31 Jan 2008



Supoño que cando boto tanto tempo sen escribir tremedes de medo, que non de anticipación, ante o que está por chegar. Liñas e liñas de paranoias, pensaredes. E faredes ben. Canto menos tempo teño para escribir máis pensamentos posteables me invaden.

Nestos días quíxenvos falar de como busquei as nosas pegadas por Compostela. De como non as atopei. E de como supuxen que estarían debaixo das dos compostelanos, esa categoría poboacional tan propia desta cidade, composta polos estudantes que ao acabar a carreira atopan traballo ou parella ou as ganas de quedar e quedan. Co paso dos anos, os compostelanos sábeno todo sobre Compostela, a súa cultura e os seus protagonistas. É curioso como os membros deste grupo comezan envexando o nomadismo alleo, que eles chaman cosmopolitismo, e acaban desprezando a ausencia de localismo que leva implícito. E é curioso como o nómada comeza envexando o localismo compostelano e acaba matinando que todo na vida ten os seus máis e os seus menos.
Todo non se pode ter, que di meu pai.

Nestos días tamén vos quixen contar o efecto tranquilizador que ten en min a familia, esa rede de seguridade que tanto botei en falta naquelas carreteiras esteparias. Todo xunco debera ter unha familia como a miña, que o axudara a adquirir flexibilidade á hora de dobrar e forza á hora de volver poñerse en pé.

Unha noite bisbeivos ao oído cantísima ilusión me fixo que me escribira EL. E non debera, porque eu ben sei que non signfica nada. Pero évos así.

Muitas veces afoguei na gorxa as ganas de berrarvos. Unhas, pedindo axuda. Outras, agradecéndovos que ma derades sen pedila.

Finalmente, mándovos esa imaxe, un serán de mazá asada e arroz con leite en Oleiros, que seguiu a un día de meco materno e precedeu unha noite de reencontros en Valado City. En pouco máis de 48 horas marcho para A Habana, levo esta imaxe na retina para volver a ela cando o xunco ande falto de flexibilidade.

21 Jan 2008

Aunque los vientos de la vida soplen fuerte

soy como el junco que se dobla
pero siempre sigue
en pie*





Semana horribilísima. Sen durmir. Sen comer. Sen saír. Sen vivir. E total para nada, que é o que máis jode, para sumar críticas atorantes e para cometer, alomenos, unha cagada espectacular. Xogo mil veces ao día coa idea de recuar. Prefiro darme por vencida a seguir así. Pero sei que non podo.
Ademáis do muito que lle doia á miña pel endurecida a ferro, esta é unha derrota que afecta a máis xente. Xente na que non confío, que non me ten confianza, pero que deixa a súa propia pel endurecida a ferro neste asunto. Aparco os meus desexos nalgún recuncho das tripas. Recuo de recuar. Recados familiares e obrigas de vello engaden presión e acabo perdendo completamente a paciencia, a fame, o sono e a festa. Cagho-no-mundo. Cambieina por unha tarde de sobriñeo compulsivo, un chute de ibuprofeno e un drama. Síntoo, Besbe e Ghanito. Terá que ser para a próxima. Prometido. Pode ser esta mesma semana, á fin e ao cabo...

Resistiré erguido frente a todo
Me volveré de hierro para endurecer la piel
Y aunque los vientos de la vida soplen fuerte
Soy como el junco que se dobla
pero siempre
sigue en pie

* Quen me ía dicir a min que acabaría citando ao Dúo Dinámico. Cousas veredes.

15 Jan 2008

Emerecindo desde Galicia


A foto é de Xaimex. Tén muitas. E mui chulas

Ando dándolle voltas á idea de establecer un campamento provisional aí ao lado para as visitas castelanparlantes.


Teño ganas de escrivirvos a miña crónica, pero fáltanme a ocasión e, sobre todo, o espírito. O tempo pasa, a segunda cita achégase e eu sigo sen ter claro que tal nos foi na primeira. Quizais se trate diso, de non formarse opinión ningunha, de vivir as cousas como chegan, sen pensalas, sen pasalas pola peneira das experiencias alleas, sen o sabido sabido?
Conditions in Fidel Castro's Cuba were not always as bad as this, although people have been subject to food rationing ever since the US economic embargo was imposed in 1962. What really caused Cubans' living standards to plummet was the collapse in 1991 of the Soviet Union, which had bankrolled the country's inefficient economy as a means of irritating Washington. Since 2000, subsidised Soviet oil has been replaced by subsidised Venezuelan oil, as Havana looks to Hugo Chavez to prop up its tottering economy. China, too, has been providing support in the form of trade credits, technology and investment capital. This change in Cuba's fortunes soon led the regime to reassert its economic supremacy. In 2004, US dollar transactions were banned and a 10% tax imposed on dollar-peso conversions. As for the self-employed Cubans who run restaurants in their homes ("paladares") or rent out rooms to tourists, their numbers have fallen dramatically.

Máis
Na BBC
En Juventud Rebelde e Granma
En El País e El Mundo
En Público
No Globo (16.01.08)

8 Jan 2008

Vítima das influenzas



Estou maliña. Dóeme a cabeza. E a garganta. Píngame o nariz. Ando volada. Todo me sabe a virus, ata a auga. Vexo comezar a costa abaixo. Vou caer!

7 Jan 2008

Ou me sobran noites...

...ou me faltan días



Despois dunha finde de farra intensiva e dunha tarde de domingo de sobriñeo post-reis aínda máis intensivo, o día de hoxe foi un absoluto suplicio.
Pagou a pena, advirto.
E Acuruña mellora con cada visita.
Pero unha non está para estes meneos.
Vou ter que poñer algo de orde.

4 Jan 2008

Ser Indíxena en Chile


Foto da manifestación en Santiago pola morte dun mozo mapuche.
Chula, eh. pois de onde saiu esta, hai máis


"Es un hecho lamentable, un hecho condenable, pero un hecho predecible, porque la violencia de la policía y la violencia excesiva del Estado en comunidades indígenas en particular en comunidades mapuches, es un hecho constatado y ampliamente denunciado por organizaciones de derechos humanos a lo largo de la última década. Este es el resultado del silencio y complicidad del actual Gobierno con carabineros", asegurou José Aylwin, avogado e codirector do Observatorio de Dereitos dos Pobos Indíxenas.

2 Jan 2008

Close your eyes and
tap your heels three times

Oh, but anyway, Toto, we're home.
Home!
And this is my room, and you're all here.
And I'm not gonna leave here ever,
ever again,
because I love you all, and
- oh, Auntie Em -
there's no place like home!



Adoro findano. Adoro as mensaxes, os correos, as chamadas. Adoro a suavidade da pel das mans da avoa. Adoro falar de madeira co meu avó. Adoro o marisco. E as uvas. Adoro os postres caseiros. Adoro os chourizos frescos. Adoro o moscato spumante. Adoro o tute subastado. Adoro o cine clásico, sobre todo o que alguén baixa para min. Adoro ter repleto o carné de baile. Adoro o viño doce, o LK, os llintonics caseiros e as cervexas de última hora a ritmo de Aretha Franklin. Adoro o café resucitador. Adoro conducir rodeada pola choiva. Adoro falar ata as tantas, ata quedar durmida arrolada pola voz dalguén querido. Adoro que o frío me tense a pel da cara polas mañás.
Adoro estar aquí.

31 Dec 2007

Uno vuelve siempre a los viejos sitios en que amó la vida,
y entonces comprende como están de ausentes las cosas queridas

Cea de fin de ano

Atópome con Rodrigo no messenger e poñémonos melancólicos...
Hai un ano estabamos preparando os bocatas de choped para a cea de findano, mentres Rafita-Sevillano e Adri-Madri buscaban uvas a berros (o un coa outra e a outra co un) por todo Río. Compartimos os nosos bocatas con dous chilenos cachondos e divertidos cos que Roberta e eu acabamos escapando da marabunta provocada polo concerto gratuito dos Black Eyed Peas. Dous chilenos que se acabaron convertendo en dúas das persoas máis especiais que me regalou o 2007, xunto con Blair, con anITA e cos matrimonios sureños...
Adoito botar contas en findano, pero hoxe descubrín a división vital de oko e creo que ten toda a razón. A vida son tempos e os tempos, ás veces, non cadran cos do calendario.
O 2005 regaloume aos de Burela, o 2006 aos de Madrid e o 2007 aos chilenos... Porque o meu 2007 rematou en novembro, co prólogo dun 2008 compostelano, cheo de cafés matutinos e comidas marcianas, de noites de jazz e de crises existenciais alleas, de freires a valado city, de matanzas-salas-roxós-chourizos, de viños, de tapas, de LK, de ceas pijas na casa, de partidas nocturnas á consola, de llintonics conversados, de encontros e de reencontros.
O meu 2007 rematou en novembro, co prólogo dun 2008 que promete.

22 Dec 2007

Bo Nadal

Si la soledad te enferma el alma,
si el invierno llega a tu ventana,
no te abandones a la calma , con la herida abierta.
Mejor olvidar y comienza una vida nueva,



Y respira el aire puro, sin el vicio de la duda.
Si un día encuentras la alegría de la vida,
Se feliz,
se feliz,
se feliz,
se feliz...

18 Dec 2007

Facerse maior era isto...



...pero non o imaxinabamos así

A frase, marabillosa, non é miña. É dunha María adicta ao tabaco e ao café de media mañá, que fixo un pacto co diaño e aparenta uns dez anos menos dos que ten. Dez anos que son exactamente os que pasaron dende aquela nosa primeira noche nochera compostelana. Aquela comezou cun botellón multitudinario (para os estándares da época), de gran variedade etílica musical ambiental, e rematou cos Espiche escuitando a Barreiro Rivas, cun sombreiro de bufón (eu, non Barreiro Rivas) na cabeza e cun par de cafés adulterados pola mítica máquina da facultade no estómago. Esta comezou cunha cea superíntima e acabou cunha resaca superchunga, que se me xuntou co traballo e coa seguinte cea superíntima, que se me xuntou coa hora de entrar a traballar e coa (con)seguinte resaca superchunga, que se me vai xuntar, xa o vexo, coa seguinte cea superíntima, etc, etc, etc.
Facerse maior era isto, dime María, pero non o imaxinabamos así.

13 Dec 2007

Ciganos, de Ictioscopio
O primeiro adorno do meu niño
compostelán, un Ictios auténtico!


Son tan así que do único aniversario do que me acordo sempre é do meu. Co de así quería dicir despistada, non egocéntrica. En fin, que hoxe hai 28 anos que pasei frío por primeira vez, e os novos (anque sobradamente coñecidos) compis de traballo e vida xa me arrancaron ben cediño os primeiros sorrisos... Gracias! As celebracións etílicas comezarán, como non podía ser doutro xeito, Cuando llegue la noche, noche que noche nochera e durarán ata que o corpo aguante. Previsiblemente, a cerimonia de clausura dos fastos será o sábado 22 en Lugo.
Estades todos formalmente invitados a unirvos.

4 Dec 2007



O mércores arrastreime ata a aldea coas imaxes da Habana na retina, co estómago do revés e cunha débeda interna dun millón de horas de sono. Hoxe volvín temporalmente á civilización, co estómago aínda (máis) do revés e cunha débeda interna de medio millón de horas de sono, pero ben máis mecada, sobriñeada e relaxada.
Lista para o segundo asalto.

1 Dec 2007



Cada día, ao voltar ao hotel, atopo na miña cama complexos exercicios de papiroflexia textil e notas da "miña camarera". A de onte era tan divertida como sutil:
Hola!
El sol se esconde
nace con la noche la esperanza,
como los ángeles de la guarda
fieles veladores de su bienestar.
Le deseo dulces sueños
y un próspero despertar

Los recuerdos son el mundo más maravilloso que existe;
Ellos vivirán por siempre y nunca morirán

El domingo no trabajo,
es mi día libre.
A que é sutil. Esta mañá deixeille unha propina e unha nota. Cando volvín, estábame esperando no piso de abaixo para bisbearme "gracias".
Eu non souben que contestar.

28 Nov 2007


Y si quieren saber de mi pasado
es preciso decir otra mentira
le dire que llegue de un mundo raro
que no se del dolor
que triunfe en el amor
y que nunca he llorado

Ergueuse cediño, porque se deitara coas pitas enfurruñada co mundo por non poder cambiar o vó para atoparse con La-Seijo no DF, duchouse, tentou (infructuosamente) conectarse, baixou almorzar o derradeiro almorzo americano, subiu lavar os dentes, pechou a maleta, deixou a chave en conserxería e colleu o taxi para o aeroporto. Eran as sete da mañá. O seu vó saía ás nove menos cuarto e quería ter tempo de mirar antes un encargo que lle fixera Belta. Lamentablemente, tropezou cunha fila de catro persoas no mostrador de facturación. Tardou unha hora en saír dalí e cando por fin o fixo xa bordeaba a desesperación. Para acabar de arreglalo, aínda non sabían por qué porta sairía o seu vó, anque o rapaz do mostrador, ao vela tan nerviosa, lle adiantara polo baixo, como se lle estivese contando un segredo misterioso e escuro: "seguramente salga por la nueve, pero yo no le he dicho nada, eh". Agarrada a un cravo ardendo, tirou para a porta nove. De camiño ía mirando en tódolos postiños do aeroporto na busca dunha cruz de cores, que resultou tan posmoderna e esquiva como un cono bendito. Ao chegar á porta nove, tirouse nunha daquelas cadeiras de escai e abriu un libro. Cansa e aínda máis enfurruñada co mundo que a noite anterior, deixouse levar pola historia de Hélène Jans ata que oir o seu nome pola megafonía a troixo de novo a (esta) realidade: "Pasajera Sonia Díaz, favor de presentarse en puerta cinco". Merda. Tanto tempo pasara? Merda. Colleu tódolos seus trebellos e marchou cara a porta cinco. Merda. Está no outro pabellón. Vós internacionais. Merda. Se eu paso primeiro polo DF. Puta merda. Atravesou o pabellón correndo. Pasou polas tendiñas nas que non había cruces posmodernas correndo. Negociou cos do control da policía internacional correndo. Chegou á porta cinco correndo, xusto no momento no que a rapaza da compañía aérea xogaba ansiosa co micrófono mentres dicía: "Pasajera Sonia Díaz, del vuelo Mexicana 936 a Los Ángeles, favor de presentarse en puerta cinco". Nin de coña, pensou ela, por unha milésima de segundo, nin de coña. E correndo entrou no finger, correndo lle amosou á rapaza a tarxeta de embarque e correndo chegou ao único asiento baleiro que quedaba no avión.
Qué carallo, tiña ganas de visitar os Estados Unidos.

26 Nov 2007

Unha boba xigantesca, peluda e babexante



Cantas veces me terei metido cos fans estéricos que acosan aos seus ídolos para decirlles marabillas do enxeño como "eu sei quen es ti"? Cantas? Cantas veces terei fachendeado de non ser mitómana? Cantas? Cantas veces me terán dito que non hai que cuspir para arriba?
Cantas?
...
Onte deixei de coñecer a comunidade galega de Guadalajara por ir ao acto na honra de Álvaro Mutis no que tamén ía estar García Márquez. Ía estar e estivo. E dixo unha frase. Unha.
Menos mal que os fans estéricos coma min nos conformamos con pouco. Co que nos dean, vaia. Menos mal que o noso fanatismo nos leva instintivamente a rexistrar todos os movementos, todos os xestos, todas as reaccións do ídolo... Información fantástica coa que xogamos a completar esa frase e todas as outras frases da súa autoría que levamos debuxadas na caluga. Menos mal que Betancur decidiu que a mellor maneira de conseguir aplausos era ler unhas palabras que Gabo lle dedicara hai anos a Mutis polo seu aniversario:
"[…] a través de la campiña belga, enrarecida por la bruma de octubre y el olor de caca humana de los barbechos recién abandonados, Álvaro había manejado durante más de tres horas, aunque nadie lo crea, en absoluto silencio. De pronto dijo: "País de grandes ciclistas y cazadores". Nunca nos explicó qué quiso decir, pero nos confesó que él lleva dentro un bobo gigantesco, peludo y babeante, que en sus momentos de descuido suelta frases como aquella, aún en las visitas más propias y hasta en los palacios presidenciales, y tiene que mantenerlo a raya mientras escribe, porque se vuelve loco y se sacude y patalea por las ansias de corregirle los libros".
Menos mal que, como era domingo e todos os restaurantes tradicionais mexicanos do estado de Jalisco estaban pechados, fomos cear a un sitio mui estiloso. Tanto, que tamén van premios Nobel de literatura. Menos mal que el-reportero-más-dicharachero de Monforte (e autor da afoto que precede estas liñas) pasou das miñas paranoias. E menos mal que hai unha boba tan xigantesca, tan peluda e tan babexante no meu interior que pode cargar con esta vergonza, porque non sei cómo nin cómo non acabei molestando a un dos tipos que máis admiro no mundo para nada, para non dicir nada, para non facer nada, para deixarme retratar con xesto alucinado antes de sair do bar levitando, como se David Bisbal me tivese cantado ao oído nun programa cutre da tele.

25 Nov 2007

La feria es del pueblo



Cheguei a Guadalajara. Despois de 24 horas de avións, aeroportos, avións, aeroportos, avións e aeroportos, desfixen (por fin) a maleta e recalei nunha cama de tres por tres que daba gloria vela. E catala. O malo foron as sete horas de diferencia, que me ergueron muito antes do imprescindible.
Despois do soño reparador, a miña crónica da primeira xornada de FIL comeza coa busca infructuosa dun adaptador por medio estado de Jalisco, ben acompañada, eso si, polos compañeiros da prensa. Esta busca do santo grial da electrónica retrasou a nosa chegada ata a media mañá e fixo que atoparamos as portas da feria pechadas pola presenza do presidente do goberno Mexicano, Felipe Calderón, no acto de inauguración.
Perdemos o incidente oficial, pero a cambio coñecemos ao manifestante máis culturetas e enxeñoso deste lado do río grande, que nos aliviou a espera ao sol berrando consignas contra o presidente "Felipe, devuélvele las letras al pueblo", "Para qué las quieres, si no sabes leer", "Tu poder emana de nosotros, lo dice la Constitución", "Esto no es político, la feria es del pueblo, siempre lo ha sido y siempre lo será" e para os escritores que o acompañaban na inauguración "Carlos, tengo todos tus libros, estoy contigo... pero ahora tú estás ahí y yo estoy acá", "Carlos (Fuentes), estás cómodo ahí, con el poder? Porque nosotros no estamos cómodos acá", "Carlos, vosotros sois nuestra voz, si os callais vosotros quién hablará por nosotros?"... Pura poesía reivindicativa, vaia. Podédelo oir vós mésmos na crónica de Xía Arias para o Extrarradio da Radio Galega.
E sería casualidade, sería, pero o caso é que foi nesas cando abriron por fin as portas e puidemos entrar en tromba na XXI FIL de Guadalajara, da que se di que é o máis importante encontro editorial de latinoamérica. E é certo que esta feira é da xente. Da xente que espera tres horas ao sol na porta e que enche os corredores, os stands, os actos e, por suposto, as cafeterías. Da xente que aplaude, que pita, que berra as súas filias e as súas fobias e que me fai crer, por un momento, que hai para quen @s escritor@s comparten olimpo cos futbolistas.

22 Nov 2007



Dentro de doce horas parto para México. E en cinco días máis para A Habana.
Esa flor* mítica que dirixe o meu camiño volveu facer das súas e o mesmo día que escribín á Academia para renunciar a esa cousa chamada Segunda Fase púxome diante dos ollos un traballo incríble que só ten un defecto: a data de caducidade.
Non vos conto máis porque o interesante xa volo dixen e porque non teño máis tempo. Levo toda a semana querendo escribirvos o post que debera ir coa foto (o río Sarria ao seu paso por Supena), pero o que non pode ser non pode ser e ademáis é imposible.
A ver que tal andamos de conexión (e de tempo) polo mundo adiante.
Se non, lémonos á volta.

*Nesta ocasión presentouse na figura de Belta.

12 Nov 2007

Seguindo a estela de blogueo de auto-servizo de xornalistiña e o estilo literario de Aída Nizar, anuncio que Emereci busca cuarto ou piso para alugar en Compostela.
Grazas.

5 Nov 2007

8 Vidas que viviría



Recollo o meme de Opaco que, polo visto, implica:
-Oito cousas a listar, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio -post “O meme das 8 cousas”
A ver que tal o fago. Aí van as miñas 7+1 vidas de gata budista:

1. Xornalista de conflicto, sempre perdida por desiertos lejanos y montañas remotas na busca da noticia.

2. Xornalista de proximidade, sempre atenta ao que importa aquí e agora.

3. Antropóloga especializada en culturas precoloniais.

4. Actriz de teatro amateur.

5. Política. Defensora dos dereitos humanos.

6. Novelista.

7. Fotógrafa. Compañeira apaixonada doutro viaxeiro irredento.

8. Filla, irmá, tía, madriña, amiga, compañeira e nai tranquila, estable, coa que sempre se poida contar.

Déixolle o recado a Martina, a Oitxu, a anITA, a Miss Inercia, a Agropen, a Caesares, a Ra e a Riquina. E xa sabedes, contra o vicio de pedir...

30 Oct 2007

Qué te voy a decir

si yo acabo de llegar
si esto es como el mar

quien conoce alguna esquina
que me tengo que inventar
para hacerme pez

empecé por las espinas...



Volvo de Estambul coas mesmas dúbidas cosas que marchei. Traio, eso si, o ánimo máis tranquilo. Sinto o peso da decisión que tome hoxe, neste cruce de camiños, como sentín o das que tomei noutros cruces, noutros momentos, e que me troixeron a este punto.
Que me din conta de que non convén dramatizar, vaia. O que teña que ser será. E será, ademáis, será por algo.
E mentras que me quiten lo bailao, que ten sido bastante: no Sanfroilán con Oitxu, con anITA and Co. e cos de sempre (que houbo un momento que xa parecían os de nunca), polas rúas de Estambul con tres galegos do sur divertidos, culturetas e intelixentes, cunha das asturianas que me regalou a Academia e cos seus amigos e en Barcelona cos do máster, cos do doutoramento e con dúas compañeiras de rutinas ás que botara (e boto) muitirmo de menos.
E mañá en Compostela, con quen teña un oco no carné de baile.

la vida es algo que hay que morder
y en cada boca tiene un sabor

tus huesos no los tapa mi piel

por eso siempre digo que no que no

perdona tengo cosas que hacer

y aún me queda media vida

pa' encontrar la melodía

15 Oct 2007

Voy a parar en el camino
y en lo que dura un cigarrito
voy a pensar en estos años;
todo lo que ha pasado...


Acabou o Sanfroilán e, con el, a noite infinita que comezou o día 4. Unha noite longa, por veces de máis, na que me fun atopando coa maioría da xente que deixei ao pé daquela fonte. Dúas desas persoas hai 24 anos que me coñecen... 24 anos... Cantos erros me viron cometer nese tempo, cantos defectos me coñecen, e aínda teñen corpo para aguantarnos a min e ás miñas neuras. Alucinante.

En el cajón de la memoria
guardo trocitos de la historia;
las páginas que ya han pasado
de un libro inacabado...
60 4 roby

Conxugo a longa noite sanfroilanera con mañás resacosas de ribeiro, de tanquerai-sprite e de recordos, cortando e subindo as imaxes da derradeira viaxe sureña, coa intención de preparar a retina para a primeira viaxe europea. Santiago, Barcelona, Roma e Estambul, hai que aproveitar as vantaxes de vivir no hemisferio low cost. Saio este xoves e volvo o 29.

Cantar sabiendo lo que dices.
Es tarde para arrepentirse.
Pensar a veces que no hay nada...
que son sólo cicatrices.


Espero duas cousas desa primeira viaxe norteña. Sumar á etapa de reencontros algunhas das xoias que no seu momento me regalara a Academia e resolver algunhas cuestións que me rondan dende hai tempo. Ando máis desnortada e caótica ca nunca e aspiro a que a cidade dual por excelencia me axude a entender un pouco esta miña identidade.

Es mejor que se pare el tren
y mirar que todo va bien,
que si no, no me entero.

3 Oct 2007

O'Pikiniño xa é O'Pekeno



"Cando tu estabas alí eu medrín, ves?", dime acusador mentres lle dá (el so) ao botón do ascensor.
Neste ano comezou a escribir.
Hoxe firmoume o moleskine darriba-enbaixo.
Despois, fíxome unha casiña desas míticas, un cadrado cun triángulo enriba do que sobresae un rectángulo afumado.
"E por donde lle entra a luz a esta casa?", pregúntolle, para facerlle ver que non ten nin fiestras nin porta.
"Neste momento téñena encendida", contéstame el sen inmutarse.

2 Oct 2007


Roubeina no fotolog de tunerilla da miña irmá

Aquí me tedes, de volta en Valado City, babexando cos sobriños. E coa comida. E coa limpeza do aire. E coa prensa (si, coa prensa). Non me chega o romanticismo para babexar coa tele, eso non. E fáltanme muitos cafés por tomar, muitas conversas por ter, muitos paseos por dar...
Acéptanse ideas.

28 Sept 2007

Hasta la vista, babe

from my desk
Hai un meses, dende o despacho, víamos micros amarillas

A derradeira viaxe, a derradeira volta polo centro, a derradeira visita aos museos, o derradeiro carrete chileno, a derradeira obra de teatro, o derradeiro almorzo coas da oficina, o derradeiro ceo en chamas dende a terraza, a derradeira Cena de Chicas, o derradeiro café las candelas feito con auga chilena nunha cafetera napolitana, o derradeiro camiño á oficina, a derradeira promoción de panamá, o derradeiro email convocatoria... Dentro dunha hora deixarei a Oficina definitivamente e quedarei sen Internet por primeira vez dende que pisei Chile.
Este é o derradeiro post dende Chile.
Lyon copy

O ceo de Santiago regaloume un penúltimo atardecer espectacular.
E van un millón.
Quédanme pouco máis de 24 horas en Chile.
Hai casi doce meses que cheguei.
O tempo é tan relativo.

20 Sept 2007

The final countdown



Din que o bo se acaba pronto e este año non estivo nada mal. Vámonos en pouco máis dunha semana e xa só nos queda a liturxia das despedidas, que esperamos nos axudedes a celebrar este sábado a partires das 14.00 co seu asado, coa súa tortilla, coas súas cocretas e cos seus viños chilenos... É que din tamén que as penas compartidas son menos penas.

17 Sept 2007

Pechado por Festas Patrias

Estou por aí, bebendo chicha, comendo anticuchos e bailando cueca para celebrar que hai case douscentos anos se celebrou a primeira Junta de Gobierno de Chile, primeiro fito da independencia.

13 Sept 2007

Feliz Roald Dahl Day 2007!


Matilda, by Quentin Blake (como non podía ser doutra maneira). Roubeina aquí

1. Viste algo amarelo.
2. Leva, polo menos, unha prenda do revés.
3. Deixa caer algo en gobblefunk nas túas conversas.
4. Intercambia un libro de Roald Dahl cun amigo.
5. Fala ao revés.
6. Fai un chiste malo.
7. Gasta unha broma "inesperada".
8. Faille un regalo a alguén.
9. Escribe o teu propio poema asqueroso.
10. Inventa un baile Oompa Loompa e invita os teus amigos a bailalo.

Encántame este tío!

PD. Non deixedes que ninguén vos diga que esto se parece a esto. No máis mínimo.

A outra cara da moeda


Foto dos disturbios da noite do 11 ao 12 nas comunas do extrarradio de Santiago. É de H. Castillo, C. Carvallo, M. Palma ou M. Espinosa (vaya-usté-a-saber) e publicouna emol.com

O 11 de setembro de 2007 acabou, nos barrios da periferia santiaguina, co silencio amedrentado típico das noites de protesta en Chile roto polas balaceras e os saqueos. A morte dun carabinero nunha das comunas máis desfavorecidas da capital por un tiro a queima roupa non abre o debate sobre as consecuencias da desigualdade social extrema ou sobre o incríblemente fácil e barato que parece ser comprar unha arma neste país, senón que recupera para practicamente tódolos medios de comunicación esas palabras anticuadas que sosteñen discursos políticos apolillados e escuros.
E non vos podedes imaxinar canto me ghode.

11 Sept 2007

Vou ser tía (again)



O da foto é o Pikiniño, o verdadeiro home da miña vida, o Juan máis guapérrimo listérrimo e divertidérrimo que coñecín na vida, o meu primeiro sobriño. Acabo de falar con el e díxome que está a punto de chegarlle o "irmanito", que aínda non ten nome oficial nin oficioso, de cuxa educación en la fe católica se ve que vou ser responsable e cuxo nacemento non vou poder presenciar porque decidiu vir ao mundo tal día como hoxe, supoño que para comezar así por-todo-lo-alto a súa carreira de líder político del mundo mundial.
Estou máis emocionadísima...

Actualización 10.15 (16.15): Xa naceu!!!
Actualización 12.50 (18.50): Mandáronme unha foto. Adoro a tecnoloxía.

10 Sept 2007

La calle es nuestra


A foto é de Christian Zuñiga e publicouna hoxe La Tercera

O Goberno chileno non só non lles deu permiso ás organizacións de defensa dos Dereitos Humanos a marchar pola mítica Morandé, senón que non descarta que La Moneda volva amencer mañá (11 de setembro) cercada polos Carabineros, como ocorreu este domingo, para evitar o tránsito das marchas en homenaxe ás vítimas da dictadura.

Que vos dicía?

Claro que non sei eu se estamos nós para falar destas cousas.

7 Sept 2007

Sobre a Industria Editorial Chilena (I): Lecturas

44
anITA botando un ollo aos libros piratas en Perú

Contexto Latinoamericano
Periodistas y Magnates (Instituto Prensa y Sociedad, 2006)
La distribución del Libro en América Latina (CERLAC, 2006)
El Espacio Iberoamericano del libro (CERLAC, 2006)
Percepción sobre el clima empresarial editorial (CERLAC, 2006)
El libro en América Latina, situación actual y políticas públicas (2005)
A Economía do Livro: a crise actual e uma proposta de política (Universidade Federal do Rio de Janeiro, 2005)
Producción y comercio internacional del libro en América Latina* (CERLAC, 2003)

O caso chileno
Política Nacional del Libro y la Lectura (Consejo Nacional de la Cultura y las Artes, 2006)
Chile quiere más cultura (Consejo Nacional de la Cultura y las Artes, 2005)
Una política de Estado para el libro y la lectura (Chile 21, 2005)
Ley 19.891, Consejo Nacional de la Cultura y las Artes (2003)
Ley 19.227, Fondo Nacional de Fomento del Libro y la Lectura (2003)
Ley 17.336, Sobre Propiedad Intelectual (1970) e Ley 19.166, que a modifica (1992)
La industria editorial y el libro en Chile (1930-1984) (Subercaseaux, 1984)
Piratería e libro en Chile (1, 2 e 3)

Outras cousiñas interesantes
Quen move o mercado global (Publishers Weekly, 2007)
Tres claves sobre a indisolubilidade dos conceptos de Industria Editorial e Propiedade Intelectual: crowdsourcing, gratuidad e impresión on demand (1 e 2, La Petite Claudine)
Redes sociales y mundo editorial: ¿hacia dónde va todo esto? (Ciberescrituras, 2007)
El saber- mercancía, las fotocopias y el poder (Kolumna Okupa, 2007)
Entomología para el libro futuro (Libro de Notas**, 2007)
De premios literarios, mercado editorial y creación estética (La Insignia, 2007)

Work in progress

*Esto e máis, aquí
** Imperdible

5 Sept 2007

Must do


Grande, Alberto Montt

Vender mobles
Perfilar maletas
Comprar os derradeiros agasallos
Enviar as postais e cartas acumuladas en 11 meses
Pagar débedas e arreglar papeleos varios
Enviar entrevistas Teatro Galego
Cerrar misións
Acabar estudio de mercado
Escribirlle ao meu xefe o que penso do traballo (coa cabeza e non coas tripas)
Enviar currículums
Entregar tese do Curso de Xestión Cultural
Despedir sitios e personaxes
Ir a Lastarria 90
Subir fotos Machupicchu
Disfrutar os compañeiros de viaxe
Ir a que me lean o Tarot
Planear Fiestas Patrias
Intentar usar os meus quilómetros Lanpass
Decidir se Valado City, Moscú ou Estambul

Quédanme 23 días en Chile e apenas completei unha cuarta parte das miñas tarefas pendentes. Como non podía ser doutra maneira, coñecéndome, empecei polo final.

2 Sept 2007

As de espadas


Din as cartas que estou triste e agobiada, que vivo na calma que precede a tempestade. E a tempestade vai ser muito traballo. Un traballo mui bon, non mui ben remunerado pero si mui creativo e viaxeiro, mui enriquecedor para min e no que vou pasar toda a vida. Non de xornalista. Din as cartas que o xornalismo me produce inseguridade e rabia. E non cerca da familia. Din as cartas que me espera unha vida boa, que me vai gustar vivir, pero que non a vou poder vivir cerca da familia. Cerca desa parte de min mesma. Cerca dun pai forte e feble á vez. Din as cartas que dentro de mui pouco tempo, no medio da tempestade que seguirá esta calma, vou ter que tomar a decisión de separarme desa parte de min mesma. E que a vou tomar, porque non vou poder non tomala. Esto, en concreto, díxomo o As de Espadas.
Pero tamén hai outras cartas.
Hai unha que di que crisis signfica crecer e que teño que aprender a destruir para construir.
Esa é outra historia.
E hai outra que fala dun Don Xoan, dun home comprometido que non tuven, parece, porque non fun "o suficientemente puta" e que nunca vou poder ter de todo, parece, aínda que o vou intentar, parece.
Pero esa aínda é outra historia.
E debe ser contada noutro momento.

Imaxe das manifestacións en Santiago, publicada por La Tercera

Este ano descubrín qué hai no ollo dun furacán. Recordádelo? No ollo dun furacán hai rúas baleiras, cines pechados e silencio. Silencio que soa a medo. Medo ás balaceras, ás porras retráctiles, aos disturbios, aos gases lacrimóxenos, a que che incendien o coche, aos guanacos*, aos cócteles molotov, ás detencións masivas, aos delincuentes "que aprovechan el desorden para cometer fechorías**", a sair á rúa. Chile ten medo de salir á rúa e a min, sinceramente, non me extraña, porque a rúa non é súa, a rúa préstanlla de cando en vez, para según que cousas. Para según que outras, pode quedar sen voz pedíndoa. Para según que outras, vai ter que tomala.
Non sei cando, pronto, Chile vai ter que superar os seus medos e esixirlle a quen a ten secuestrada que lle devolva a rúa, a súa rúa.

*Carros lanza augua.
**Recórdame a única rémora franquista que lle coñezo a meu pai: a orde é boa, o contrario é caos e destrucción.

29 Aug 2007

27

Odio este traballo. Odio a falta de educación, a mediocridade e ineficiencia do empresariado español, esa xente para a que se supón que traballo. Odio ser consciente de que o que se espera de min é que faga que fago. Odio ter tan poucas ganas de facer. Odio pasar oito horas ao día, cinco días á semana, 51 semanas ao ano rodeada de xente que non quere estar onde está, pensando que non quero estar onde estou. Odio sentir que perdo o tempo, porque non podo non perdelo. Odio a mecánica funcionarial. Odio firmar o meu traballo co nome de outra persoa. Odio que o meu xefe só espere de min que consiga felicitacións ao seu nome. Odio non ter cara nin nome nin personalidade propia para a maioría da xente que recibe os froitos do meu traballo. Odio ter tan poucas ganas de facer o que teño que facer. Odio sentirme tan frustrada.
Quero que se acabe.

Un día*

se había perdido en el humo de los cigarros
7º atardecer austral impresionante

Soldados vestidos de nubes azules
El cielo envejece entre las manos
Y la canción en la trinchera

* Un ano

24 Aug 2007

A ver, eu ultimamente non é que me aburra no trabajo, sinceramente, pero se hai que be yellow, pues ése yellow, faltaría máis.



Eu, como Simpson, mólome mogollón.
Non vos parece que está mui lograda a mala hostia Pereiro?
Recordades aquelo de Un elefante se balanceaba sobre la tela de la araña?

4
Flor urbana rancaguina

Sabedes cómo segue no país máis liberal de Latinoamérica*?

Pois así:

Como veía que resistía

Fue a llamar a un camarada!!!

En-cán-tame. Os meus sobriños cantarán a versión chilena. No doubt.

*Aforrádeme a historia da pandilla de xermanas que lle alegran a vida a un español, por favor. Gracias.

23 Aug 2007

Hey now, hey now
You are so wonderful



A ezta niña* ziempre le han guztado laz manzanaz.
Pero no le guzta comer pezcado, podque le guztan mucho los pezez y le da pena que ze muedan.
No, los pollos no le dan pena.
Ni laz papaz fritaz, que zon zu comida referida.
(Acá no ze dize patataz! Tú por qué hablaz tan raro?)
Me quiede, no me quiede? No, a mi guzta máz Te quiedo, no te quiedo.
Ez hermoza.
Ez inteligente.
Tiene un zine en zu cabeza
Y puede vez películaz ahí cuando quieda.
Y eztá enamorada.
De una eztrella.
Pero no de una eztrella del zielo, eh.
De una eztrella del pop.

*É a irmá pequena de La Reportera. Ten catro anos e é unha das persoas máis interesantes e divertidas que coñecín en muito tempo.

21 Aug 2007

Perú, antes de todo o demáis



Antes de todo o demáis, Perú parecérame un país apaixonantemente complicado, como a maior parte de Latinoamérica. Cravadas turísticas ineludibles (sobre todo na medida na que te achegues a Machupicchu), hoteis de prezo negociable (en realidade, no 99% das situacións, o prezo é negociable, un xogo continuo da oferta e da demanda), restaurantes exquisitos creativos cool cholopolitas e baratísimos, artesanía de tódalas castes e cores, muitas máis mulleres e nenos que homes na rúa, anciás ofrecendo a súa beleza ou a súa pobreza á cámara do turista por 25 céntimos de euro, mulleres tecendo mantas coas que cubriría a miña vida darriba'embaixo e, sobre todo, nenos. Antes de todo o demáis, Perú estaba cheo de nenos de cara sucia e roupa rechamante, nenos xogando á mariola no serán, nenos vendendo golosinas aos guiris cheos na madrugada, nenos ofrecendo á cámara do turista, por 25 céntimos de euro, os seus aloumiños aos canciños gatiños llamiñas que os acompañan. Cando o miraba, parecíame un país melancólico misterioso e precioso, cheo de xente preciosa e sorrinte, muito máis sorrinte e preciosa que a xente traxeada que me cruzo cada mañá na city santiaguina. Claro que, cando as miraba, antes de todo o demáis, tamén me encantaban as súas casas, esas casas de adobe e tella, coroadas por dous bois de barro, símbolo da boa sorte.

18 Aug 2007

Gustaríame poder describir a miña vivencia do terremoto sen caer en superficialidades que lixen a memoria dos finados. Encantaríame poder contarvos como me sobrepuxen ás miñas propias sensacións para axudar á xente que sufría, dun ou doutro xeito, ao meu carón. Querería, alomenos, poder presumir de intrepidez xornalística. Pero non podo, porque desta experiencia só me quedan unha serie de anécdotas superficiais e os escrúpulos necesarios para non convertelas na crónica dunha traxedia.
Aí van.



O 15 de agosto de 2007, ás 18.40, eu estaba mirando o escaparate dunha librería ao carón da Plaza de Armas de Lima. Pablo e Ana marcharan para o aeroporto pouco despois de xantar e Roberta e Carla quedaran mirando abalorios nunhas galerías a un par de rúas da praza. Eu estaba soa, si, e como nos dixeran que a cidade era taaaaaaaaan perigosa, estaba ademáis sen pasaporte, sen tarxeta de crédito, sen móvil español nin selular chileno, cos cartos peruanos xustos para pagar a miña terceira parte do taxi ao aeroporto no peto, co carnet de conducir español (porsiaca) e cuns 200 euros escondidos para cambiar en caso de necesidade. De feito, ás 18.40 do 15 de agosto de 2007 eu estaba, precisamente, diante do escaparate dunha librería ao carón da Plaza de Armas de Lima preguntándome se o desexo imperioso de comprar un libro se podería considerar necesidade, cando notei un lixeiro temblor no chan. O primeiro que pensei foi "xuraría que Lima non ten metro". O segundo, "vaia, un terremotiño". O terceiro, froito daqueles tremores en Triacastela nos 90 e das experiencias sísmicas chilenas, foi "xa pasará, sempre pasan". Pero aquelo non só non pasaba, senón que ía aumentando en intensidade. Os cristais dos edificios da plazoleta tremían con forza. As luces ían e viñan. A xente saía histérica dos portais. Un policía esixíalle a berros a unha muller maior que se calmara. Dous coches petaban a uns cen metros de onde eu estaba, daban marcha atrás e seguían o seu camiño acelerados. O cuarto que pensei foi "onde sería o mellor sitio para estar se as fiestras comezasen a escachar ou caesen cachos dos edificios". Calculei un triángulo á beira da praza que me parecía máis seguro e, dende alí, botei un ollo á explanada da praza de Armas. A xente corría histérica cara alí. Certamente, parecía o sitio máis seguro no que esperar un tremor maior. Pero a min dábame máis medo a turba de xente que o tremor en si, e ademáis quedara de esperar na librería a Roberta e a Carla. Roberta e Carla. O quinto que pensei foi que o edificio no que as deixara era vello e non parecía nada seguro. Comezou a agobiarme a idea de que lles pasase algo. Cando o chan deixou de tremer eu repetía para min "vounas buscar ou espéroas aquí? vounas buscar ou espéroas aquí? vounas buscar ou espéroas aquí?". O sexto que pensei foi "e se lles pasou algo? como consigo eu axuda? como as saco daí?". O agobio xenerado por esta idea e a dúbida entre se seguilas esperando ou ilas buscar medraba por momentos, como a angoxa da xente que seguía pasando acelerada cara á praza de Armas, cando as vin aparecer, ao lonxe. Primeiro gran suspiro de alivio.

Despois de abrazarnos e de botar a bagoíña de rigor, decidimos buscar canto antes un taxi e ir cara ao aeroporto. No paradoiro da praza había varios taxis coas luces prendidas pero sen conductor. Entón, vimos ao lonxe un que deixaba uns clientes. Aceleramos o paso e preguntámoslle se nos levaba ao aeroporto. Díxonos que si, pero que nos cobraba un pouco máis do habitual, porque habería máis tráfico. Como se nos importase. Segundo suspiro de alivio.

De camiño ao aeroporto pasamos pola praza e por varias rúas do centro, nas que había restos de escaiola que caeran dos edificios antigos. Nada grave. O peor era o caos de coches e de xente. Os limeños conducen rapidísimo e sen ter máis cuidado cos demáis que pitar nos cruces e nos cambios de carril. Xa é unha experiencia "inquietante" en circunstancias normais. Coa histeria colectiva que se respiraba despois do terremoto, foi máis angoxante que o tremor en si. Estivemos a piques de topar nun par de ocasións. A xente botábase aos coches pedindo que alguén os levase. Na radio, os locutores piden calma e advirte a quen estea na costa que hai risco de tsunami. No extrarradio cairon casas. Hai xente atrapada nun centro comercial que empezou a arder despois do sismo. Nun punto, o taxista enfía cara un túnel, pero no derradeiro momento decide evitalo. Terceiro suspiro de alivio.

Cando chegamos ao aparcadoiro do recentemente remodelado aeroporto Jorge Chávez, vemos que está cheo de xente. Parece que o tremor puido co interior do edificio, cairon cachos de porexpan e de metal do teito e algunhas máquinas dos bares. Botaron a xente mentres comprobaban que non era máis perigoso estar dentro que fóra. Atopamos enseguida a Pablo e a Ana. Cuarto suspiro de alivio.

Estamos unhas dúas horas no aparcadoiro, tan ricamente, aínda que Ana está bastante pachucha e as nosas cousas (entre elas, os nosos pasaportes) seguen na consigna do aeroporto. Entramos, recuperámolas, dinnos que goberno cancelou os vós nacionais para darlles prioridade aos internacionais, polo que damos por suposto que voaremos a Chile esa noite (quinto suspiro de alivio), comprobamos que os móbiles non funcionan, descansamos un par de horas no chan do aeroporto, chegan os de Gol e comunícannos que eles si que cancelaron os vós. Despois dun lixeiro intercambio de opinións acceden a pagarnos unha habitación no hotel do aeroporto. E así é como acabamos pasando o 16 de agosto de 2007 ancorados ao retrete dun hotel pijísimo, completamente desfeitos do estómago (aínda non sabemos por que), coas teles locais a todo volume, alucinando co tratamento que lle dan á traxedia e coas repercusións que tivera a anécdota nesas casas de adobe tan agradecidas para as fotos de turista. 50 persoas mortas expostas nas prazas das vilas. Os reporteiros entrevistan aos que buscan aos seus entre as, agora, 100 persoas mortas. Entre répicla e réplica escribo á casa e posteo. Durmo unhas horas e cando espero xa van 250 persoas mortas. Comprobo que meus pais saben que estou ben, durmo outro par de horas e cando esperto xa van 350 persoas mortas. Chega ese punto no que xa non son persoas, senón números. 85.000 damnificados. 85.000 persoas que quedaron sen casa, sen luz, sen auga corrente (nin falar da potable), sen comida, sen roupa. Chegan os saqueos. E chega tamén a solidariedade internacional. Qué cínica me volvín e que pouco confío no conto da solidariedade internaciona. Solidariedade do Banco Mundial? En fin.

Vai pasando o día 16 e deixa paso ao 17, no que, exactamente 28 horas despois do esperado, chegamos ao Santiago austral. Ironías da vida, en canto pisamos Chile sentímonos fóra de perigo sísmico e muito mellor do estómago.

16 Aug 2007

El cogollo de la cuestión


A imaxe roubeina aquí

Ese é o punto exacto no que me atopo, el puto cogollo de la cuestión. Lima, 15 de agosto de 2007, terremoto de 7,9 na escala Richter, o máis grande dos últimos 50 anos, e eu vívoo soa, anque rodeada de xente histérica que chora e reza, na praza de Armas (centro neurálxico da ciudade), sen pasaporte nin móbil nin tarxeta de crédito, con 43 soles no peto (menos de 11 euros) que non me dan nin para o taxi ao aeroporto. Parécevos un bo comezo para unha novela? Alomenos para un relato corto si que dá, non? Joder, joder, esto síguese movendo. En fin, mañá máis, que agora necesito unha ducha e unha cama, foi un día mui duro precedido dunha semana longuísima e o hotel no que nos aloxamos por cortesía desa merda de compañía que é Gol está xenial.

10 Aug 2007

Túnica triangular, polen de piedra.
Lámpara de granito, pan de piedra.
Serpiente mineral, rosa de piedra.
Nave enterrada, manantial de piedra.
Caballo de la luna, luz de piedra.
Escuadra equinoccial, vapor de piedra.
Geometría final, libro de piedra.



A afoto roubeillela a R&B. A modelo é Bárbara.

Esta noite saímos para Lima, Cusco e Machu Picchu. Temos cinco días para percorrer a capital do Perú, o Valle Sagrado e a obra máis emblemática da arquitectura inca. Volveremos o xoves da semana que vén, baldados, pero contentos. Espero.

9 Aug 2007



Aí vos deixo un agasallo.
Non o comento porque non sei por onde entrarlle.
Festival del humor
, non, porque se o pensas ben non ten nin puta gracia.
Profundidades sobre a esquerda latinoamericana, tampouco, porque non sabería nin por donde empezar nin, o que é peor, por donde acabar.
(Só unha cousa, que se non rebento, mellor que a SUIZA comunista?!)
Curso de ética piriodística, menos, porque deso non queda neste mundo cruel e muito menos cando os deste lado dos andes falan dos desoutro lado.
En fin, vós mesmos.

7 Aug 2007

Para saír daquí

De vez en cando, o meu fotógrafo favorito regálanos, a uns cantos afortunados, unha reflexión filosófica con apariencia de mail colectivo.


O gato de Cheshire, para John Tenniel

Non é a primeira vez que sinto que me susurra ao oído a súa última ocorrencia porque sabe que é exactamente o que necesito oir:
`Cheshire Puss,' she began, rather timidly, as she did not at all know whether it would like the name: however, it only grinned a little wider. `Come, it's pleased so far,' thought Alice, and she went on. `Would you tell me, please, which way I ought to go from here?'
`That depends a good deal on where you want to get to,' said the Cat.
`I don't much care where...' said Alice.
`Then it doesn't matter which way you go,' said the Cat.
`... so long as I get somewhere,' Alice added as an explanation.
`Oh, you're sure to do that,' said the Cat, `if you only walk long enough.'
Non é a primeira vez. E espero que non sexa a derradeira.

Camiñarei tanto como poida.

5 Aug 2007



Estou de volta no (frío) Santiago austral. Na foto, er peli explícanos in person o mosqueo machupichero que publicou en El País. Teremos que irnos preparando, vése que é o que nos espera a nós esta finde.



Nada máis aterrar, en fin, atopeime con eses compañeiros de viaxe que non sei se merezo pero que agradezo, cos seus paseos de fin de semana, cos seus planes de viaxe e coas súas charlas e cotilleos. Atrás quedaron as estampas familiares no vrao madrileño (gallifante para quen adiviñe onde saquei a foto).



As exquisiteces gastronómicas que nos ten vetado o puto SAG.



Os seres queridos (na foto, o guaperas do meu sobriño), aos que, por certo, deixei con toda a alegría e tranquilidade, sinceramente, vista a incríble recuperación do accidentado (grazas outra vez a todos polos ánimos).



E as 56 horas de viaxe, Andes pa'cá, Andes pa'cullá.

E eu non digo nada, pero mañá hai dez meses que os crucei por primeira vez.