É mellor calar e parecer estúpida que abrir a boca e confirmalo?
29 Aug 2007
Odio este traballo. Odio a falta de educación, a mediocridade e ineficiencia do empresariado español, esa xente para a que se supón que traballo. Odio ser consciente de que o que se espera de min é que faga que fago. Odio ter tan poucas ganas de facer. Odio pasar oito horas ao día, cinco días á semana, 51 semanas ao ano rodeada de xente que non quere estar onde está, pensando que non quero estar onde estou. Odio sentir que perdo o tempo, porque non podo non perdelo. Odio a mecánica funcionarial. Odio firmar o meu traballo co nome de outra persoa. Odio que o meu xefe só espere de min que consiga felicitacións ao seu nome. Odio non ter cara nin nome nin personalidade propia para a maioría da xente que recibe os froitos do meu traballo. Odio ter tan poucas ganas de facer o que teño que facer. Odio sentirme tan frustrada. Quero que se acabe.
A ezta niña* ziempre le han guztado laz manzanaz. Pero no le guzta comer pezcado, podque le guztan mucho los pezez y le da pena que ze muedan. No, los pollos no le dan pena. Ni laz papaz fritaz, que zon zu comida referida. (Acá no ze dize patataz! Tú por qué hablaz tan raro?) Me quiede, no me quiede? No, a mi guzta máz Te quiedo, no te quiedo. Ez hermoza. Ez inteligente. Tiene un zine en zu cabeza Y puede vez películaz ahí cuando quieda. Y eztá enamorada. De una eztrella. Pero no de una eztrella del zielo, eh. De una eztrella del pop.
*É a irmá pequena de La Reportera. Ten catro anos e é unha das persoas máis interesantes e divertidas que coñecín en muito tempo.
Antes de todo o demáis, Perú parecérame un país apaixonantemente complicado, como a maior parte de Latinoamérica. Cravadas turísticas ineludibles (sobre todo na medida na que te achegues a Machupicchu), hoteis de prezo negociable (en realidade, no 99% das situacións, o prezo é negociable, un xogo continuo da oferta e da demanda), restaurantes exquisitos creativos cool cholopolitas e baratísimos, artesanía de tódalas castes e cores, muitas máis mulleres e nenos que homes na rúa, anciás ofrecendo a súa beleza ou a súa pobreza á cámara do turista por 25 céntimos de euro, mulleres tecendo mantas coas que cubriría a miña vida darriba'embaixo e, sobre todo, nenos. Antes de todo o demáis, Perú estaba cheo de nenos de cara sucia e roupa rechamante, nenos xogando á mariola no serán, nenos vendendo golosinas aos guiris cheos na madrugada, nenos ofrecendo á cámara do turista, por 25 céntimos de euro, os seus aloumiños aos canciños gatiños llamiñas que os acompañan. Cando o miraba, parecíame un país melancólico misterioso e precioso, cheo de xente preciosa e sorrinte, muito máis sorrinte e preciosa que a xente traxeada que me cruzo cada mañá na city santiaguina. Claro que, cando as miraba, antes de todo o demáis, tamén me encantaban as súas casas, esas casas de adobe e tella, coroadas por dous bois de barro, símbolo da boa sorte.
18 Aug 2007
Gustaríame poder describir a miña vivencia do terremoto sen caer en superficialidades que lixen a memoria dos finados. Encantaríame poder contarvos como me sobrepuxen ás miñas propias sensacións para axudar á xente que sufría, dun ou doutro xeito, ao meu carón. Querería, alomenos, poder presumir de intrepidez xornalística. Pero non podo, porque desta experiencia só me quedan unha serie de anécdotas superficiais e os escrúpulos necesarios para non convertelas na crónica dunha traxedia. Aí van.
O 15 de agosto de 2007, ás 18.40, eu estaba mirando o escaparate dunha librería ao carón da Plaza de Armas de Lima. Pablo e Ana marcharan para o aeroporto pouco despois de xantar e Roberta e Carla quedaran mirando abalorios nunhas galerías a un par de rúas da praza. Eu estaba soa, si, e como nos dixeran que a cidade era taaaaaaaaan perigosa, estaba ademáis sen pasaporte, sen tarxeta de crédito, sen móvil español nin selular chileno, cos cartos peruanos xustos para pagar a miña terceira parte do taxi ao aeroporto no peto, co carnet de conducir español (porsiaca) e cuns 200 euros escondidos para cambiar en caso de necesidade. De feito, ás 18.40 do 15 de agosto de 2007 eu estaba, precisamente, diante do escaparate dunha librería ao carón da Plaza de Armas de Lima preguntándome se o desexo imperioso de comprar un libro se podería considerar necesidade, cando notei un lixeiro temblor no chan. O primeiro que pensei foi "xuraría que Lima non ten metro". O segundo, "vaia, un terremotiño". O terceiro, froito daqueles tremores en Triacastela nos 90 e das experiencias sísmicas chilenas, foi "xa pasará, sempre pasan". Pero aquelo non só non pasaba, senón que ía aumentando en intensidade. Os cristais dos edificios da plazoleta tremían con forza. As luces ían e viñan. A xente saía histérica dos portais. Un policía esixíalle a berros a unha muller maior que se calmara. Dous coches petaban a uns cen metros de onde eu estaba, daban marcha atrás e seguían o seu camiño acelerados. O cuarto que pensei foi "onde sería o mellor sitio para estar se as fiestras comezasen a escachar ou caesen cachos dos edificios". Calculei un triángulo á beira da praza que me parecía máis seguro e, dende alí, botei un ollo á explanada da praza de Armas. A xente corría histérica cara alí. Certamente, parecía o sitio máis seguro no que esperar un tremor maior. Pero a min dábame máis medo a turba de xente que o tremor en si, e ademáis quedara de esperar na librería a Roberta e a Carla. Roberta e Carla. O quinto que pensei foi que o edificio no que as deixara era vello e non parecía nada seguro. Comezou a agobiarme a idea de que lles pasase algo. Cando o chan deixou de tremer eu repetía para min "vounas buscar ou espéroas aquí? vounas buscar ou espéroas aquí? vounas buscar ou espéroas aquí?". O sexto que pensei foi "e se lles pasou algo? como consigo eu axuda? como as saco daí?". O agobio xenerado por esta idea e a dúbida entre se seguilas esperando ou ilas buscar medraba por momentos, como a angoxa da xente que seguía pasando acelerada cara á praza de Armas, cando as vin aparecer, ao lonxe. Primeiro gran suspiro de alivio.
Despois de abrazarnos e de botar a bagoíña de rigor, decidimos buscar canto antes un taxi e ir cara ao aeroporto. No paradoiro da praza había varios taxis coas luces prendidas pero sen conductor. Entón, vimos ao lonxe un que deixaba uns clientes. Aceleramos o paso e preguntámoslle se nos levaba ao aeroporto. Díxonos que si, pero que nos cobraba un pouco máis do habitual, porque habería máis tráfico. Como se nos importase. Segundo suspiro de alivio.
De camiño ao aeroporto pasamos pola praza e por varias rúas do centro, nas que había restos de escaiola que caeran dos edificios antigos. Nada grave. O peor era o caos de coches e de xente. Os limeños conducen rapidísimo e sen ter máis cuidado cos demáis que pitar nos cruces e nos cambios de carril. Xa é unha experiencia "inquietante" en circunstancias normais. Coa histeria colectiva que se respiraba despois do terremoto, foi máis angoxante que o tremor en si. Estivemos a piques de topar nun par de ocasións. A xente botábase aos coches pedindo que alguén os levase. Na radio, os locutores piden calma e advirte a quen estea na costa que hai risco de tsunami. No extrarradio cairon casas. Hai xente atrapada nun centro comercial que empezou a arder despois do sismo. Nun punto, o taxista enfía cara un túnel, pero no derradeiro momento decide evitalo. Terceiro suspiro de alivio.
Cando chegamos ao aparcadoiro do recentemente remodelado aeroporto Jorge Chávez, vemos que está cheo de xente. Parece que o tremor puido co interior do edificio, cairon cachos de porexpan e de metal do teito e algunhas máquinas dos bares. Botaron a xente mentres comprobaban que non era máis perigoso estar dentro que fóra. Atopamos enseguida a Pablo e a Ana. Cuarto suspiro de alivio.
Estamos unhas dúas horas no aparcadoiro, tan ricamente, aínda que Ana está bastante pachucha e as nosas cousas (entre elas, os nosos pasaportes) seguen na consigna do aeroporto. Entramos, recuperámolas, dinnos que goberno cancelou os vós nacionais para darlles prioridade aos internacionais, polo que damos por suposto que voaremos a Chile esa noite (quinto suspiro de alivio), comprobamos que os móbiles non funcionan, descansamos un par de horas no chan do aeroporto, chegan os de Gol e comunícannos que eles si que cancelaron os vós. Despois dun lixeiro intercambio de opinións acceden a pagarnos unha habitación no hotel do aeroporto. E así é como acabamos pasando o 16 de agosto de 2007 ancorados ao retrete dun hotel pijísimo, completamente desfeitos do estómago (aínda non sabemos por que), coas teles locais a todo volume, alucinando co tratamento que lle dan á traxedia e coas repercusións que tivera a anécdota nesas casas de adobe tan agradecidas para as fotos de turista. 50 persoas mortas expostas nas prazas das vilas. Os reporteiros entrevistan aos que buscan aos seus entre as, agora, 100 persoas mortas. Entre répicla e réplica escribo á casa e posteo. Durmo unhas horas e cando espero xa van 250 persoas mortas. Comprobo que meus pais saben que estou ben, durmo outro par de horas e cando esperto xa van 350 persoas mortas. Chega ese punto no que xa non son persoas, senón números. 85.000 damnificados. 85.000 persoas que quedaron sen casa, sen luz, sen auga corrente (nin falar da potable), sen comida, sen roupa. Chegan os saqueos. E chega tamén a solidariedade internacional. Qué cínica me volvín e que pouco confío no conto da solidariedade internaciona. Solidariedade do Banco Mundial? En fin.
Vai pasando o día 16 e deixa paso ao 17, no que, exactamente 28 horas despois do esperado, chegamos ao Santiago austral. Ironías da vida, en canto pisamos Chile sentímonos fóra de perigo sísmico e muito mellor do estómago.
Ese é o punto exacto no que me atopo, el puto cogollo de la cuestión. Lima, 15 de agosto de 2007, terremoto de 7,9 na escala Richter, o máis grande dos últimos 50 anos, e eu vívoo soa, anque rodeada de xente histérica que chora e reza, na praza de Armas (centro neurálxico da ciudade), sen pasaporte nin móbil nin tarxeta de crédito, con 43 soles no peto (menos de 11 euros) que non me dan nin para o taxi ao aeroporto. Parécevos un bo comezo para unha novela? Alomenos para un relato corto si que dá, non? Joder, joder, esto síguese movendo. En fin, mañá máis, que agora necesito unha ducha e unha cama, foi un día mui duro precedido dunha semana longuísima e o hotel no que nos aloxamos por cortesía desa merda de compañía que é Gol está xenial.
10 Aug 2007
Túnica triangular, polen de piedra. Lámpara de granito, pan de piedra. Serpiente mineral, rosa de piedra. Nave enterrada, manantial de piedra. Caballo de la luna, luz de piedra. Escuadra equinoccial, vapor de piedra. Geometría final, libro de piedra.
Esta noite saímos para Lima, Cusco e Machu Picchu. Temos cinco días para percorrer a capital do Perú, o Valle Sagrado e a obra máis emblemática da arquitectura inca. Volveremos o xoves da semana que vén, baldados, pero contentos. Espero.
9 Aug 2007
Aí vos deixo un agasallo. Non o comento porque non sei por onde entrarlle. Festival del humor, non, porque se o pensas ben non ten nin puta gracia. Profundidades sobre a esquerda latinoamericana, tampouco, porque non sabería nin por donde empezar nin, o que é peor, por donde acabar. (Só unha cousa, que se non rebento, mellor que a SUIZA comunista?!) Curso de ética piriodística, menos, porque deso non queda neste mundo cruel e muito menos cando os deste lado dos andes falan dos desoutro lado. En fin, vós mesmos.
Non é a primeiravez que sinto que me susurra ao oído a súa última ocorrencia porque sabe que é exactamente o que necesito oir:
`Cheshire Puss,' she began, rather timidly, as she did not at all know whether it would like the name: however, it only grinned a little wider. `Come, it's pleased so far,' thought Alice, and she went on. `Would you tell me, please, which way I ought to go from here?' `That depends a good deal on where you want to get to,' said the Cat. `I don't much care where...' said Alice. `Then it doesn't matter which way you go,' said the Cat. `... so long as I get somewhere,' Alice added as an explanation. `Oh, you're sure to do that,' said the Cat, `if you only walk long enough.'
Non é a primeira vez. E espero que non sexa a derradeira.
Camiñarei tanto como poida.
5 Aug 2007
Estou de volta no (frío) Santiago austral. Na foto, er peli explícanos in person o mosqueo machupichero que publicou en El País. Teremos que irnos preparando, vése que é o que nos espera a nós esta finde.
Nada máis aterrar, en fin, atopeime con eses compañeiros de viaxe que non sei se merezo pero que agradezo, cos seus paseos de fin de semana, cos seus planes de viaxe e coas súas charlas e cotilleos. Atrás quedaron as estampas familiares no vrao madrileño (gallifante para quen adiviñe onde saquei a foto).
As exquisiteces gastronómicas que nos ten vetado o puto SAG.
Os seres queridos (na foto, o guaperas do meu sobriño), aos que, por certo, deixei con toda a alegría e tranquilidade, sinceramente, vista a incríble recuperación do accidentado (grazas outra vez a todos polos ánimos).
E as 56 horas de viaxe, Andes pa'cá, Andes pa'cullá.
E eu non digo nada, pero mañá hai dez meses que os crucei por primeira vez.
26 Jul 2007
Estar lonxe, tan lonxe, cando os teus sofren implica un nivel de paranoia que eu non soporto. Non o soporto fisicamente. Hai anos que o meu corpo me berra cando unha situación non lle gusta. Creo que foi nos derradeiros meses en Barcelona cando me empezaron a sair as feridas na cabeza e nas mans. E agora, estes últimos días en Chile, case non durmo, cando consigo pegar ollo teño pesadelos, doeme a cabeza, teño o estómago anudado e feridas abertas en seis dedos. E non podo falar con (nin pensar en) eles sen chorar. Así que, apoiada incondicionalmente por est@s compañeir@s de viaxe que non sei se merezo pero que agradezo, fun falar co Capo para cambiar as vacacións que me quedaban por unha semana na casa. Saio para aí mañá a mediodía, chegarei a Lugo o domingo despois de comer, e volvo o sábado que ven. Desexádenos sorte, que parece que non nos vai vir mal.
23 Jul 2007
A curmá que tamén fora mentora vai de visita á casa de meus pais e mándame unhas fotos que, por inesperadas, me alegran o día e que, por retratar unha realidade aparentemente inmóbil, me tiran da morriña de última hora. Dende a outra beira, o meu cuarto parece estar exactamente como o deixei.
Actualización 13:53. Lamentablemente, as cousas non están exactamente como as deixei. Meu curmán tivo un accidente de tráfico e está na UCI desde o sábado.
O martes, Rupert Murdoch compra Dow Jones por un 65% máis do seu valor en Bolsa e o sábado morre Polanco. ¿Imaxinades a Aznar entrando en Gran Vía, 32, para tomar posesión como presidente de Prisa? Asusta, eh.
Amos, non me ghodas, bon gusto non destila, pero o de "injurias a la Corona"* e o de retirar as publicacións dos quioscos e ordear "que se destruya el molde" son dous traxes que nos quedan xa un pouco escasos. Claro que, na miña opinión, a Coroa tampouco nos favorece nada.
Para @s que falan e non calan do feos que son os chilenos, aquí Benjamín Vicuña Hugo Chávez anunciou, no programa Aló, Presidente Nº 266 a posibilidade de que a reforma constitucional na que está a traballar o Goberno venezolano inclúa "a reelección indefinida para Presidente da República". Que menos? Non queremos que Venezuela se quede sen líder e, evidentemente, en todo o país non hai outro.
Vargas Llosa ensalza a Barak Obama nun artigo de opinión publicado pola maioría dos xornais latinoamericanos. A exaltación non é tan criticable como aparentemente sorprendente, vindo de quen ven. A sorpresa desaparece ao ler o artigo que se resume nesta frase: El "sueño americano" no es un eslogan, sino una realidad. Xa.
Gloriosa, a entrevista a Bryce Echenique que publica Caretas. Grande, a periodista: "Hasta el momento, son once los plagios de artículos periodísticos que se le han imputado. Un error de su secretaria, se disculpó Bryce primero. Un complot fujimontesinista, adujo después. Fruto del odio de un enemigo, retruca ahora". E aínda máis grandes as respostas desquiciadas de Echenique. Unhas risas.
Despois está Putin e as "extraordinarias circunstancias que afectan á seguridade" do seu país", que, se non fora porque non ten puta gracia, sería divertidísimo.
Doume conta, por un comentario de Roberto no blogh chileno, que aínda non vos falara do pisco. Graso error que tentarei solucionar de inmediato.
Pisco, ademáis dun val do Perú, é unha variedade de augardente e un exemplo máis do dominio da copia que teñen os meus veciños e amigos, os chilenos. Segundo conta a wikipedia, en quechua piskos eran os alfareiros que vivían nos vales de Pisco, Ica e Nazca, así como as ánforas que facían. Parece ser que o licor adquiriu ese nome porque dende un principio se almacenou nestes recipientes (toma cadea de sinécdoques). En fin, que o pisco naceu no Perú e que, sen embargo, actualmente, os chilenos consumen catro veces máis pisco que os peruanos (tres litros por persoa e ano, fronte a menos de medio litro) e producen dez veces máis (50 millóns de litros por ano, fronte a pouco máis de 4 millóns). Copiar, cópiano todo, eh, pero máis e mellor, eso si. En 2005, Perú iniciou o trámite para rexistrar a denominación de orixe do pisco ante a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (WIPO, en inglés), argumentando que a palabra "pisco" aplicada ao licor ten unha relación estreita co espazo xeográfico onde se produce (como no caso do champagne, en Francia). Chile, sen embargo, considera que o término é xenérico (como o viño) e que pode ser usado por calquera que o produza.
Pisco premium, en Valle del Elqui (Chile)
En calquera caso, en Chile bébese muito pisco,pisco sour de aperitivo e piscola de carrete. Esta última está restrinxida a iniciados na materia ou, como mui acertadamente explicou Mike no seu momento, para o último cacharro de noites de alta inxesta de alcol e poucos recursos económicos. O pisco sour, sen embargo, é apto para tódolos públicos, baixa como a agua e sube como a escuma. As consecuencias, terribles, comezan con este gesto,
shhh cando te-o-es-si-la-be-ar E acaban, ao día seguinte, coa peor resaca que coñeceu ser humano. Ou, alomenos, eso é o que din ;)
Acábase unha época de agobio laboral (habelas hainas) e do outro lado recíbeme alguén que ten un aire ao meu eu canalla. Só un aire. O mércores anITA e mais eu convertemos un café despois do traballo nunha litrona universitaria, un par de piscos happy-hour, unha cea de chino regada de viño chileno e confesións galaicas, máis bares, máis piscos, máis confesións... E acabamos ás tantas inventando histriónicas coreografías para os grandes temazos de ayer hoy mañana y siempre que ambientaban unha cea de empresa chea de caras nas que ningunha das dúas queriamos vernos reflectidas. Non, se podemos evitalo. Non, agora que parece que o meu eu canalla está a punto de volver. Paso a paso. Tampouco quero presionala, non vaia ser que escape de novo.
11 Jul 2007
Había tempo que non me namoraba así, ata as porcas, con esta obsesión que non me deixa nin pensar nin traballar nin postear nin durmir nin comer nin respirar cando estou lonxe del. Había tempo que non me pasaba e entregueime por completo a esa sensación de dependencia que me tranquiliza tanto, supoño, porque me libera da responsabilidade de tomar decisións. Dediqueille cada minuto, cada segundo, dos últimos tres días. Incluso aqueles nos que estabamos separados. E non llos dediquei porque quixera dedicarllos. Dediqueillos porque non podía facer outra cousa que dedicarllos. Desexando avanzar, ao principio, a cualquera prezo. E luitando contra as ganas de pisar o freo ao final, cando xa vía a luz no cabo do túnel e non podía distinguir se era a luz cálida dun domingo ao mediodía ou a luz fría dun luns pola mañá. Agora, só me queda un sabor entre acedo e doce no padal. Non era perfecto, nin sequera era o mellor libro que lin na miña vida, aínda que por momentos pensei que podía chegar a selo. Agora que o noso rematou, non me vai quedar máis remedio que comezar a buscarlle un sustituto. Eso e intentar recordar as derradeiras verbas que me susurou ao oído cada vez que me cague na metade de España que me xea o corazón:
Para los estrategas, para los políticos, para los historiadores, todo está claro: hemos perdido la guerra. Pero humanamente no estoy tan seguro. Quizá la hemos ganado.
Aquí un amigo chileno, o cobrador do noso restaurante de colación favorito. Nótense a elegancia e o orgullo cos que mira a cámara. Previamente, quita as gafas, nun xesto de coquetería que nos conquista a Eva Luna e a min.
O do cobrador é un traballo curioso. Haino en todas partes: nos restaurantes (non nos pijos), nos pubs, nas papeleirías, nas tendas de chucherías... A súa función é unica e exclusivamente cambiar os teus cartos por ese papeliño amarelo que ten nas mans e asegurarse de que o levas contigo ("no se deje su boleta" debe de ser a frase que máis oín nestes meses), o que é especialmente importante nos pubs, onde tés que pagar antes de consumir, polo que se te vas sen papeliño quedas sen pisco.
Para chegar a ese paraíso que é o salar de Uyuni, atravesamos os Andes durante oito horas por carreiros de cabras cheos de pedras e de baches nunha camioneta que tiña nome (La-Cáterin), pero non suspensión. Nese camiño infernal que leva ao edén vimos paisaxes incríbles: montes nevados que descansan sobre lagoas altiplánicas de cores imposibles, cumios vermellos marróns amaraleos que xogan ás agochadas cos seus veciños negros brancos grises, camélidos que buscan a súa merenda na neve, regatos que reflicten as cores do atardecer ata que La-Caterin os atravesa case sen alento... Entre uns e outros, comemos o rancho e o pan duns mineiros aos que a nosa visita imprevista lles "arreglou o día" e chispeamos a coca dun equipo de gravación de National Geographic. Xa ás portas do salar, durmimos (durmín) baixo sete mantas a -15ºC. E todo pagou a pena, todo se convertiu nunha anécdota, cando chegamos aos doce mil kilómetros cadrados de pureza branca, só interrompida por illas cheas de cactos e de terra seca e polas labores de extracción das saleiras (na foto, os montículos que van facendo coa sal que rascan do chan antes de subila aos camións).
E é que o paraíso do turista pode ser o inferno do autóctono. Un clima indómito (cun sol de xustiza ás doce da mañá e dous díxitos de graos baixo cero ás doce da noite), unha terra seca e chea de pedras que hai que arar a man, un dos gobernos máis pobres e ineficaces do planeta, unha historia que deixa poucas esperanzas para unha mellora pacífica e un único recurso, a sal. Unha das mercadorías máis baratas que existen, que deben rabuñar da terra, transportar en camións do século pasado, secar ao sol, embolsar a man (na foto, un saleiro sellando unha bolsa) e vender a quen sexa que a queira comprar por non máis dun dólar ao día. No paraíso, por non ter, non teñen nin pan.
O 90% do mercado farmacéutico en Chile repártese entre tres cadeas: Ahumada, Cruz Verde e Salcobrand. Repártese de maneira bastante equitativa, teñen unha política común despreciable con respecto á natalidade (os condóns e as probas de embarazo telas que pedir na caixa e, a pesares da lexislación recentemente aprobada ao respecto, néganse a vender anticonceptivos de emerxencia) e uns prezos que asustan (de altos). En lugar de baixarlos, xogan cunha competenciacircense que, máis que rozar, afonda no surrealismo: puntos de venda (sempre) cerca e con máis publicidade que un programa de Tele5, anuncios a doble páxina nos periódicos con listados de prezos propios e alleos, dependentas que che ofrecen productos "en promoción" cando pagas o que foras comprar (por incríble que resulte, funciona, eu unha vez fun comprar un protector labial e saín con dúas caixas de protectores estomacais e unha de antigripais), promocións creativas (como unha segunda caixa por luca (1,5 EUR)) e, a miña favorita, o día do espectador poliquímico, un día no que Salcobrand ten un 30% de desconto e Cruz Verde, un 20%...
Onte tivemos sesión de cineclásico na embaixada ítalogalaica.
Varias cuestións me rondan a cabeza desde aquela. Cóntovolas, como caian, porque calquera cousa é máis apetecible que redactar o puto informe de conxuntura: A metade dos fotogramas de Blade Runner poderían estar colgados nun museo, Hai 25 anos que Harrison Ford estaba bon, Por que parpadeará tantísimo? (pode ser porque Deckard é un replicante ou porque Harri é tan mal actor como Fran Perea), Había tanto tempo que non vía unha peli doblada ao español-de-españa que case choro ao escuitar a Constantino Romero, A canción dos Piratas será unha referencia á frase de Roy Batty?, Cal é exactamente a derradeira frase da película? ("It's too bad she won't live. But then again, who does?"), E se alguén me dixese que os meus recordos non son meus, que non os vivín, que alguén os puxo aí para min?, Con que soñaría?, Con ovellas eléctricas?.
Cómo me gustan as películas que cando acaban en realidade non fan máis que empezar.
As primeiras conversas que se teñen cun(ha) amigo/a de Euskadi son (seguramente nesta orde): o problema vasco, o terrorismo e a cuadrilla. Onte falabamos Eva Luna, anITA, Dumar e máis eu sobre as cuadrillas. (Os outros dous temas xa os temos máis que mallados.) Parece que, en Euskadi, os amigos son os que son dende ben pequenos e ata ben vellos. Pode haber incorporacións e perdas, pero son as menos. Podes facer outros grupos de colegas, pero amigos amigos son os da cuadrilla.
Eu teño sido acusada de ter demasiados mellores amigos como para que semellante concepto teña sentido. Coñecín á miña mellor amiga de toda a vida aos tres anos, en peces. Outra das nosas mellores amigas tamén a coñecemos no colexio, pero ela ía a flores. (Ou era ao revés?) A outra incorporámola en primeiro de BUP. Era a mellor amiga da compañeira de clase da miña mellor amiga. A outra en segundo. Era a mellor amiga da miña mellor inimiga. Á miña mellor amiga de Sarria tamén a coñecín nesa época, era (e é) a mellor amiga da irmá do primeiro rapaz co que saín... O meu mellor amigo éo máis ou menos desde o vrao de COU. É o ex dunha mellor amiga e o mellor amigo dun ex. Despois viñeron os mellores amigos da carreira, que o son practicamente desde o primeiro día. E os de Santiago que non son da carreira: as do piso, os de Lugo. Despois, chegaron os mellores amigos da Erasmus. Os mellores amigos de Barcelona, do piso, da Ramón Lull, de la noche, da tele, de Amnistía-Catalunya, da Pompeu. Á volta a Valado City, os de Amnistía-Lugo, os de teatro, os do CAP, a Telepecha, os do Diario de Lugo y su Provincia... En Madrid, tardaron pero chegaron, os mellores amigos do máster. En Chile, ademáis de La-Fran (que a estas alturas máis que amiga é familia), están ELES. E Oitxu. E Limón Alemán. E a tocaia arxentina. E anITA. E esa especie de irmao pequeno vasco. E as integrantes dese selectogrupo organizador das Cenas de Chicas... Sempre pensei que os mellores amigos eran aqueles cos que mantiñas máis contacto co paso do tempo. Sen embargo, hai uns meses entendín que os mellores amigos son eses cos que te sintes cómoda, aínda que pases tempo sen saber deles. Hai case nove meses que cheguei ao Santiago Austral e non escribín máis que respostas aos vosos correos e un par de mails colectivos. Nin unha postal. Nin unha mensaxe ao móbil. Chamadas contadas. Algunha conversa de messenger. Gustaríame manter máis contacto, pero non dou. Esta mañá, respostándolle á nosa flor londinense, presentóuseme unha posible explicación. Cando estás tan lonxe e levas tanto tempo sen ver a persoa á que lles escribes, os correos piden unha certa organización. Tés que resumir nunhas liñas a túa vida, a túa rutina e os acontecementos extraordinarios que a rompen. A min cústame muitísimo escribir así, sempre o encho todo de parénteses e de post datas. E, ademáis, pensar un correo así para alguén co que estou afeita a compartir as rutinas entristéceme, porque é recoñecer a distancia. No espacio e no tempo... En fin, con esta enorme digresión, que non fai máis que corroborar esta hipótese, só quería dicirvos: Sinto non escribirvos correos personalizados. Sinto non chamar máis. Sinto non ser capaz de facervos partícipes das miñas rutinas. Pero é que non dou. Tentarei resarcirvos á volta. Prometido.
Acaba de facerse público nos medios chilenos (e nos do resto do mundo) que, entre marzo e maio, desapareceu "completamente" un lago (chamado Témpanos) no sur do país.
"En marzo patrullamos la zona y todo estaba normal, en abril no pudimos ir y fuimos en mayo y nos encontramos con la sorpresa de que el lago había desaparecido completamente", dijo Juan José Romero, director regional de la Corporación Nacional Forestal (Conaf). "Sólo han quedado los témpanos en el lecho seco del lago y una grieta enorme", agregó.
As autoridades estudian as causas e os expertos quítanlle importancia ao asunto.
Andrés Rivera, glaciólogo del Centro de Estudios Científicos de Valdivia, afirma que lo sucedido en el fiordo Témpanos "responde a factores muy locales, muy específicos de ese lugar que hay que precisar, estudiar, y que son comunes en un proceso general de desglaciación como el que se está observando no sólo en Chile sino que en Los Andes Tropicales, en los Himalayas, en el Artico".
O lago, ubicado na Rexión de Magallanes, era alimentado polo derretemento dos glaciares que o rodeaban, polo que era común observar bloques de xeo flotando nel. Agora só queda unha fenda seca sobre a que descansa algún que outro témpano de xeo.
Visto na porta dunha igrexa, en Providencia (Santiago de Chile).
En Chile, o aborto está penalizado en todas a súas formas.
Non existen excepcións legais para esta prohibición.
Nin violación.
Nin perigo para a vida da nai.
Nin inviabilidade do feto.
Nin nada.
De nada.
No mundo, dos 210 millóns de embarazos que se estima se dan ao ano, 80 millóns son non previstos(2 de cada 5). Destes, 46 millóns (58%) acaban interrompéndose. 19 millóns destes en países onde a intervención voluntaria do embarazo é ilegal. En América Latina, practícanse 3.700.000 abortos inseguros.
O aborto inseguro é a causa do 17 % das mortes maternas.
And I feel like I'm naked in front of the crowd Cause these words are my diary, screaming out loud And I know that you'll use them, however you want to But you can't jump the track, we're like cars on a cable, And life's like an hourglass, glued to the table No one can find the rewind button now Sing it if you understand. and breathe, just breathe
Neste preciso momento hai oito meses que cheguei a Chile.
Chego ao derradeiro tercio desta aventura austral derreada, despois de muitas semanas durmindo unha media de cinco horas diarias, despois duns días de muitísimotraballo e de intensa charla electrónica con MGP, despois dunha conversa longa e mística cun novo amigo de Amnistía, despois de axudar a un dos dous chilenos máis riquiños divertidos e interesantes que unha pode coñecer en Brasil a rematar a súa solicitude para unha universidade que coñezo ben, despois de facer as paces cun irmao vasco que me saiu allende los mares, despois de recibir un agasallo perfecto insospeitado e innecesario de anITA, despois de acabar de subir ao flickr as fotos de Rapa Nui...
E chego tamén antes. Antes de preparar as fotos de Arica-Perú, antes de escribir ese post que lles debo aos que se foron e aos que aínda están, antes de ser anfitriona dunha desas Cenas de Chicas que me deron a vida nos últimos tempos, antes de comezar un curso de xestión cultural, antes de esquiar nos Andes camiñar por Machupichu e perderme en Bolivia, antes de enviar os primeiros detalles from far far west (que tería que ter mandado hai séculos), antes de empezar a emparanoiarme co que virá despois do derradeiro tercio, con se quero que chegue, con se al punto final de los finalesle seguirán dos puntos suspensivos...
Supoño que primeiro sairía en El País, eu roubeina aquí.
O Servicio Nacional de la Mujer (Sernam) analizou os prezos que as aseguradoras privadas (Isapres) lles cobran aos homes e ás mulleres e concluiu que entre os 20 e os 60 anos as mulleres pagan ata tres veces máis polos mesmos plans de saúde. A maior diferenza prodúcese aos 30 anos, cando as mulleres pagan un 310% máis cós homes. A partires daí, disminúe pouco a pouco ata que a situación se revirte, aos 70 anos (cando as mulleres poden chegar a pagar ata un 10% menos cós homes). A primeira explicación é, evidentemente, que se lles carga o custo da maternidade a elas. Sen embargo, os planes sin cobertura maternal seguen custandolles o dobre ás mulleres cós homes.
31 May 2007
Chove en Santiago por terceira vez dende que cheguei ao hemisferio sur, vai xa para oito meses. Desta vez, a napolitana e o madrileño non se queixan da chuvia, esperan que nos bote unha man nesta luita desigual contra o smog.
A chuvia chega, como tantas veces na miña vida, en época de cambios. Despois dunha nova semana de despedidas, caio en que a próxima será a nosa. Entrarei, con anITA, no derradeiro tercio desta experiencia austral cunha fin de semana longa na fronteira co Perú. Lémonos á volta.
A Sociedad Conyugal, que en Chile regula por defecto o rexime dos bens no matrimonio, establece ao marido como "jefe de la sociedad conyugal" e administrador ordinario dos bens comúns, dos propios e dos da muller. A muller só pode administrar os seus propios bens (os comúns e os do marido nunca os poderá xestionar totalmente) de maneira extraordinaria, previa autorización do marido ou da xustiza. Non, non o inventei (ollo ao artigo 1749). Si, suponse que o están cambiando. Ao fin e ao cabo, teñen unha presidenta do Goberno.
23 May 2007
Rapa Nui é o sitio máis misterioso, intenso, místico e contradictorio (tan liberador como angustiante, tan húmido e enlamado como fermoso, tan cheo de homes guapirmos como de alcólicos e de persons) que visitei na miña vida. E choveu. A baldes. Veño coa pel renovada. E coa cabeza algo descolocada.
Pd. Evidentemente, o das autofotos sigue sen ser o meu, pero estou traballando neso ;)
Chego tarde á cita, seino, pero non podía deixar sen atar a mamá. Espero que o can non roia as cordas e a ceibe. Non sobreviviría. Parabéns, peke.
17 May 2007
Escapando do smog e dos seus efectos, Eva Luna, anITA, a becaria menos precaria (a de Promomadrid) e máis unha servidora partiremos este sábado cara á mítica Rapa Nui.
Aí nos tedes a erikitajuajua e máis a min. As malas linguas dirán que sempre tiven cara de mala hostia. E terán razón, nunca o neguei. Pero é que ademáis, a miña nai sempre lle deu por plantificarme unhas rebecas, uns lazos e uns cuellos-babero que... en fin. Erikitajuajua pode ser considerada (co permiso das demáis) miña curmá favorita, algo así como unha curmá-irmá... Sempre xuntas. Menos cando nos atacou unha vaca na porta da casa vella e a tiven que deixala soa... para ir buscar axuda, evidentemente... Ehem... Erikitajuajua está de cumpre. E eu, mui lexos. ... Débesme unha bolsa de gominolas, miss chichos.