25 Sept 2009

Volver empezar



Todo o mundo tira de ti con todas as súas forzas. En direccións contrarias. E tu vaste estirando vaste estirando vaste estirando. Sintes que vas perdendo a túa forma orixinal e pregúntaste canta tensión máis podes aguantar. Entón, un día calquera, un lixeiro toque extra desfaite en mil pedazos. Estoupas como un globo. Desapareces. Non queda nada de ti.
Só queda o monte.
E volver empezar.

16 Sept 2009

No meu moleskine XXV: Ludópatas



Acabaré en el casino, apostándome a rojo.
___
*A foto é de Robert Frank, si. Pertence a The Americans, tirouna en Nova Orleans en 1955 e chamouna Trolley.

15 Sept 2009

Odio a túa cotidianeidade. Ódioa. Odio como me exclúe.

8 Sept 2009

Conversas co Pikiniño II: Obstáculos

Eu tecleo mentres el edifica un garaxe enorme no medio e medio da miña habitación. Teñen que coller todos os coches, explícame. Remata, mírao orgulloso, facémoslle unha foto, dime preocupado: cando acabes de traballar e te vaias, hai que cerrar a ventana, para que non veña ningún lobo e o desfaga. Eu protesto: cando acabes temos que recollelo todo, porque eu teño que pasar por aí para sair da habitación. El pénsao un segundo e responde: e se imaxinamos que o garaxe está debaixo dunha rotonda e tu pasas darredor?

4 Sept 2009

No meu moleskine XXIV: Modestos



Non aprendiches nada durmindo comigo.
___
*A fotografía foi a portada do libro London/Wales de Robert Frank.

ἀφορισμός IX: Contrastes

Coller velocidade costa abaixo é perigoso.
Coller velocidade costa arriba é esgotador imposible.

2 Sept 2009

Número oculto

Cada noite marca un número ao azar. Saca o primeiro número de cada recadro do sudoku do día e chama. Esta noite sáelle o meu. Á unha menos cuarto, un número oculto escarállame a primeira noite de sono das vacacións.
- Diga?

Alguén respira forte. Espero. Nada. Colgo. Soa de novo.
- Diga?
- Me estoy masturbando pensando en ti
.
- Ah si? E quen eres?

- No te lo puedo decir
.

Colgo e busco no móbil unha opción para restrinxir as chamadas de números ocultos. Soa. Colgo. Non a hai. Quítolle o son e busco unha solución no google. Atópoa nun foro de opositor@s a Policía Nacional:
- La compañia telefónica tiene TODOS los recursos necesarios para identificar la llamada entrante y de qué número procede, incluso si la llamada no ha sido contestada. Es necesario que un juez ORDENE al operador que haga esa gestión y el número se presentará, del mismo modo que si haceis un desvio al número de la policia (al fijo o al 091, 092) o bomberos 080. Yo dispongo del mismo método. Enviadme un mail a tigre_1619@hotmail.com y os echo una mano.

Miro o móbil. Tres chamadas perdidas en pouco máis de dous minutos. Sen pensalo muito, escríbolle a tigre_1619. Contéstame en seguida. Pídeme o meu número de móbil e as horas exactas da primeira e da última chamada. Contéstolle e, en menos dun minuto, recibo outro correo seu:
- A mi hija se la cargó un degenerado, como el que mató a Laura Alonso. Como el que te acosa a ti. Han pasado más de diez años y nadie ha hecho nada, así que he decidido echarle una manita a la justicia. Gracias por tu ayuda y no te preocupes que ese hijo de puta no te vuelve a molestar. Ya lo tengo localizado.

E agora non sei que pensar.

1 Sept 2009



A felicidade é espertar porque estás cansa de durmir. Deixar secar a pel espida ao sol. Que o afillado se durma mirando para ti. Sorrindo. Falar co sobriño de Juanes da horta do cole dos amigos da bici do quad. O paseo do colesterol. Os temas enormes. Es@s amig@s que levan aí toda a vida. Que estarán aí toda a vida. Discutir. Ler. Ver a tele. Durmir ata que te cansas... Espertar.

31 Aug 2009

No meu moleskine XXIII: Inesgotables



Se eu puidera descansar de min...
___
*Aproveito as próximas entregas do moleskine para compartir unha serie de fotografías de Robert Frank, que ademais de ser unha figura imprescindible na historia da fotografía documental é un dos meus artistas favoritos... E iso si que é un fito importante, aínda que algo mal remunerado.
**Frank naceu en Zürich, nunha familia xudía acomodada e é famoso pola súa ollada escéptica sobre as sociedades británica e usamericana e por ser o fotógrafo da xeración beat. O seu traballo máis recoñecido é The Americans (esta referencia tamén é interesante), que o ano pasado celebrou o seu 50 aniversario. Tamén dirixiu varias películas. Entre elas, un documental sobre os Rolling Stones cunha historia xudicial algo rocambolesca. Nos últimos anos derivou cara a fotografía e o cinema experimental e, despois da morte dos seus dous fillos, limitou drasticamente as súas aparicións públicas.
***A imaxe que
ilustra este post titúlase, simplemente, London street_1951. Recomendo vela ampliada, contén un montón de detalles e historias.

A nadie



Puede que te falte entusiasmo antagonista
___
*Canto me gustaría ter escrito esa frase incríble. Cunqueiro descubriume esta muller onte e xa non puiden deixar de escuitala. No youtube non hai muita cousa, pero está enteiriña aquí.

28 Aug 2009



Chega a fin dun ciclo. Mañá acábanse os abrazos cunha romaría algo sui generis na que espero poder compensarlle ao corpo a base de polbo e LK as horas de sono que lle roubei estes últimos meses. Hoxe sinto un baleiro enorme e supoño que será porque -ademais do sono- perdín muito neste tempo, muitísimo... aínda que só foran ilusións. As ilusións, como todo o mundo sabe, ocupan muito e duran pouco.

Coas desilusións pasa todo o contrario.
___
*A foto, por certo, e de Xesus Ponte. Cedeuna El Progreso.

19 Aug 2009

Busco...



... habitación con vistas.
Vistas novas a unha vella realidade

18 Aug 2009

Sigo asombrada...



...e ben menos golfa do que me gustaría.
___
* O outro día vin unha parella aporreando unha máquina de condóns e recordei o divertido que foi luitar contra os nosos fracasos.
**Coa morte e posterior resurrección do meu móbil, comecei a construir unha nova axenda que só contén os teléfonos que me sei de memoria e máis os das persoas que me van chamando... É liberador deixar de sentir a presión dos números nunca marcados.

9 Aug 2009

7 Aug 2009

No meu moleskine XXII: Vividores



Na vida hai dúas clases de persoas: as vividoras e as traballadoras. As vividoras nunca traballan e as traballadoras nunca viven.
___
*A foto é Coal Miner at his Evening Meal (Northumberland, 1937), de Bill Brandt.
**Dicía Gisele Freung en
La fotografia como Documento Social que "La reproduccion de la obra de arte no solo esta condicionada por la manera de ver del fotografo, sino tambien por la del que mira la fotografia."

22 Jul 2009

Se cadra



Sigo perdida estresada insomne, pero xa non escuito cancións deprimentes. Agora ando por aí, retratando as partículas de pó en suspensión. Buscando sombras. Facendo planes. Deixeime atrapar polos horarios flexibles. Polas borracheiras das noites dos luns. Polos compañeir@s de viaxe... Non teño tempo para nada. Nin para o blog nin para a melancolía nin para min mésma.
Se cadra, tardo en volver.
Ou, se cadra, non.

13 Jul 2009

ἀφορισμός VII: Ritmos

Aos 20, buscas drogas que te estimulen, que te esperten, que che axuden a vivir máis horas. Máis intensamente. Máis.
Aos 30, buscas drogas que te relaxen, que te anestesien, que che axuden a durmir máis horas. Máis tranquilamente. Máis.

I'm seducing you



Leslie: I admire your fingering.
Leonard: Thank You.
Leslie: Maybe sometime you can try that on my instrument.

(click)

8 Jul 2009

No meu moleskine XXI: Cursis



Todo el puto día pienso en ti.
___
*Sugar Ray Robinson é considerado o mellor boxeador da historia por Associated Press, ESPN, a revista Ring e outros grandes como Muhammad Ali. Esta foto, que roubei aquí e da que non atopei máis firma cá da axencia (AP), correspóndese coa primeira derrota da súa carreira. Foi ontra Raging Bull, outro dos grandes.
**A frase non estaba no meu moleskine, atopeina na rede. Díxoa alguén que temía ser cursi. Eu creo, sinceramente, que ese é o mellor poema do Mundo.
Así como está. Sen coma ningunha.

Paleoblog



"En nuestro país (Galicia) la gente escribe como se supone que debe escribir quien ha leído muchos libros y buenos. No viven las pasiones y cuando se retiran a crear se encierran en apartamentos con vistas al quiosco, a la librería, al patio interior y no al mar, porque les distrae". (Xesús Campos, Quadern Cuadriculat en transit Barcelona-Mahó para Manuel. Novembro de 1988)
___
*Chega ás miñas maos este caderno manuscrito de Chichi Campos e flipo co divertido, co fermoso e co honesto que é. Úloo, tócoo, reléeo e déixome invadir por unhas ganas tolas de buscar un apartamento con vistas ao mar e darlle uso ao Libro do Importante.


There were times, i´m sure you knew
When there was nothing fucking else to do
But through it all, when there was doubt
I shot it up or kicked it out
I fought the just as before
And did it my way!

(Gracias)

7 Jul 2009

Give in



Deanie: But Mom, didn't, didn't you ever - well, I mean, didn't you ever feel that way about Dad?

Mrs. Loomis: Your father never laid a hand on me until we were married. And then I, I just gave in because a wife has to. A woman doesn't enjoy those things the way a man does. She just lets her husband come near her in order to have children.

6 Jul 2009

No meu moleskine XX: Santos



Prefiro vestir santos a desnudar borrachos.
___
*Like a prayer é o primeiro single do cuarto disco de Madonna. As queixas de varios grupos relixiosos tralo lanzamento do vídeo, que algunha enquisa considerou o máis transgresor da Historia, fixeron que Pepsi se desfixese da relación publicitaria que establecera coa cantante. O vídeo dirixírao Mary Lambert, quen contou coa dirección de fotografía de Steven Poster.

Insomnio

Coas feridas dos dedos pechadas, a ansiedade baixo control e rebosante de enerxía despois de durmir seis horas seguidas por primeira vez en semanas, hoxe teño menos claro aquelo dos prazos...
Se cadra, si que é unha cuestion de tempo.
E, se non o é, que vivan a anestesia e o tanquerai!

5 Jul 2009

Paranoiac tantrums



BILL: Come on, get up. I'll buy you a drink.
MARGO: I admit I may have seen better days, but I am still not to be had for the price of a cocktail - like a salted peanut.
BILL: Margo, let's make peace.
MARGO: The terms are too high. Unconditional surrender.

(click)

3 Jul 2009

Comas traidoras



Pregúntome cantos poemas terán estragado as comas traidoras e respóndome que é imposible calcular cantos amores eternos terán masacrado a falta de depilación, as casas desordeadas, os poemas alleos, as inseguridades... "Aquilo arranxábase cunha boa remexedura na cama" e eso sábeo calquera. Tamén Ela. Ela sabe iso e sabe tamén que arranxalo, ás veces, é a peor opción.
Arranxalo pode estragar un poema.
O poema que nos faría grandes entre os máis grandes.

2 Jul 2009

Aventuras y malicias



Y de nuevo por las noches,
Esta cama tan vacía,
Y la lleno con historias,
aventuras y malicias,
luego viene su recuerdo,
y canción de despedida,
y me encuentro noche a noche,
En el punto de partida.

Gústanme as persoas apaixoadas amantísimas aventureiras maliciosas tiránicas e vingadoras... Encántame esta muller.

1 Jul 2009

Trapezoide



I. A partida rematou.

II. Entregaches as cartas?

III. Non hai nada que entregar.
Nada.
Nada de nada.
Nada de nada de nada.

IV. Quenó?

V. Quenó. É un NON rotundo por varios motivos: 1) pasa de min 2) liouse con un(ha) amig@ miñ@ 3) é unha regresión ás noites de Santiago, que xa vivín e xa sei cómo acaban 4) estoume dispersando con este rollo que non vai a ningún sitio 5) porque si 6) teño resaca 7) teño orgullo 8) unha partida tan longa e difícil é emocionante, pero acaba por aburrir 9) hai muitas persoas alborotándome a existencia 10) porque trato de convencerme de quenó desde que me levantei

29 Jun 2009

ἀφορισμός VI: Condicionantes

A ansiedade devora a creatividade.
El abrazo poético como el abrazo carnal
Mientras dura prohíbe toda caída en la miseria del mundo.



Volven os abrazos.
___
*Roubei na de Desconvencida tanto a foto como os versos de Breton.

28 Jun 2009

Summertime (VI): Lazing



And I love to live so pleasantly,
Live this life of luxury,
Lazing on a sunny afternoon.
In the summertime

27 Jun 2009

Guindas



Farta de esquivar viquingos sherezades e monarcas medievais entre os restos dun Valado ardido, veño enchufarme á aldea. Sobriñear madriñear limpar cocer botarlle as guindas á augardente picar os ingredientes da ensaladilla da festa e facer de pinche pasteleira axúdame a poñer algo de orde no libro do importante. Doume conta de que eu tamén o fun enchendo de tonterías. Enchín a miña vida de proxectos situacións e persoas que parecen enormes, pero que non o son. Non son máis importantes, non poden selo, que apampar para as partículas de pó en suspensión.

Mañá, festa.

26 Jun 2009

Outing V



O primeiro que fago cando entro na casa petrucial é poñer as as zapatillas do meu pai. Levalas faime sentir invencible.


Nos quedará, menos mal,
Dry Martini S.A.

25 Jun 2009

Surrender

Your armor, so strong
Is strategically wrong
Victory goes this time to the tender
To win in love you must surrender



O outro día, o pikiniño regaloume este dragón que lle tocara no huevo kinder. Explicoume que bota lume, que é mui poderoso e que me vai protexer sempre, en todos os sitios. Tamén na guerra. Eu díxenlle que había tempo que non daba un paseo pola guerra e el miroume raro, como se non me entendera, e respondeume: Tu vives na guerra!

E morreu o conto.
___
*Os versos descubrinos na de Desconvencida.

24 Jun 2009

Dende o limiar

sé que despertaré alegre y solidario
con mi culpita bien lavada y planchada
y no sólo se me abrirán las puertas
sino también las ventanas y las vidas



Os gregos chamaban Porta dos Homes ao solsticio de vrao porque sabían que no preciso momento no que o sol detén o seu percorrido sobre as nosas cabezas se abren de par en par as portas "do outro lado do espello". Son esas portas invisibles as que nos separan da dimensión máxica da realidade e disque cando están abertas podemos albiscar o futuro dende o limiar...

Eu onte aproveitei para botar un ollo, pero non vos sei explicar o que vin.
___
*Os versos pertencen a "Hombre que mira más allá de sus narices", dos Poemas de otros (1973-1974) de Benedetti. Regalóunolos esta mañá o calendario benedettiano de H.

23 Jun 2009

Gústame o vrao



Aínda que nunca cho diga. Aínda que todo pareza tan innecesariamente difícil. Aínda que non che deixe sorprenderme coas túas arrountadas riquiñas. Gústame que me mires con esa mirada intensa, cargada de misterios. Que non te achiques nas discusións pedantes. Que saltes cando te pico. Gústame que sintas paixón pola cociña. Gústame ler debaixo do teu pexegueiro mentres mentres preparas a cea. Gústame deixarme sorprender por propostas musicais tan impropias dalguén coma ti. Gústame descubrir entre os teus libros as obras completas de don Álvaro. Gústanme as túas arroutadas riquiñas. Gústame que non te espanten as dificultades. Gústasme tu.

22 Jun 2009

ἀφορισμός V: Prazos

O tempo non cura.
O tempo, en todo caso, anestesia.

Summertime (V): Over

i'm tired of telling the story
tired of telling it your way



before you take my heart reconsider
before you take my heart reconsider
i've opened the door
i've opened the door

here comes the summer's son
he burns my skin
i ache again
i'm over you

Outing IV



Emocióname apampar para as partículas de pó en suspensión.

21 Jun 2009



Vou buscar o sono perdido á aldea. Abro as ventanas e frego a habitación (e) a conciencia. Fago a cama cunhas sábanas tan limpas que aínda ulen a horto e a sol. Deixo o ordenador no coche, quítolle o sonido ao móbil e déitome co eco das voces dos meus pais rebotando nas paredes da cociña, do corredor, da habitación, do estómago... Todo está ben. Cumprín todos os rituais. Todo está ben, menos eu. Invádeme unha ira aceda e non sei por qué. Nin contra quen. Se cadra é contra min mésma. Durmo abrazada ao enfado ao cansanzo á culpa. Soño esperto durmo esperto soño durmo esperto. E levántome mallada, coas cervicais trabadas, mareada, derrotada. Levo meses botándolle a culpa do insomnio á cama. Vou ter que empezar a asumir que o problema non se vai arreglar comprando un somier.

16 Jun 2009

Summertime (IV): Haunt



If you've forgotten what I'm naming
You're gonna long to reclaim it one day
Because that summer feeling is gonna haunt you
One day in your life.

15 Jun 2009

We'll try to make this the
best place in the world

Cartaz

Quedaron na estación de tren de Bemfica. Dous amigos que se admiran e tantean a posibilidade de coller xuntos o próximo tren sentan na cafetería da estación. Sobre a mesa, a posibilidade de tocar xuntos no Salón Teatro de Compostela. "Comezamos a falar das cousas posibles", recorda Narf, "e díxenlle que eu tiña unha canción. Comecei a cantar Aló Irmao e el seguiume. Rimos, abrazámonos e entendemos que había que seguir cara adiante, que era por aí”. “No tren de volta", dime Manecas cun sorriso que lle ocupa a cara toda, "eu só pensaba: eu tamén quero”.

Despois de tantos meses de proxectos que non chegan a concretarse e de desexos que pensamos pequenos ata que se revelan tan grandes que non nos caben no peito, sinto un pracer enorme oindo a historia de Fran e de Manecas. Unha historia simple, din eles, de dous tipos con dúas guitarras que se caeron ben, que se entenderon ben. Ás veces, digo eu, as historias simples son as máis fermosas e importantes. As que nos cambian a vida.

Mañá e pasado, no Teatro Principal de Santiago, Narf e Manecas gravarán ao vivo o seu Aló Irmao. Os concertos comezarán ás nove da noite e a entrada é gratuita até completar aforo. Muitas desas horas de traballo das que vos falaba onte estarán tamén alí, no mellor sitio do mundo. Con eles. E, se vos animades, con vós.

14 Jun 2009

Acumúlanseme os post
que nunca escribirei

Finde pijo-rural en Compostela

As semanas de lecturas, o Limiar da Conciencia, as pombas e os morcegos, a media ducia cumprida de historias entretidas, as dúas tardes de intenso (e enriquecedor) debate, a volta á illa, os pinchos, o lercheo, os risos, as oito doas para San Simón, a sorpresa a emoción e a frustración de saberme perseguida por aquelas palabras roubadas a Rodari que apareceron no primeiro libro que metín no bolso despois das lecturas forzosas e que, vintecatro horas máis tarde, estalaron de novo diante de min con toda a forza do discurso de Agustín.

Pasan os días e todo vai quedando sepultado polas caricias, polos praceres novos e os agobios vellos, polo insomnio, pola morriña do que nunca sucedeu, polos mareos a dor de cervicais e as feridas dos dedos, polo turismo pijo-rural con aqueles que xa non escuitan a Ismael Serrano, polo eterno retorno da raíña que nunca quixen ser e polo traballo. Horas días semanas de traballo que arramplan con todo.
Tamén con emerecindo.

Acumúlanseme os post que nunca escribirei e morren de vellos os que escribín e non publiquei. Teño o escritorio cheo de notas desfiañadas, de ideas pespuntadas que non souben rematar e de historias ben cosidas que non me atrevo a publicar. Sinto o peso das vosas miradas e, por primeira vez en máis de cinco anos, dáme medo e pudor e preguiza enfrontarme a elas.
Dáme unha preguiza imensa.

6 Jun 2009

Como un aullido interminable



Perdóname no sé decirte
nada más pero tú comprende
que yo aún estoy en el camino.

Pero tú siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti
como ahora pienso.

3 Jun 2009

Summertime (III): Keep the memories

Silent, 'cause there's just too much to say.



Love to me is like a summer day.
If it ends, the memories will stay,
Still and warm and peaceful.
Now the days are getting long,
I can sing my summer song.

2 Jun 2009

Palabras cortadas



H. alimenta o lume da reconstrución cos restos dos diarios que desfai cunha delicadeza extrema. Un xesto ritual no que non hai nada de arroutada apaixoada. Desfíase a conciencia, con menos medo que cariño, para tecer despois con esas mesmas palabras unha vida nova.
Unha vida mellor.