, no que facía, naquelo ó que lle estaba a adicar tantísimas horas:

La indefinición de la identidad nacional gallega es paradoxalemente para muchos su rasgo más definitorio. Sin embargo, la existencia de una cierta mecánica de auto-definición es fundamental para cualquier colectivo con esperanzas de futuro, tanto más para una nación como la gallega, inserta en una estructura estatal que posee una maquinaria simbólica extraordinariamente más poderosa que la propia. De hecho, si bien es cierto que Galicia posee una estructura institucional propia, unos medios de comunicación públicos a través de los cuales observarse, narrarse, re-escribirse… no es menos cierto que no sabemos como lo está haciendo, de que manera ha tomado la Xunta de Galicia las riendas de la representación colectiva, en qué términos está cumpliendo la CRTVG las funciones de gestión identitaria que justificaron su nacimiento. Desconocemos, en definitiva si la sociedad se reconoce gallega en su reflejo institucional y mediático.

Parto de la hipótesis de que tanto el gobierno autonómico como el ente público han interiorizado el discurso estatal -la identidad gallega, que no plantea problemas políticos, no existe más que a un nivel cultural primario (lengua, danza y música tradicionales)- en detrimento de los discursos generados por la propia sociedad gallega, cuya expresión sistemática queda exclusivamente en manos de la clase intelectual, lo cual acentúa las diferencias internas, empobrece el discurso colectivo y ralentiza los procesos evolutivos.

Onde irá aquel tempo?
Onde irá o meu soño?
Onde irá o interese xenuíno que había tralas palabras pedantes?

30 Dec 2004


Roberto Suárez Candel

Chega oficialmente o inverno
e con el establécese a soberanía estética
a beleza tranquila e melancólica
do frío en brancos e azuis.

29 Dec 2004

aim bac

Estes últimos días de ciber-ausencia trouxéronme, a cambio, unha hiperactividade vital que apenas recordaba de tempos remotos. Trala dobre celebración do cuarto de século, rematei os primeiros seminarios do CAP (os que quedan serán os venres en Humidtown), retomei teatro, celebrei a noiteboa e a guait crismas, finiquitei o killin-porco familiar e atopei parte do tesouro que esconde Valado City.


They were there

Dous días e medio de "ensaio", unha actuación polas rúas luguesas e a conseguinte celebración nocturna deron para unha enorme raiadura mental. O teatro é para min veleno e bálsamo a partes iguais. Xa me pasara coa tele. Teño moitas cousas en común coa xente do grupo, pero xamais estou completamente cómoda no medio deles. É como se fose unha espectadora constante, alguén que os observa dende fóra e pensa "que xente mais guai, pena non estar aí"... Di a directora que teño que crer máis en min mesma, que non podo ser tan perfeccionista, que non intente racionalizalo todo e que me deixe levar. Levo barrenandoo dende hai ben días. Ó mellor non me coñezo tan ben como creo; son consciente de que a miña (evidente) adicción á racionalización e ó control me limita en moitas cousas (quizais tamén nesto), pero nunca me tiven por insegura e moito menos por perfeccionista... Xa só sei que non sei nada.

A noiteboa paseina na casa de meu irmán. Sigo totalmente namorada do pikiniño, pero os seus afectos viraron criticamente cara miña irmá (popularmente coñecida como manaña, versión sui generis de madriña) nos días que eu adiquei ó teatro e ela a compralo con xogos e con lacasitos.

A neve sorprendeunos facendo os chourizos (os últimos do ano, dios vaia con eles) na casa de meus tíos. Branco nadal no que case toco coas mans a imaxe infantil das conversas de adultos trala cociña da aldea... Só que meu tío xa non fuma, que meu irmán ten un fillo de seu e que os curmáns pequenos que daquela non existían xogan hoxe coa plei cos pelos dereitos a base de cantidades industriais de gomina mentres cuspen unha tras doutra as frases célebres dos tonechos. Sonche unha raza mui falsa.

E xa para rematar o resumo desta ausencia, onte e antonte andivemos Ojpuensuk, Pililule, Vane e mais eu á busca do tesouro por Valado City. A aventura tivo os seus máis e os seus menos: pistas mal redactadas, imprecisas e pouco ou nada lóxicas-culturais-intelectuais; probas máis ou menos divertidas baseadas en xogos clásicos de campamento; carreiras tolas do Museo ó Gran Teatro (DEP), da praza do Campo a Augas Férreas, do Campo Castelo á praza do Ferrol, de Bispo Aguirre a Bispo Odoario e daí á Mosquera, á Casa do Concello, á porta de San Pedro e volta cara á nave nodriza... Houbo momentos xeniais e outros nos que o mandaría todo ó carallo, aínda que só fora por non pelexar coa falta de interese dos monitores ou coa algo máis que sospeitosa rapidez das gañadoras (como dicía outro equipo, eso es inverosímil). Á fin, pasámolo ben e por riba quedamos terceiros, mañá recollemo-lo premio no Concello.

Trala ducha e maila cea de recuperación tralo esforzo físico, noite de parchís e de dominó no Egomundi lugués con miña irmá, con Cris e con Armental. Coma os vellos. Impresionante a miña capacidade para viciarme a calquera xogo. Non teño arreglo.

18 Dec 2004

Odio a miña conexión a internet e fago propósito de enmenda: para cupre-nadal-reis cae o ADSL como hai dios (algún, digo eu, haberá). Mentres tanto, sufro en silenzo unha nova rebaixa na calidade das miñas relacións coa rede... se é que era posible, que polo visto era. Así que hoxe non hai foto e quen sabe se tampouco haberá post (por causas alleas á organización, obviamente). Eu, sigo tentándoo:

Lugo is livin a selebreixon
Esta noite organizo un pequeno guateque no fogar familiar (sito no arrabaldeiro barrio do Sagrado Corazón) para celebrar (outra vez) o cuarto de século. Se ides pola rúa e oídes-vedes-ulides festa jolgorrio, chamade que estades invitados a unha copa e/ou a uns pistachos. Xa advirto que nos bares non son tan xenerosa, a miña economía non está para ese tipo de alardes e os vosos estómagos tampouco. Dito queda.
Espero que a tecnoloxía e a forza me acompañen o domingo para reportarvo-los resultados físicos e síquicos da noite luguesa.

15 Dec 2004

Trancazo habemus.- Pois si, resistín tanto como puiden... que non foi pouco, pero a noite sarriana foi demasié para o meu body. Polo de agora resisto baixo sete mantas, rodeada de Flumil Forte, Eferalgan e Colhogar seda perfumado con miel (mimamámemima) e cos libros e a botella de auga a man. Obxectivo: chegar fresca como un allo ó sábado...

14 Dec 2004


Este sábado reconcilieime coa noite sarriana: bueno bonito barato licor café e llin-con-esprait-e-limón-esprimido, uns leuros ludicamente investidos na tríada trivial-parellas-fubolín, unha música bastante máis decente e variada do que viña sendo habitual e a visión dalgún sorriso espectacular... pódese pedir máis?

13 Dec 2004

Era unha triste e escura noite de inverno... de hai hoxe 25 anos cando comecei a guerrear con miña nai. Parece que naquela ocasión capitulei enseguida, deixándome ir en caída libre cara ó mundo exterior... Debín intuir que o mellor estaba por vir.
O mellor sempre está por vir.

9 Dec 2004

Baby, it is cold outside



Cuando llegaron a su casa, la de ella

ya el frío estaba en sus labios, los de él
de modo que ella, fábula y augurio
le dio refugio y café instantáneos

una hora apenas de biografía y nostalgias
hasta que al fin sobrevino un silencio,
como se sabe en estos casos es bravo
decir algo que realmente no sobre

él probó, sólo falta que me quede a dormir
y ella probó, por qué no te quedás
y él, no me lo digas dos veces
y ella, bueno por qué no te quedás

de manera que él se quedó, en principio
a besar sin usura sus pies fríos, los de ella
después ella besó sus labios, los de él
que a esa altura ya no estaban tan fríos
y sucesivamente así
mientras los grandes temas
dormían el sueño que ellos no durmieron.

É un pedazo de Los formales y el frío, de Mario Benedetti. Pertence a Poemas de Otros (1973-1974) e está recollido nos recopilatorios Inventario (Visor, 1990) e Antología Poética (Alianza Editorial, 2002).

8 Dec 2004

Growing Up

Estes días lin unha historia triste que xa intuira hai tempo nos ollos do protagonista, un dos rapaces do curso de doutoramento. É o relato da infancia en tempos de guerra. Growing up é o tema do mes en Café Diverso e el escribiu sobre medrar entre o mel e o sangue, medrar no proxecto multi-nacional, multi-etnico, multi-cultural, multi-relixioso chamado Iugoslavia: 6 republics, 5 nations, 4 languages, 3 religions, 2 alphabets and 1 political party.



Sempre que alguén me pide unha imaxe da infancia, eu penso nas noites na cociña da aldea, do fume dos ducados que fumaba meu tío mentres discutía con meu pai, nas figuras de animais na pintura descascada da parede moura polos anos de fume acumulado. Penso na miña "prima favorita", nas clases maxistrais de maiúsculas e minúsculas que lle daba no encerado de números e letras que había no balcón da miña habitación, nos sofás vermellos que se me pegaban ás pernas cando levaba falda, no moito que me gustaba que me vestiran e no pouco que me gustaba secarme, nos bocatas de Tulipán, nas tardes con directamente-encarna e nas barbies que resultaban ser calvas cando lles quitabas a coleta. Na miña infancia vai frío. Como cando saía de tras da cociña para ir á cama (que estaba tan xeada que parecía mollada), cando ía ó cole polas mañás parapetada tras vinte quilos de roupa ou cando se me quedaban as mans conxeladas fóra das mantas mentres lía historias cheas de zumo de grosella nas que, por certo, ninguén xamais tiña que ir ó baño. Na miña infancia vai frío e non hai nada que non podan solucionar os maiores.

Na infancia de Boris hai familia, hai xogos, hai frío e seguramente hai libros de Enid Blyton. Pero tamén hai medo e dor, mel e sangue.

In the end, war, like any other event, is made of many coincidences that mutually collide. My coincidence had to be assumed by: “He’s OK. He must be Serb." It would have been a lot easier if my Croat family and my Croat friends could be “OK” too, but then it would have been too much of a coincidence and that would have resembled the past 50 years of utopia. And at that time people seemed to prefer reality. The reality was that they suddenly discovered the enemy living next door, hidden behind the illusion of brotherhood. The new history class was about to start.

Eager to start 'studying': Croats started killing Serbs, Serbs killing Croats, Croats killing Bosnians, Serbs killing Bosnians, Bosnians killing Serbs, Bosnians killing Croats, Croats and Serbs killing Bosnians, Bosnians and Serbs killing Croats, Bosnian and Croats killing Serbs… Shouting, the same as they did fifty years ago: “They started it first!” Millions of people fled their homes as refugees within what was known as Yugoslavia. Thousands of people died. And me and my generation grew up.

6 Dec 2004



Breve resumo antes de que empece a reportaxe sobre o Prestige da 2. Fin de semana de matanza. Dos ranchos, of course. A matanza merecería un post en condicións, pero non estou segura de ser eu quen de elaboralo. Eu adoito se-la que pela os allos e coida do lume, das potas e dos pequenos, a que pon a mesa e frega os pratos. Ninguén se queixa porque xa é un logro que acepte as tarefas "femininas" sen chistar, pero eu son consciente de que non son moi productiva que se diga. Estos últimos anos ademáis dame por gravalo e por fotografalo todo. Estresando ó personal. E conste que eu entendo que é unha putada estar vestido coa roupa máis vella e roñosa que tes, te-las mans metidas en sabe cristo que parte da fisonomía porcina e ver polo rabo do ollo á cuñada, irmá, filla, sobriña, neta facendo fotos. Sen embargo, non o podo evitar; sinto que a necesidade de gardalo todo. Hai algo na matanza que me intriga. Agora son incapaz de identificalo pero teño a esperanza de chegar a entendelo co paso do tempo.
Xa comezou a reportaxe.

3 Dec 2004

Hai unha clase de araña que tece cada día tanto como levaba tecido ata o día anterior. Se unha destas arañas tarda un mes en cubrir unha fiestra coa súa tea, canto tardarían dúas?

30 Nov 2004


Xa falta menos dun mes para que nos deixes. Quen me seguirá entón nas viaxes máis disparatadas e nos paseos nocturnos máis egoístas?

Ansar o 29.11.04 no Congreso. Foto de AFP publicada por El Mundo.

Comparados con la perfección,
todos salimos perdiendo


Ánsar resistiu case 11 horas as ansias de autocrítica para non "darlle o gusto" ó voceiro de IU. Mentres, ás portas do Circo, digo do Congreso, os ollos feridos e ferintes dos familiares das víctimas enfrontábanse ós dos seguidores do líder, que apretaban contra si as bandeiras españolas como se fosen a capa da invisibilidade de Harry Potter. Nota Cristina García Ramos: entre estes últimos tamén puiden ver un par rapaces que lle daban un toque persoal ó conxunto Burberry's cunha bufanda do PP. Como diría miña irmá, qué fuerrrrrte me parece. Habendo como hai festas de Jack Daniels tódalas findes para rapañar ese tipo de complementos. Pecho nota.

Gracias a que onte estiven toda a mañá pegada á 2, hoxe sei que o mellor gobernante que tivo este país dende os tempos de Maura non é perfecto. Tampouco o é Llamazares. Nin o son os
partidos de la oposición y medios de comunicación conocidos por su delirante obsesión contra el Gobierno del PP, que "fabrican unha gran mentira" e "xogan a desestabilizar". Deduzo fabrican e xogan peor ca el, que é un pouco menos imperfecto.

Tamén sei que os autores que "algúns chaman intelectuais" dos atentados non andan en desiertos muy remotos ni en montañas muy lejanas. Tranquila me quedo, non deben andar por Galicia logo.

Outra cousa importante que antes non sabía é que "hai datos incontestables dos vencellos entre A
l Qaeda e ETA". Incontestables, eh, que non innegables ou incuestionables. Ese novo mito que é Olabarria saliulle ó paso cun chisco de maliciosa xenialidade: como los dos somos profesores y sabemos lo importante que es la corrección lingüística, intentaré cuidar más mi léxico.
Guai rison, guan rison: comparados con la perfección todos salimos perdiendo.

26 Nov 2004


Sigo coas miñas paranoias fotoxopeiras... Xa que non tomo tódalas drojas que quixera, teño que agarrarme ós pobres sucedáneos de trip. E xa que estamos, alguén sabe como facer un documento con forma de rombo? pódese? estará penado polo regulamento estético internacional?
Velaí o meu primeiro agasallo. Chegar á casa esfameada vinte días antes do meu cumpre e tropezar na entrada cun sobre grande, gordo e mol no que o meu nome compite cun selo da outra parte do globo foi tan emocionante... Por certo, espero que iso convirta a busca do agasallo perfecto para muá nun reto para vu(á), non podedes deixar que La-Fran vos avantaxe niso de facerme feliz.


O deuvedé multiformato non vai no meu reproductor do ano da polca (neste caso sería máis preciso dicir do ano de... de... Iuropslivinaselebreixon, creo recordar) así que de momento quedo sen reforzo para as miñas leccións avanzadas de chilensis e concéntrome na carta que o acompaña, nas ganas que tiña de saber dela, na de tempo que facía que non recibía unha carta com-cal, no malísima amiga que son (sobre todo) por a) non recordar nunca unha data e b) non escribir a ninguén.

Sempre fago igual

Achégase o cuarto de século. E findano. E eu con estos pelos... Non sei nada dos de Barcelona. Non chamei ás BTV-becarias, non falei con P. dende aquel pique ridículo, non contesto ós mails de Javi, hai séculos que non falo cos de Valencia, teño que envia-las postais de Unicef que me encasquetou meu tío, teño que acaba-la tesina antes do nadal, teño que escribir un libro... Ou era prantar unha árbore?...

Recordo un post xenial que lin non hai moito e decido apropiarme del vilmente, digo, posmodernamente:

Me he propuesto varias cosas, a saber:
-Escribir (e mandar) por primeira vez na miña vida as felicitacións de Nadal que tódolos anos acabo mercando
-Axudar a miña irmá coa Selectividade
-Saír sempre que teña ocasión, aínda que na casa se estea quentiña e (sobre todo) aínda que teña un libro fascinante ó lado da cama
-Escribir tódolos e-mails que debo
-Aclara-la miña situación académica
-Atopar (aínda que só sexa na miña cabeza) un traballo que me permita: sentir que aproveito minimamente o meu tempo, vivir comodamente preto da familia, escribir o que me apeteza, manter viva a esperanza de dirixi-lo meu documental algún día, viaxar (e non a Tenerife)..
-Atopar un rapaz que reuna estes requisitos:
Ollos grandes e misterioros, con longas pestañas e con gafas; pelo escuro, indomable, un pouco guedellas; sonrisa ampla e confiada formada por uns dentes un chisco imperfectos e uns beizos fermosos; nin alto nin baixo nin gordo nin escutrulido; con mans inquedas de guitarrista de jazz; infinitamente máis culto ca ninguén deste mundo, pero sen abucharar (sobre todo a min); naturalmente divertido, pero sen ser cansino; rojo a morir; que pense levar vaqueros e/ou pana con camisetas e/ou sudadeiras toda a vida; que lle guste o frío, a néboa, a choiva e a neve... e o xelado de limón; que use Axe Alaska; que queira ve-las pelis en versión orixinal; que non sexa chorón (para eso xa chego eu) pero sí moi paixonal (nas discusións políticas... e no resto); que poda falar de calquera cousa durante horas; que se entenda co meu abuelo; que fale (ou aspire a falar) galego; que non vaia de urbanita irredento; que (tamén) lle gusten as pelis malas e os programas cutres da tele; que estea completamente seguro de que endexamais me sería desleal; que lle guste conducir (comigo de copi); que me baixe compra-lo xornal os domingos pola mañá; que lle encante á miña familia, sobre a todo meus pais, e que a el lle encanten eles... e eu... que adoite ve-la cara amable da xente; que de cando en vez saiba sair de esmorga ata que o corpo aguante; que lle guste os pequenos (dos demais); e que non crea que quererse é casarse, ter fillos e/ou durmir abrazados para sempre xamais.
Ui, que fácil é pasarse pedindo... xa o dicía o orixinal, puestos a pedir, es mi fantasía (es mi scattergories). Claro que tamén dicía: para que hacerme esquemas si yo con cuatro tonterías me como hasta las flores (todo lo de arriba es falta de sexo).
Ai! Que dura está a realidade.

25 Nov 2004


O fillo-sobriño-neto-bisneto único perfecciona na brétema
a xestión do sorriso como instrumento de mando.


Lost in the fog
Unha vez conqueridas as rúas, a néboa invade as conversas e eu aínda non podo crer que non teñamos máis nomes para ela. Investigo:
Brétema: Suspensión no aire de partículas higroscópicas húmidas. Usarase cando a visibilidade sexa reducida, pero superior a 1 km. Néboa: A mesma definición que brétema, pero cunha visibilidade menor que 1 km. Usarase neboeiro para as néboas tan mestas (menos de 200 m. de visibilidade) que poidan chegar a mollar.

24 Nov 2004


He oido que otra mujer denunció de frente, sin esconder su cara. Ha merecido la pena.

22 Nov 2004

Amnistía Internacional de Lugo ten o gusto de invitala/o á charla que baixo o título "Violencia contra a muller e conflictos armados" terá lugar o martes 23 de novembro ás oito do serán no centro social Uxío Novoneira (enfronte da praza de Abastos, digo, do Glam), na que participarán María Naredo (avogada especialista en violencia de xénero e responsable da campaña Non Máis Violencia Contra as Mulleres) e Rina Bolaño, víctima da violencia sexual no marco do conflicto armado colombiano, actualmente acollida ó programa de protección temporal de defensores dos dereitos humanos da sección española de AI.



Rina Bolaño, bacterióloga que traballaba con poblacións indíxenas, foi secuestrada o 12 de agosto de 2003 pola Frente 19 das FARC en Sierra Nevada de Santa Marta, no norte do país. Despois de quedar en liberdade, denunciou publicamente e ante as autoridades que o mando das FARC Beltrán a violara durante o seu cativerio de quince días. Considerada polos medios de comunicación a primeira denuncia de agresión sexual a mans de grupos armados realizada por unha supervivinte, o seu caso tivo gran repercusión pública, e contou co apoio dunha recoñecida organización de mulleres (Red Nacional de Mujeres), así como da Defensoría del Pueblo. Días despois de presenta-la denuncia, o seu caso deu un insólito xiro. O 12 de setembro, a denunciante foi detida por orde da Fiscalía 23 de Valledupar, acusada de rebelión:

Llegaron dos carros con armados hasta los dientes. Dijeron: "Venimos a protegerte de parte de la vicepresidencia. Éste no es un barrio seguro. Recoge tu ropita." Yo inocentemente caí. Cuando llegué al DAS [Departamento Administrativo de Seguridad] me tomaron las huellas. De manera cínica el agente me dijo: "¿Usted qué hizo? Ahora no la podemos proteger, tenemos que detenerla por rebelión." Como una delincuente, con fotos. El Director Nacional del DAS hizo declaraciones públicas señalando que había sido capturada y que era del ELN. Yo contaba con el apoyo de las mujeres que me decían "te vamos a sacar". Pero eso duró 46 días. El mando Beltrán se reinsertó, pro eso quedó protegido por Estado. Hizo declaraciones en al televisión. La autoridad policial dijo que había sido un romance y que yo era una guerrillera. La palabra del reinsertado valía más que la mía.

Rina Bolaño quedou en liberdade tras 46 días de reclusión, e en agosto de 2004 foi exonerada de toda acusación de relación coa guerrilla. Mentres o proceso na súa contra por rebelión permaneceu aberto non houbo avances na investigación nen acción xudicial polo delito de violación que denunciou.


Gústame andar entre a néboa pisando as follas murchas. Hoxe aprendín nunha desas orixinais conversas de ascensor que esta néboa ven despedi-lo outono. E que non se irá ata Santa Lucía... cando eu cumpra (na casiña) o cuarto de século.

20 Nov 2004

Well hello thought it was about time for an update.
Uni's going well - i'm in my final year now
which means that i'm finally gonna have to get out
and do something after this.
How's you? Hope things are going well.

The real reason i'm writing is...


É curioso que un simple e-mail poda resultar tan ferinte e humillante. É máis curioso aínda que despois de tanto tempo lle conceda o poder de ferirme e de humillarme, dende a distancia, case sen querer. É curiosísimo que con todo e con iso deveza por contestarlle.

PD/ Os puntos suspensivos son meus. As cinco liñas que veñen despois son, obviamente, a petición dun pequeno favor.

18 Nov 2004


Víctor Jara

O próximo martes día 23 os afortunados que podan achegarse ata Santiago terán a oportunidade de vibrar de novo con Joan, unha apaixonada (e apaixonante) montaxe teatral que funde a traxedia persoal narrada por Joan Jara en Victor Jara: Un Canto Inconcluso coa capacidade (universal) do individuo para proporcionar unha dor infinita á humanidade... Eu quedo en Lugo-Lugo jodida pero contenta, coas III Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero e coa charla con Rina Bolaño, da que xa vos falarei como é debido.

Mentres tanto, para abrir boca e animarvos a compra-la miña entrada, deixovos co relato da escritura do derradeiro poema de Victor Jara pola súa muller:

Al día siguiente, viernes 14 de septiembre, los presos fueron divididos en grupos de alrededor de doscientos, preparándolos para trasladarlos al Estadio Nacional. Fue en ese momento cuando Víctor, ligeramente recuperado, preguntó a sus amigos si alguien tenía lápiz y papel, y comenzó a escribir su último poema.

En las últimas horas de su vida, las raíces profundas de su infancia campesina lo llevaron a ver en los militares a matronas cuya llegada era la señal de los gritos del parto, lo que de niño le había parecido un sufrimiento insoportable. Ahora esas visiones se confundían con la tortura y la sádica sonrisa de El Príncipe. Pero hasta en ese momento Víctor abrigaba esperanzas respecto al futuro, confianza en que a largo plazo el pueblo sería más fuerte que las bombas y las metralletas... y al llegar a los últimos versos Canto qué mal me sales/cuando tengo que cantar espanto, para los cuales ya tenía la música en su interior, lo interrumpieron. Un grupo de guardias fue a buscarlo y le separó de los que estaban a punto de ser trasladados al Estadio Nacional. Le pasó de prisa el papelito a un compañero sentado a su lado y éste, a su vez, lo escondió en el calcetín mientras se lo llevaban. Cada uno de los amigos intentó aprenderse de memoria el poema a medida que era escrito, para sacarlo consigo del estadio.
No volvieron a ver a Víctor.

Somos cinco mil
en esta pequeña parte de la ciudad.
Somos cinco mil
¿ Cuántos seremos en total
en las ciudades y en todo el país ?
Solo aqui
diez mil manos siembran
y hacen andar las fabricas.

¡Cuánta humanidad
con hambre, frio, pánico, dolor,
presión moral, terror y locura!

Seis de los nuestros se perdieron
en el espacio de las estrellas.

Un muerto, un golpeado como jamas creí
se podria golpear a un ser humano.
Los otros cuatro quisieron quitarse todos los temores
uno saltó al vacio,
otro golpeandose la cabeza contra el muro,
pero todos con la mirada fija de la muerte.

¡Qué espanto causa el rostro del fascismo !
Llevan a cabo sus planes con precisión artera
Sin importarles nada.
La sangre para ellos son medallas.
La matanza es acto de heroismo
¿ Es este el mundo que creaste, dios mio ?
¿Para esto tus siete dias de asombro y trabajo ?
en estas cuatro murallas solo existe un numero
que no progresa,
que lentamente querrá más muerte.

Pero de pronto me golpea la conciencia
y veo esta marea sin latido,
pero con el pulso de las máquinas
y los militares mostrando su rostro de matrona
llena de dulzura.
¿ Y Mexico, Cuba y el mundo ?
¡ Que griten esta ignominia !
Somos diez mil manos menos
que no producen.

¿Cuántos somos en toda la Patria?
La sangre del companero Presidente
golpea más fuerte que bombas y metrallas
Asi golpeará nuestro puño nuevamente

¡Canto que mal me sales
Cuando tengo que cantar espanto!
Espanto como el que vivo
como el que muero, espanto.
De verme entre tanto y tantos
momentos del infinito
en que el silencio y el grito
son las metas de este canto.
Lo que veo nunca vi,
lo que he sentido y que siento
hara brotar el momento...

(Victor Jara. Estadio Nacional de Chile, Setembro de 1973)

16 Nov 2004


O retrato é de Maurice Abravanel.

Resumindo: con cabelos, con ollos, con dentes e sen deformidades, non fun nin guapa nin fea na miña mocidade; isto é unha vantaxe, dende o meu punto de vista, importante; porque a fealdade inspira certas aprehensións nun sentido, e a beleza, noutro. Espérase moito dunha apariencia radiante, e desconfíase bastante dunha que desagrada. Convén moito máis ter un rostro que non eclipsa nin empequenece ós que nos rodean; quizais por isto sempre me sentín moi a gusto cos meus amigos dun e doutro sexo.
George Sand en Histoire de ma vie.

e a voz seguirá durmida

Hai unha semana comezamos a falar da montaxe final da aula de teatro. A idea inicial é representar A Nai de Máximo Gorki, pero a investigación sobre o autor ruso vai revelando unha cara oculta que ten medio preocupada á directora. Ofrécenos a opción de retrata-la chamada historia recente de España: o periodo que vai da segunda república á transición. Marabíllome só coa idea, que me parece tan complexa como imprescindible e boto unha semana aplicando o conto da leiteira á nosa futura obra: a cara e a cruz da república, o golpe, a guerra, o franquismo... Quizais ata poda paga-la débeda persoal que adquirín cando acabei La voz dormida. Hai unhas horas, os comentarios dalgúns dos meus compañeiros derramaron o balde de leite ante os meus ollos: é demasiado cercano, é imposible ser imparcial, feriremos sensibilidades...

E, se ben o penso, creo que prefiro cala-la boca que ser imparcial.

14 Nov 2004


Fedellando no fotoxop, atopo o meu lado máis escuro e hortera; aquí tedes a Armental e a Ojpuensuk, saqueinos do ciber-armario a patadas.
Janet Jackson, Justin Timberlake and the Hitchhiker's Guide to the Galaxy.

Hai quen cumpre o prometido. Flipo coa teoría da repercusión do peito de Janet Jackson nas eleccións... son fantásticos, estos estadounidenses. No máis estricto sentido da palabra. Paco ofrécenos tamén (a modo de easter-egg) un xoguete novo. Sempre me encantaron os diccionarios de citas (que nunca fun quen de memorizar como facía aquel rapaz tan jasp), así que gozo coa versión electrónica.

Parece ser que Aldous Huxley, entre outras cousas, dixo:
  • Maybe this world is another planet's hell.
  • At least two-thirds of our miseries spring from human stupidity, human malice and those great motivators and justifiers of malice and stupidity: idealism, dogmatism and proselytizing zeal on behalf of religous or political ideas.
  • Experience is not what happens to a man; it is what a man does with what happens to him. Texts and Pretexts.
  • Happiness is not achieved by the conscious pursuit of happiness; it is generally the by-product of other activities.Vendeta for the Western World.
Outro dos meus deuses, Douglas Adams, dixit:
  • There is a theory which states that if ever anybody discovers exactly what the Universe is for and why it is here, it will instantly disappear and be replaced by something even more bizarre and inexplicable. There is another theory which states that this has already happened.
  • He felt that his whole life was some kind of dream and he sometimes wondered whose it was and whether they were enjoying it. The Hitchhiker's Guide to the Galaxy
  • Nothing travels faster than the speed of light with the possible exception of bad news, which obeys its own special laws. The Hitchhiker's Guide to the Galaxy.
Teño que reler ese libro.

12 Nov 2004



Por que será máis difícil describi-los momentos de felicidade cós de tristeza? Eu cando estou morriñenta, triste ou agobiada (esto último é o máis frecuente) teño unha certa necesidade de contar. Contar dende as tripas, cara a fóra. O que escribo neses momentos non o dicta a miña cabeza, en todo caso sae directamente dos dedos, e cumpre unha dobre función de exorcismo dos meus demos e de xenerosa auto-compaixón. Sen embargo, cando (coma agora) me sinto feliz e tranquila teño que forza-la escritura. Unha escritura que, de sair, sae da cabeza. Razono. Por qué estás tan contenta: 24 anos, a carreira acabada, matada e rematada; non tés un can (nin real nin simbólico); non tés traballo; non tés rapaz (por non ter non tés nin ganas, que é peor); non tés un plan ó que cinguirte... Ai, ai, ai... Por que estarei tan contenta?

Alá foi a 11a edición da Noite dos Tolos de Ida e Volta. A nosa presentación en sociedade foi breve, tanto que eu case nin me enterei. Obviamente, non fun quen de me fotografar a min mesma no escenario. Se siente. Troixenvos, iso si, algúns dos máis tolos do lugar.

11 Nov 2004

Teatro

Por petición directa de emereci vou escribir por primeira vez aquí. Poderíase dicir que é unha persoa moi ocupada, ou máis ben que a rede lle xogou unha mala pasada, como a todos algunha vez. Doucho pésame e espero que recuperes pronto a conexión.

Pero xa que non podemos contar contigo en internet, podémoste ver en persoa e disfrutar coas túas dotes interpretativas. Primeira actuación, hoxe, no Clavicémbalo. ¡Mucha mierda! ou o que prefiras que diga. Espero ter mañá unha fotografía!

8 Nov 2004

En Armental con Armental.- Encaaaaaaaaaaaantame que me paseen. E no no digo só para que me chovan as ofertas (que tamén), senón para agradecerlle a Margarita unha magnífica fin de semana na que: aprendín unhas leccións básicas de educación infantil, corrin favela arriba a media noite, tentei fotografar un esquivo ceo vermello perludio dunha noite xeada (alí xiada) e dun día soleado, probei o pica-pica mentres facía corpo para o licor café, bailei música boa e rinme coa malamalísimamalisísima, durmín coma unha pedra baixo vinte quilos de pura lá virxe, probei o bacallau con cebola estilo empanada, vin e critiquei (ata o extremo) unha curta tan pretenciosa e cara como malamalísima, gocei do agobio máis visualmente fermoso dos últimos tempos, comprendín + compartín + envexei a paixón dos que o intentan aquí, alá e acolá, declareime namorada doutro repelente niño vicente e tiven a sorte de comprobar (unha vez máis) que a comedia romántica segue tendo posibilidades... se se asumen riscos.

Impa(g)able maría.

4 Nov 2004


Oda a unha castaña no chan
Da follaxe ourizada
caiches
completa
de madeira pulida,
de lúcida caoba,
lista
coma un violín que acaba
de nacer na altura,
e cae
terminado en segredo
entre paxaros e follas,
escola da forma,
liñaxe de leña e da fariña,
instrumento ovalado
que garda na súa estructura
delicia intacta e rosa comestible.
Pablo Neruda. En Odas elementales.

Xa sabía eu que dalgún lado nos tiña que saír a nós a morriña compartida. Foi das castañas inxeridas na infancia... no doubt. Abráiame descubri-la de doces que fai a tradición culinaria chilena co elas: flan, marmelada, dulce, budín... Teño saudade do super-cuchuflote do cuchufli e dos freixós con manjar mentres gozo coas castañas cocidas con leite (burgazos ou burgós, parece ser) de miña nai.

god catch us confessed



Non pode ser, non pode ser, non pode ser... É!

3 Nov 2004

O día 25 de novembro entregaránse no Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales as firmas recabadas ó abeiro da campaña Non Máis Violencia Contra as Mulleres.
Se aínda non firmaches, apúrate.
Na mesma páxina, abaixo á esquerda, hai un link (para aqueles/as con un pouco máis de tempo e/ou interese) que explica como enviarlle unha carta ó ministro Caldera recordándolle as preocupacións do Comité da CEDAW das Nacións Unidas sobre a situación dos dereitos humanos das mulleres en España. Preocupacións que lle foron trasladadas ó goberno español hai xa uns meses, xunto coas recomendacións pertinentes e que aínda non obtiveron resposta.


Oira falar tanto e tan ben dela que
me daba medo que me decepcionase.
Non foi así. É fermosísima.

29 Oct 2004

matar é matar



Countries and territories which retain the death penalty for ordinary crimes (78)

AFGHANISTAN, ANTIGUA AND BARBUDA, BAHAMAS, BAHRAIN, BANGLADESH, BARBADOS, BELARUS, BELIZE, BOTSWANA, BURUNDI, CAMEROON, CHAD, CHINA, COMOROS, CONGO (Democratic Republic), CUBA, DOMINICA, EGYPT, EQUATORIAL GUINEA, ERITREA, ETHIOPIA, GABON, GHANA, GUATEMALA, GUINEA, GUYANA, INDIA, INDONESIA, IRAN, IRAQ, JAMAICA, JAPAN, JORDAN, KAZAKSTAN, KOREA (North), KOREA (South), KUWAIT, KYRGYZSTAN, LAOS, LEBANON, LESOTHO, LIBERIA, LIBYA, MALAWI, MALAYSIA, MONGOLIA, MOROCCO, MYANMAR, NIGERIA, OMAN, PAKISTAN, PALESTINIAN AUTHORITY, PHILIPPINES, QATAR, RWANDA, SAINT CHRISTOPHER & NEVIS, SAINT LUCIA, SAINT VINCENT & GRENADINES, SAUDI ARABIA, SIERRA LEONE, SINGAPORE, SOMALIA, SUDAN, SWAZILAND, SYRIA, TAIWAN, TAJIKISTAN, TANZANIA, THAILAND, TRINIDAD AND TOBAGO, UGANDA, UNITED ARAB EMIRATES, UNITED STATES OF AMERICA, UZBEKISTAN, VIET NAM, YEMEN, ZAMBIA, ZIMBABWE

De entre eles... o 80% das execucións cométenas... tatatachán: Irán, Estados Unidos y China. No 2003 houbo, cando menos, 108 execucións en Irán, 65 en Estados Unidos e 726 en China. Crése que a cifra real é moito maior. A sección española de Amnistía Internacional está a enviar cartas ós gobernos destes países pedindo que cesen inmediatamente as execucións e que se abola a pena de morte para tódolos delitos (se queres botar un cable, clika na foto).

28 Oct 2004



Bon voyage
, Z.D. e sentidiño, que nestas viaxes vaise á caza e captura do vello banqueiro suizo e vólvese toliña polos ósos do músico chileno metido temporalmente a camareiro.

27 Oct 2004



Pode que animadas por ese exemplo de corrección política e de bo gusto audiovisual que anda polas canles musicais, as retornadas a valado city (e cía.) decidimos anotarnos en masa ó ximnasio. Aínda non teño moi claro que fago eu nunha clase de jazz pump, pero xa tiven oportunidade de comproba-lo que fai unha clase de jazz pump en min...

25 Oct 2004

A Tonga da Mironga do Kaburete



Eu caio de bossa
eu sou quem eu sou

eu saio da fossa
xingando em nagò

voce que ouve e nao fala
voce que olha e nao ve

eu vou lhe dar uma pala
voce vai ter que aprender


A tonga da mironga do kaburete

a tonga da mironga do kaburete

a tonga da mironga do kaburete

a tonga da mironga do kaburete

a tonga da mironga do kaburete


Eu caio de bossa
eu sou quem eu sou

eu saio da fossa
xingando em nagò

voce que le e nao sabe
voce que reza e nao cre

voce que entra e nao cabe
voce vai ter que viver...


a tonga....


Laiarararara laiararara

laiarararara laiararara


voce que fuma e nao traga
e que nao paga pra ver

vou lhe rogar uma praga
eu vou è mandar voce...



Por que me fará tan feliz está canción? Doutor(a), doutor(a), que padezo?

24 Oct 2004



Este tipo con pinta de malo hollywoodiense é o cráneo previlegiado que perpetrou o que (ás veces) é o meu libro favorito. Hoxe atopei por aí unha entrevista dos sesenta na que disertaba sobre a influencia do LSD na creatividade artística. Pareceume fascinante o derradeiro parágrafo. Cópiovolo:

While one is under the drug one has penetrating insights into the people around one, and also into one's own life. Many people get tremendous recalls of buried material. A process which may take six years of psychoanalysis happens in an hour -and considerably cheaper! And the experience can be very liberating and widening in other ways. It shows that the world one habitually lives in is merely a creation of this conventional, closely conditioned being which one is, and that there are quite other kinds of worlds outside. It's a very salutary thing to realize that the rather dull universe in which most of us spend most of our time is not the only universe there is. I think it's healthy that people should have this experience.

Aldous Huxley, nunha entrevista para The Paris Review en 1960 que retomaron en 1999 Michael Horowitz e Cynthia Palmer para Moksha: Aldous Huxley’s Classic Writings on Psychedelics and the Visionary Experience (Park Street Press).

...xa diciamos Armental e mais eu que non era tan fácil decidirse entre a pílula azul e a vermella.